De él dixeron:
"Un home expansivamente amoroso e fraternal ... A súa man
era un bisturí infalibel, virtuoso apéndice de poeta xeómetra"
(Xosé Mª Álvarez Cáccamo)
"Como Loost, a sua loita pictórica era contra o ornamento.
Creo que nunca coñecín a outro pintor tan teimosamente antifigurativo
que fose quen de debuxar tan ben como el o facía" (Ramiro
Ponte)
"Foi un grande artista do noso tempo, no que a intelixencia nunca
permitíu nin o caos nin o xesto innecesario. Construíu unha
plástica contudente, robusta e severamente meditada" (X. L.
Méndez Ferrín)
"Era un home de trato cordial, con cara de despiste, interesado
en moitas cousas: arte, literatura, fotografía, política"
(Carlos Casares)
"Polemista, encaixador, malhumorado fugaz, introvertido ás
veces, tenro no íntimo, amigo dos amigos" (Fernando Franco)
El dixo:
"Quero facer miña a frase de Georges Braque "j´aime
le regle que corrige l´emotion"".
"Tengo unha arte meditada e premeditada. Reflexiva"
"A pintura remata en si mesma, o deseño forma parte dunha
engranxe industrial"
"O meu interés pola xeometría ten que ver coas matermáticas,
ca música ... Uso as transformacións xeométricas
para xogar con planos e motiva-la percepción espacial" |