Francisco Mantecón naceu en Vigo, no ano 1948.
Dende a súa licenciatura en Belas Artes, na Escuela San Jorge de Barcelona, participou en máis de 100 exposicións individuais e colectivas, desenrolando unha intensa actividade docente e creativa.
Formou parte do grupo "Atlántida" e outros movimentos vanguardistas.
A súa obsesión polo perfeccionismo no fondo e na forma, dende la cultura, a creatividade e o talento, levárono a ser un referente indiscutible no mundo da plástica e do deseño gráfico en Galicia.
Unha pequena mostra dos seus traballos: | ||
De él dixeron:
Xosé Mª Alvarez Cáccamo
"Un home expansivamente amoroso e fraternal ... A súa man era un bisturí infalibel, virtuoso apéndice de poeta xeómetra"
Ramiro Ponte
"Como Loost, a sua loita pictórica era contra o ornamento. Creo que nunca coñecín a outro pintor tan teimosamente antifigurativo que fose quen de debuxar tan ben como el o facía"
X. L. Méndez Ferrín
"Foi un grande artista do noso tempo, no que a intelixencia nunca permitíu nin o caos nin o xesto innecesario. Construíu unha plástica contudente, robusta e severamente meditada"
Carlos Casares
"Era un home de trato cordial, con cara de despiste, interesado en moitas cousas: arte, literatura, fotografía, política"
Fernando Franco
"Polemista, encaixador, malhumorado fugaz, introvertido ás veces, tenro no íntimo, amigo dos amigos"
Él dixo:
"Quero facer miña a frase de Georges Braque "j´aime le regle que corrige l´emotion".
"Tengo unha arte meditada e premeditada. Reflexiva"
"A pintura remata en si mesma, o deseño forma parte dunha engranxe industrial"
"O meu interés pola xeometría ten que ver coas matemáticas, ca música ... Uso as transformacións xeométricas para xogar con planos e motiva-la percepción espacial"