Español  English  Deutsch  Français  Italiano


Bodegas Terras Gauda

 

NOVAS

Novembro 2004

Medio: DIARIO DE AVISOS
Data: 25/11/04
Sección: CULTURA

UN ARTISTA CANARIO, ÁCCESIT DO III CONCURSO INTERNACIONAL DE DESEÑO

I Accésit Francisco Mantecón
O xurado de Bodegas Terras Gauda, do que forma parte o prestixioso deseñador Alberto Corazón, entregou en Vigo os premios do III Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, no que o artista das Palmas Jonathan García García conseguiu o primeiro accésit, dotado cun premio de 1.500 euros.

A gañadora foi Ana Cividanes Álvarez, quen recibiu 6.000 euros de premio, mentres que o uruguaio Fidel Sclavo Fernández logrou un segundo accésit, valorado tamén en 1.500 euros, así coma o deseñador italiano Vittorio Turla unha mención especial non incluída nas bases.

No III Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón participaron máis de mil obras enviadas desde os cinco continentes. Os galardoados foron seleccionados entre deseños procedentes de Malaisia, Indonesia, Kuwait, Canadá ou Nova Celandia.

Medio: BLANCO Y NEGRO CULTURAL (ABC)
Data: 20/11/04
Sección: ARTE

PENAGOS, MANTECÓN Y ABC: OS PREMIOS RENÓVANSE

Algo móvese no ámbito dos premios artísticos (sen ir máis lonxe, o ABC de Fotografía e o ABC de Pintura pasan, desde a que é xa a súa VI edición, a se unificaren no Premio ABC de Pintura e Fotografía para Creadores Mozos). Se hai unhas semanas a Fundación Mapfre daba conta nunha mostra dos novos aires que corren en Penagos, outorgando a Virginia Frieyro o seu máximo galardón, o Francisco Mantecón, destinado a representar corporativamente a firma vinícola Terras Gauda, leva xa tres anos apostando pola súa internacionalización e pola presenza no seu xurado dun nome destacado do deseño que deixe ben atada a súa decisión.

Tras Mariscal, este ano a "responsabilidade" recaeu sobre Alberto Corazón, que presidiu o equipo que seleccionou a gañadora, Ana Cividanes –nome que se mantivo en secreto até hoxe para propiciar as apostas do público– e de 25 finalistas, que até o día 22 se exhiben en Vigo, na Fundación Caixa Galicia.

Medio: LA VOZ DE GALICIA
Data: 20/11/04
Sección: VIGO

ANA CIVIDANES GAÑA O PREMIO DE CARTELISMO DE TERRAS GAUDA

O galardón deuse a coñecer onte nunha gala celebrada na sede da Fundación Caixa Galicia

Primeiro Premio Francisco Mantecón O xurado do premio que convoca Bodegas Terras Gauda, do que forma parte o prestixioso deseñador Alberto Corazón, entregou onte os premios do III Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, no que participaron máis de mil obras enviadas desde os cinco continentes. No acto celebrado na sede en Vigo da Fundación Caixa Galicia deuse a coñecer o nome da gañadora. Trátase da artista galega Ana Cividanes Álvarez, que conseguiu o primeiro premio, dotado con 6.000 euros. Ademais, a súa obra servirá de base para a próxima campaña publicitaria das adegas. Ana Cividanes é licenciada en Belas Artes, nacida na Guarda, e traballa coma deseñadora gráfica.

O xurado concedeu tamén dous accésits, dotados con 1.500 euros cada un, ao canario Jonathan García García e ao uruguaio Fidel Sclavo Fernández. Así mesmo, outorgou unha mención especial non incluída nas bases ao deseñador Vittorio Turla. Os galardoados foron seleccionados entre 26 obras finalistas, elixidas entre deseños procedentes de Malaisia, Indonesia, Kuwait, Canadá, Hong Kong ou Taiwán....

Medio: FARO DE VIGO
Data: 20/11/04
Sección: SOCIEDAD

A PONTEVEDRESA ANA CIVIDANES GAÑA O III CONCURSO FRANCISCO MANTECÓN DE CARTELISMO

A artista pontevedresa Ana Cividanes Álvarez recibiu onte en Vigo o primeiro premio do III Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado polas Bodegas Terras Gauda, dotado con 6.000 euros. Ademais, a obra servirá de base para a próxima campaña publicitaria da firma vinícola. O presidente das adegas, José María Fonseca, entregou o diploma e o cheque á gañadora, nun acto presentado polo xornalista lugués Fernando Ónega.

O xurado, do que formou parte, entre outros, o deseñador Alberto Corazón, concedeu tamén dous accésits, dotados con 1.500 euros cada un, ao canario Jonathan García García e ao uruguaio Fidel Sclavo Fernández. Así mesmo, outorgou unha mención especial, non incluída nas bases do concurso, ao italiano Vittorio Turla.

