Español   English   Deutsch   Français   Italiano

 

Bodegas Terras Gauda

4º Concurso internacional de deseño de cartelismo publicitario Francisco Mantecón

En sesión celebrada o 21 de decembro de 2001 aprobouse a resolución que literalmente di así:

"Bodegas Terras Gauda, S.A., por acordo unánime do Consello de Administración, acorda instituir con carácter anual un Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario, que en honor do artista que foi exclusivo deseñador da imaxe corporativa, amigo, eficaz colaborador e socio dende os momentos fundacionais, levará o nome de "Francisco Mantecón". O orixinal será o fundamental soporte sobre o que xire a imaxe publicitaria da entidade convocante durante ese ano".

Bases

Participantes

Poderá tomar parte neste certamen calquera persoa física ou xurídica sen máis limitación cás impostas pola legalidade vixente.

Obras

Os orixinais, que deberán ser inéditos, serán presentados ou enviados (con xustificante de envío, os participantes que o desexen) nas dependencias de Bodegas Terras Gauda en O Rosal (Galicia, España). Tódolos traballos que opten ó certame deben ser presentados en dous tipos de soporte:

Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc.
Excepcionalmente os orixinais realizados con técnicas pictóricas (óleo, acuarela, gouache, pastel, etc) poderán ser admitidos sen soporte informático.

Poderase presentar un máximo de dúas obras por cada participante.

O tema será libre e preferentemente reflectirá aspectos corporativos da entidade convocante, fundamentalmente, os relativos aos seus viños brancos da variedade Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio. Valorarase positivamente a creatividade neste sentido e o encaixe do anagrama societario.

Bodegas Terras Gauda porá a disposición de tódolos deseñadores que o soliciten o anagrama da entidade en sistema vectorizado para a sua aplicación nas obras a realizar, así coma imaxes dos seus productos. Estarán dispoñibles en www.terrasgauda.com e Imaxes e Anagramas.

Presentación

As obras presentaranse dentro dun sobre pechado. É imprescindíbel incluir os seguintes datos:

Lugar e prazo

As obras faranse chegar a Bodegas Terras Gauda, S. A., Estrada de Tui-A Guarda, km. 46, O Rosal - 36760 Pontevedra, antes das 18 horas do día 30 de setembro de 2005. Serán admitidos por correo todos aqueles traballos que foran selados nas oficinas de correo antes das 18 horas do día 30 de setembro.

Condicións

As obras premiadas e todolos seus dereitos pasarán a ser propiedade de Bodegas Terras Gauda, S.A. Poderá figurar en calquera lugar discreto do cartel, preferentemente nas marxes, a lenda coa autoría da obra.

As obras presentadas ó certame que no foran premiadas poderán ser retiradas nas dependencias da bodega ou solicita-la súa devolución no prazo máximo de 1 semana, a partir da data de entrega do premio.

Xurado

O xurado da cuarta edición do Premio Francisco Mantecón de Cartelismo estará presidido por D. José Mª Fonseca Moretón, Presidente de Bodegas Terras Gauda, e formarano ademais as seguintes persoas:

- Dª Pilar Barreiro Mosquera
  Filóloga e viúva de Francisco Mantecón
- D. Óscar Mariné
  Deseñador e Pintor
- D. Enrique Costas Rodríguez
  Director-Xerente de Bodegas Terras Gauda
- D. Antón Lamazares
  Pintor
- D. Paulino Novo Folgueira
  Filólogo, que actuará como Secretario
- Dª Ana Cividanes
  Gañadora da edición anterior

A decisión do xurado será inapelable e a el corresponderalle resolver calquera circunstancia non prevista nestas bases.

Premios

Concederanse un premio e dous accésit. As dotacións económicas destes serán:

SEIS MIL (6.000) euros para o cartel premiado
MIL CINCOCENTOS (1.500) euros para cada un dos dous accésit

O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios. Neste caso, o importe correspondente doarase a unha entidade que, a criterio do xurado, destaque en Galicia polo seu labor social ou cultural.

Entrega de premios

A comunicación da decisión do xurado farase pública nun acto, a celebrar antes do 31 de decembro de 2005, en lugar y data que se comunicará oportunamente ós autores das obras que queden entre as finalistas e en www.terrasgauda.com e www.franciscomantecon.com.

Para máis información, poden contactar con Bodegas Terras Gauda, S.A.
Teléfono: 986 621 111 / 981 22 72 00
Fax: 986 621 084
Correo electrónico

 

 

 

 

 

Imprimir esta páxina

©2005 Bodegas Terras Gauda, S.A.