III CONCURSO INTERNACIONAL
DE DESEÑO DE CARTELISMO
PUBLICITARIO
"FRANCISCO MANTECÓN"
En sesión celebrada o 21 de decembro de 2001 aprobouse a resolución que literalmente di así:
"Bodegas Terras Gauda, S.A., por acordo unánime do Consello de Administración, acorda instituir con carácter anual un Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario, que en honor do artista que foi exclusivo deseñador da imaxe corporativa, amigo, eficaz colaborador e socio dende os momentos fundacionais, levará o nome de "Francisco Mantecón". O orixinal será o fundamental soporte sobre o que xire a imaxe publicitaria da entidade convocante durante ese ano".
BASES
PARTICIPANTES
Poderá tomar parte neste certamen calquera persoa física ou xurídica sen máis limitación cás impostas pola legalidade vixente.
OBRAS
Os orixinais, que deberán ser inéditos, serán presentados ou enviados (con xustificante de envío, os participantes que o desexen) nas dependencias de Bodegas Terras Gauda en O Rosal. Tódolos traballos que opten ó certame deben ser presentados en dous tipos de soporte:
Poderán realizarse con calquera técnica
pictórica, fotográfica, informática, etc.
Excepcionalmente os orixinais realizados con técnicas pictóricas
(óleo, acuarela, gouache, pastel, etc) poderán ser admitidos
sen soporte informático.
Poderase presentar un máximo de dúas obras por cada participante.
O tema será libre e preferentemente reflectirá aspectos corporativos da entidade convocante, fundamentalmente, os relativos ós seus vinos Terras Gauda e Abadía de San Campio. Valorarase positivamente a creatividade neste sentido e o encaixe do anagrama societario.
Bodegas Terras Gauda porá a disposición de tódolos deseñadores que o soliciten o anagrama da entidade en sistema vectorizado para a sua aplicación nas obras a realizar, así coma imaxes dos seus productos. Estarán dispoñibles en: www.terrasgauda.com e Imaxes e Anagramas.
PRESENTACIÓN
As obras se presentaranse baixo o sistema de plica. Nun sobre cerrado, que levará no exterior o nome da plica, conteranse os seguintes datos:
LUGAR E PRAZO
As obras faranse chegar a Bodegas Terras Gauda, S. A., Carretera de Tui-A Guarda, km. 46, O Rosal - 36760 Pontevedra, antes das 18 horas do día 30 de setembro de 2004. Serán admitidos por correo todos aqueles traballos que foran selados nas oficinas de correo antes das 18 horas do día 30 de setembro.
CONDICIÓNS
As obras premiadas e todolos seus dereitos pasarán a ser propiedade de Bodegas Terras Gauda, S.A. Poderá figurar en calquera lugar discreto do cartel, preferentemente nas marxes, a lenda coa autoría da obra.
As obras presentadas ó certame que no foran premiadas poderán ser retiradas nas dependencias da bodega ou solicita-la súa devolución no prazo máximo de 1 semana, a partir da data de entrega do premio.
XURADO
O xurado da segunda edición do Premio Francisco
Mantecón de Cartelismo estará presidido por D.
José Mª Fonseca Moretón, Presidente de Bodegas Terras Gauda,
e formarano ademais as seguintes persoas:
Dª Pilar Barreiro Mosquera
Filóloga e viúva de Francisco Mantecón
D. Alberto Corazón
Pintor e Deseñador
D. Enrique Costas Rodríguez
Director-Xerente de Bodegas Terras Gauda
D. Virxilio Eduardo Fernández Cañedo
Pintor
D. Paulino Novo Folgueira
Filólogo, que actuará como secretario
D. José Manuel Puga Molina
Gañador da edición anterior
A decisión do xurado será inapelable e a el corresponderalle resolver calquera circunstancia non prevista nestas bases.
PREMIOS
Concederanse un premio e dous accésit. As dotacións
económicas destes serán:
SEIS MIL (6.000) euros para o cartel premiado
MIL CINCOCENTOS (1.500) euros para cada un dos dous accésit
O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios. Neste caso,
o importe correspondente doarase a unha entidade que, a criterio do xurado,
destaque en Galicia polo seu labor social ou cultural.
ENTREGA DE PREMIOS
A comunicación da decisión do xurado farase pública nun acto, a celebrar antes do 31 de decembro de 2003, en lugar y data que se comunicará oportunamente ós autores das obras que queden entre as finalistas e en www.terrasgauda.com e www.franciscomantecon.com.
Para máis información, poden contactar con
Bodegas Terras Gauda, S.A.
Teléfono: 986 621 111 / 981 22 72 00
Fax: 986 621 084
Correo electrónico