Os gañadores foron seleccionados entre vinteseis finalistas, elixidos entre un milleiro de deseños procedentes de países dos cinco continentes, entre eles, Malaisia, Indonesia, Kuwait, Canadá, Estados Unidos, Cuba, China, Uruguai, Nova Celandia, Filipinas, Taiwán, Romanía, Francia, Dinamarca, Sudáfrica e Italia.....

Medio: LA VOZ DE GALICIA
Data: 6/11/04
Sección: SUPLEMENTO CULTURA

"O FUTURO DO DESEÑO ESTÁ NA RAÍZ DA CULTURA LOCAL"

Alberto Corazón, deseñador

Alberto Corazón O prestixioso deseñador, escultor e pintor español Alberto Corazón, que foi Premio Nacional de Deseño en 1989 e único europeo que recibiu a Medalla de Ouro do American Institute of Graphic Arts, é o autor de traballos tan recoñecíbeis na vida cotiá como as imaxes corporativas da Xunta de Andalucía, a ONCE, Anaya, os caixeiros de Caja Madrid ou aparellos de Telefónica. O artista é un dos membros do xurado da terceira edición do Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que convoca a Bodegas Terras Gauda.

Corazón acudiu ás instalacións da empresa no concello do Rosal para valorar as máis de mil obras recibidas de países como Filipinas, Estados Unidos, Serbia, Nova Celandia ou Italia. O ditame darase a coñecer a mediados deste mes. O gañador recibirá 6.000 euros e o seu traballo servirá de base para a próxima campaña publicitaria das adegas. Ademais, cunha selección das mellores realizarase unha exposición colectiva na sede de Caixa Galicia en Vigo....

Medio: EL DIARIO MONTAÑÉS
Data: 4/11/04
Sección: Gente

MÁIS DE VINTE CÁNTABROS PARTICIPAN NO CONCURSO INTERNACIONAL DE CARTELISMO FRANCISCO MANTECÓN

O xurado do III Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Bodegas Terras Gauda, terá que elixir as mellores obras entre traballos chegados desde os cinco continentes. Máis de mil carteis, dos que 21 están asinados por artistas de Cantabria, optan ao primeiro premio.

As obras proceden de 38 países, algúns tan distantes como Irán, China, Malaisia, Canadá, Hong Kong, Nova Celandia, Filipinas, Kuwait ou Ucraína. A representación americana neste concurso é destacada. Autores de Estados Unidos, Brasil, Cuba, Porto Rico, Perú, México ou Uruguai, entre outros, poderán conseguir o primeiro premio ou algún dos dous accésits que concede este concurso, cuxos galardóns entregaranse na sede da Fundación Caixa Galicia en Vigo o 19 de novembro. Destaca a presenza italiana, con 171 artistas do país transalpino.

A presenza de artistas españois é tamén moi relevante. O xurado contemplou 507 obras asinadas por autores do noso país.

Medio: DIARIO DE JAÉN
Data: 3/11/04
Sección: Especial

ARTISTAS ANDALUCES NO CONCURSO DE TERRAS GAUDA

O xurado do III Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Bodegas Terras Gauda, terá que elixir as mellores obras entre traballos chegados desde os cinco continentes. Máis de mil carteis, dos que 97 están asinados por artistas de Andalucía, optan ao primeiro premio.

A representación de Andalucía repártese do seguinte xeito: Sevilla (22), Almería (14), Granada (13), Málaga (13), Cádiz (12), Huelva (11), Córdoba (8) e Xaén (4). Numerosas obras proceden de países tan distantes como Irán, China, Malaisia, Canadá, Hong Kong, Nova Celandia, Filipinas, Kuwait, Brasil, Cuba, Porto Rico, Perú, México ou Ucraína, e destaca a presenza italiana, con 171 artistas deste país. Os galardóns entregaranse en Vigo o 19 de novembro.

Setembro

Medio: HERALDO DE ARAGÓN
Data: 25/09/04
Sección: Notas

III CONCURSO INTERNACIONAL DE DESEÑO DE CARTELISMO PUBLICITARIO "FRANCISCO MANTECÓN"

En sesión celebrada el 21 de diciembre de 2001, se aprobó la resolución que literalmente dice así: "Bodegas Terras Gauda, S. A., por acordo unánime do Consello de Administración, acorda instituir con carácter anual, un Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario, que en honor do artista que foi exclusivo deseñador da imaxe corporativa, amigo, eficaz colaborador e socio dende os momentos fundacionais, levará o nome de Francisco Mantecón"....

