Español    English    Deutsch    Français    Italiano
Bodegas Terras Gauda
En sesión celebrada o 21 de decembro de 2001
aprobouse a resolución que literalmente di así:
"Bodegas Terras Gauda, S.A., por acordo unánime do
Consello de Administración, acorda instituir con carácter
anual un Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario,
que en honor do artista que foi exclusivo deseñador da
imaxe corporativa, amigo, eficaz colaborador e socio
dende os momentos fundacionais, levará o nome de
"Francisco Mantecón". O orixinal será o fundamental
soporte sobre o que xire a imaxe publiciaria da entidade
convocante durante ese ano".

Bases

Participantes

Poderá tomar parte neste certamen calquera persoa física ou xurídica sen máis limitación cás impostas pola legalidade vixente.

Obras

Os orixinais, que deberán ser inéditos, serán presentados ou enviados (con xustificante de envío, os participantes que o desexen) nas dependencias de Bodegas Terras Gauda en O Rosal (Galicia, España). Tódolos traballos que opten ó certame deben ser presentados en dous tipos de soporte:

- Gravados en CD ou disquete (lexible en PC)
- Impresos e pegados sobre un cartón pluma debidamente protexido de tamaño 50x70 cm.

Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc.
Excepcionalmente os orixinais realizados con técnicas pictóricas (óleo, acuarela, gouache, pastel, etc) poderán ser admitidos sen soporte informático

Poderase presentar un máximo de dúas obras por cada participante.

O tema será libre e preferentemente reflectirá aspectos corporativos da entidade convocante, fundamentalmente, os relativos aos seus viños brancos da variedade Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio. Valorarase positivamente a creatividade neste sentido e o encaixe do anagrama societario.

Bodegas Terras Gauda porá a disposición de tódolos deseñadores que o soliciten o anagrama da entidade en sistema vectorizado para a sua aplicación nas obras a realizar, así coma imaxes dos seus productos. Estarán dispoñibles en www.terrasgauda.com e en Imaxes e Anagramas

Presentación

As obras presentaranse dentro dun sobre pechado, que levará no exterior o pseudónimo do autor. É imprescindible incluír os seguintes datos:

- Nome e apelidos do autor
- Fotocopia do D.N.I.
- Enderezo, teléfono e correo electrónico
- Escrito de aceptación das bases do certame. Está dispoñible aqui.

Lugar e Prazo

As obras faranse chegar a Bodegas Terras Gauda, S. A., Carretera de Tui-A Guarda, km. 46, O Rosal - 36760 Pontevedra, antes das 18 horas do día 30 de setembro de 2007. Serán admitidos por correo todos aqueles traballos que foran selados nas oficinas de correo antes das 18 horas do día 30 de setembro.

Condicións

As obras premiadas e todos os seus dereitos pasarán a ser propiedade de Bodegas Terras Gauda, S.A., que así mesmo se reserva o dereito de reprodución das obras finalistas.

As obras presentadas ó certame que no foran premiadas poderán ser retiradas nas dependencias da bodega ou solicita-la súa devolución no prazo máximo de 1 semana, a partir da data de entrega do premio.

Xurado

O xurado da sexta edición do Premio Francisco Mantecón de Cartelismo estará presidido por D. José María Fonseca Moretón, Presidente de Bodegas Terras Gauda, e formarano ademais as seguintes persoas:

- Doña Pilar Barreiro Mosquera - Filóloga e viúva de Francisco Mantecón
- D. Manuel Estrada - Deseñador e Presidente da Asociación de Diseñadores de Madrid
- D. Enrique Costas Rodríguez - Director-Xeral de Bodegas Terras Gauda
- D. Alberto Luchini - Director da revista Metrópoli de El Mundo
- D. Paulino Novo Folgueira - Filólogo, que actuará como secretario
- D. Takahiro Shima - Gañador da edición anterior

A decisión do xurado será inapelable e a el corresponderalle resolver calquera circunstancia non prevista nestas bases.

Premios

Concederanse un premio e dous accésit. As dotacións económicas destes serán:

SEIS MIL (6.000) euros para o cartel premiado
MIL CINCOCENTOS (1.500) euros para cada un dos dous accésit

O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios. Neste caso, o importe correspondente doarase a unha entidade que, a criterio do xurado, destaque en Galicia polo seu labor social ou cultural.

Entrega de Premios

A comunicación da decisión do xurado farase pública nun acto, a celebrar antes do 31 de decembro de 2007, en lugar y data que se comunicará oportunamente ós autores das obras que queden entre as finalistas e en www.terrasgauda.com e www.franciscomantecon.com

Para máis información, poden contactar con Bodegas Terras Gauda, S. A.
Teléfono 986 621 111 / 981 227 200
Fax 986 621 084
E-mail: comunicacion@terrasgauda.com

 

Imprimir esta páxina

©2007 Bodegas Terras Gauda. Páxina optimizada para 1024x768