Os Premios de Deseño de Cartelismo Publicitario
"Francisco Mantecón"
queren ser unha homenaxe ó home, ó entrañable amigo e ó irrepetible creador e artista que alumeó, co seu talento e singular mestría, todo o tivo algo que ver ca imaxen en Bodegas Terras Gauda dende o seu nacimiento.
Pretenden tamén, dende o profundo respeto a sú a obra, abrir horizontes de futuro para novos creadores.
Francisco Mantecón naceu en Vigo, no ano 1948.
De él dixeron:
Xosé Mª Alvarez Cáccamo
"Un home expansivamente amoroso e fraternal ... A súa man era un bisturí infalibel, virtuoso apéndice de poeta xeómetra"
Ramiro Ponte
"Como Loost, a sua loita pictórica era contra o ornamento. Creo que nunca coñecín a outro pintor tan teimosamente antifigurativo que fose quen de debuxar tan ben como el o facía"
X. L. Méndez Ferrín
"Foi un grande artista do noso tempo, no que a intelixencia nunca permitíu nin o caos nin o xesto innecesario. Construíu unha plástica contudente, robusta e severamente meditada"
Carlos Casares
"Era un home de trato cordial, con cara de despiste, interesado en moitas cousas: arte, literatura, fotografía, política"
Fernando Franco
"Polemista, encaixador, malhumorado fugaz, introvertido ás veces, tenro no íntimo, amigo dos amigos"
Él dixo:
"Quero facer miña a frase de Georges Braque "j´aime le regle que corrige l´emotion".
"Tengo unha arte meditada e premeditada. Reflexiva"
"A pintura remata en si mesma, o deseño forma parte dunha engranxe industrial"
"O meu interés pola xeometría ten que ver coas matemáticas, ca música ... Uso as transformacións xeométricas para xogar con planos e motiva-la percepción espacial"