(O artigo recolle as bases completas)

Agosto 2004

Medio: VIDAK (Corea)
Data: 25/08/04
Sección: Agenda

"MANTECÓN" INTERNATIONAL ADVERTISING POSTER DESIGN COMPETITION DEADLINE

DATA LÍMITE DO CONCURSO INTERNACIONAL DE DESEÑO DE CARTELISMO PUBLICITARIO FRANCISCO MANTECÓN

Este titular leva as bases do III Concurso Internacional de deseño de cartelismo publicitario Francisco Mantecón en inglés.

Medio: CZECH DESIGN (República Checa)
Data: 19/08/04
máis información

MEZINÁRODNÍ SOUTEZ DESIGNU A REKLAMNÍHO NÁVRHÁRSTVI "FRANCISCO MANTECÓN"

CONCURSO INTERNACINAL DE CARTELISMO PUBLICITARIO "FRANCISCO MANTECÓN"

Bodegas Terras Gauda se souhlasem Administrativní Rady vyhlasuje soutez design reklamního návrhárství na pocest umelci, který byl výborným designérem, prítelem výkonným spolupracovníkem uz od zalození – Franciscovi Mantecónovi.

ODKAZY:

www.terrasgauda.com
www.franciscomantecon.com
comunicacion@terrasgauda.com

Bodegas Terras Gauda, por acordo do seu Consello de Administración, anuncia a apertura do concurso de cartelismo publicitario en honor ao artista Francisco Mantecón, que foi un excelente deseñador, un amigo e un activo colaborador desde a súa fundación.

O artigo recolle as bases do concurso no idioma checo. Termina ofrecendo os enderezos electrónicos de contacto.

Medio: ABC
Data: 19/08/04
Sección: Axenda

PREMIOS

CONCURSO INTERNACIONAL DE DESEÑO DE CARTELISMO PUBLICITARIO

Poderá participar neste certame calquera persoa física ou xurídica. Os orixinais, que deberán ser inéditos, serán presentados ou enviados nas dependencias de Bodegas Terras Gauda (información no teléfono 986 62 11 11). Todos os traballos que opten ao certame deben ser presentados nun CD ou disquete (lexíbel en formato PC) ou impresos e pegados sobre un cartón pluma debidamente protexidos, que non deberá exceder, como medida máxima, do formato DIN A-0 (118x84 centímetros) e, como mínimo, do formato DIN A-4 (29,7x21 centímetros).

O artigo prosegue con todos os detalles das bases do concurso.

Medio: Egotime (Indonesia)
Data: 16/08/04
Sección: Weekly News (Noticias Semanais)

INTERNATIONAL POSTER DESIGN COMPETITION

CONCURSO INTERNACIONAL DE CARTELISMO PUBLICITARIO

I send you the basic information about the third edition of the International Advertising Poster Design Competition Francisco Mantecon. More information, please contact with this url www.franciscomantecon

http://www.egotime.alegodesign.net/index.php

Remítolle a información básica acerca da III edición do Concurso internacional de cartelismo publicitario "Francisco Mantecón". Se desexa obter máis información, póñase en contacto accedendo ao seguinte enderezo URL www.franciscomantecon

Medio: ARTEAMÉRICA (Cuba)
Data: 5/08/04
Sección: Convocatorias

III CONCURSO INTERNACIONAL DE DESEÑO DE CARTELISMO PUBLICITARIO FRANCISCO MANTECÓN

Bodegas Terras Gauda S. A., por acordo unánime do Consello de Administración, acorda instituír con carácter anual un Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario. Poderán participar todos os deseñadores que así o desexen. As obras orixinais deberán ser inéditas e serán presentadas ou enviadas nas dependencias das Bodegas Terras Gauda no Rosal.

Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc. Excepcionalmente os orixinais realizados con técnicas pictóricas (óleo, acuarela, guasch, pastel, etc.) poderán ser admitidos sen soporte informático.....

Medio: DRUPA (Alemania)
Data: 3/08/04
Sección: News

III EDITION OF THE "FRANCISCO MANTECÓN" INTERNATIONAL ADVERTISING POSTER DESIGN COMPETITION

III EDICIÓN DO CONCURSO INTERNACIONAL DE CARTELISMO PUBLICITARIO "FRANCISCO MANTECÓN"

During the meeting held on 21 December 2001 a decision was adpoted which reads follows: "The Board of Directors of Bodegas Terras Gauda S.A. has unanimously agreed to set up an annual Advertising Poster Design Competition as a tribute to the artist who was not only solely responsible for the design of the corporate image….

Durante a reunión celebrada o 21 de decembro de 2001, tomouse a decisión que aparece de seguido: "Por unanimidade, a xunta directiva de Bodegas Terras Gauda S.A. acordou convocar un Concurso internacional de deseño de cartelismo publicitario como tributo ao artista que non só foi o único responsábel da imaxe corporativa"…

O artigo contén as bases completas do concurso en inglés

Medio: SDC (Eslovaquia)
Data: 2/08/04

CONCURSO INTERNACIONAL DE DESEÑO DE CARTELISMO PUBLICITARIO

A empresa Bodegas Terras Gauda anuncia a convocatoria do Concurso de cartelismo publicitario "Francisco Mantecón". O concurso leva o nome do célebre deseñador gráfico…

O artigo contén as bases do premio en eslovaco.

Xullo 2004

Medio: Sobremesa
Data: Xullo e Agosto 2004
Sección: Últimos tragos

PREMIO FRANCISCO MANTECÓN

TERRAS GAUDA, COA CULTURA

A finais do pasado mes de maio, tivo lugar no restaurante espectáculo Calle 54 de Madrid a presentación do III Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario "Francisco Mantecón", patrocinado por Bodegas Terras Gauda.

Entre as novidades desta nova edición, hai que destacar a presenza no xurado de Alberto Corazón, un dos profesionais con máis renome internacional no eido do deseño gráfico.
No artigo menciónase aos membros do xurado e faise referencia a que a organización confía en que se supere o nivel do ano pasado, tanto en cantidade como en calidade.

Medio: ARTLAB (Italia)
Data: 30/07/04
Sección: Concurso

III CONCURSO INTERNACIONAL DE DESEÑO E CARTELISMO PUBLICITARIO "FRANCISCO MANTECÓN"

III Concurso Internacional de Deseño e Cartelismo Publicitario "Francisco Mantecón", data límite: 30 de setembro de 2004. Para máis información, pódese consultar o sitio de Internet: www.franciscomantecon.com

Bodegas Terras Gauda organiza o concurso anual de proxección e realización de pósteres por parte da propia adega. O concurso leva o nome do célebre artista que non só foi o responsábel da imaxe gráfica da empresa, senón tamén amigo, fiel colaborador e socio da mesma. Organizarase unha campaña publicitaria da empresa durante un ano.

Medio: elcultural.es
Data: 22/07/04
Sección: Arte

III CONCURSO INTERNACIONAL DE DESEÑO DE CARTELISMO PUBLICITARIO "FRANCISCO MANTECÓN"

Poderá tomar parte neste certame calquera persoa física ou xurídica sen máis limitación que as impostas pola legalidade vixente. Os orixinais, que deberán ser inéditos, serán gravados sobre un CD ou disquete, así como impresos e pegados sobre un cartón pluma debidamente protexido, que non deberá exceder do formato DIN A-0. Neste artigo recóllese, ademais, información sobre o número de obras que pode presentar cada participante, a data límite, o tema, os premios e as persoas que forman parte do xurado.

III CONCURSO INTERNACIONAL DE DISEÑO DE CARTELISMO PUBLICITARIO "FRANCISCO MANTECÓN"Medio: Mujer de hoy
Data: 17/07/04
Sección: Stop Interiores

ELABORA A TÚA ETIQUETA

Por Goito Paradelo

o fin de recuperar a vella arte do deseño de etiquetas, as adegas TERRAS GAUDA (Rías Baixas, Galiza) convocan o III Concurso Internacional de deseño de cartelismo publicitario Francisco Mantecón.

Se desexas participar, presenta os teus traballos antes do 30 de setembro. Podes gañar 6.000 euros.

Para máis información: Bases do Certame

Alberto CorazónMedio: La Razón
Data: 14/07/04
Sección: Gente

III CONCURSO INTERNACIONAL DE CARTELISMO PUBLICITARIO

O deseñador e pintor Alberto Corazón apadriña o III Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario "Francisco Mantecón", convocado polas adegas TERRAS GAUDA.

Medio: Taiwan Design Center
Data: 13/07/04

INTERNATIONAL AD POSTER AWARDS

PREMIO INTERNACIONAL DE CARTELISMO

Bodegas Terras Gauda S.A., por acordo unánime do seu Consello de Administración, acorda instituír con carácter anual un Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario.

Para máis información: www.franciscomantecon.com

Xuño 2004

Medio: Diario de Avisos (Canarias)
Data: 28/06/04

O cartelismo busca a súa consolidación como arte

Alberto Corazón, prestixioso deseñador, escultor e pintor español, aposta pola importancia e recuperación da arte do cartelismo publicitario apadriñando este ano o III Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado polas adegas TERRAS GAUDA. Un concurso que contará coa participación de artistas gráficos de todo o mundo.

Na noticia faise referencia tamén ao chamamento que fai Alberto Corazón para que participen todos os artistas gráficos que crean na importancia de recuperar o cartelismo. Tamén se fala do carácter internacional dos premios e da data límite para entregar as obras, así como dos premios.

Medio: Las Provincias (Valencia)
Data: 25/06/04
Sección: Sugerencias

PREMIOS

CARTELISMO PUBLICITARIO

Terras Gauda

As adegas Terras Gauda convocaron o III Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. Máis información en: 986 621 111.

©2004 Bodegas Terras Gauda, S.A.