Español   English   Deutsch   Français   Italiano

 

Bodegas Terras Gauda

Novas


Novembro 2005

Medio: ABC
Data: 8/11/05
Sección: Galicia

A vangarda do deseño internacional reúnese no IV Concurso Francisco Mantecón
Bodegas TERRAS GAUDA entregou os premios da cuarta edición do certame

Primeiro Premio IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco MantecónO xurado de Bodegas TERRAS GAUDA, do que forma parte o prestixioso deseñador Oscar Mariné, entregou os premios do IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. No certame participaron 800 obras enviadas por artistas de 28 países distintos.

Os galardoados foron seleccionados entre 27 finalistas, elexidos entre carteis procedentes da India, Arabia Saudí, Kuwait, Australia, Estados Unidos, México, Canadá ou toda Latinoamérica.

A representación europea foi notábel, coa participación de deseñadores de Alemaña, Austria, Bélxica, Holanda, Dinamarca, Serbia, Ucraína, Estonia, Finlandia, Noruega, Irlanda, Gran Bretaña ou Portugal ....

.....O primeiro premio, cunha dotación económica de 6.000 euros, correspondeu ao deseñador catalán Jordi Martín Figuerola, e a súa obra servirá de base para a vindeira campaña publicitaria de Bodegas TERRAS GAUDA. O xurado concedeu tamén dous áccesits, dotados con 1.500 euros cada un, ao guipuscoano Ángel Blanco Egoskozabal e ao galego Andrés Meijide Gayoso....

Medio: EL CORREO GALLEGO
Data: 8/11/05
Sección: HOY

Jordi Martín, gañador del cuarto concurso Francisco Mantecón
Máis de 800 creativos participan na convocatoria de Bodegas TERRAS GAUDA - Fernando Ónega destaca a proxección internacional da iniciativa cultural

Entrega de premios do IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco MantecónO "inxenioso contido publicitario e a transmisión da mensaxe comercial con elegancia e personalidade" son algúns dos méritos da obra pola que o deseñador gráfico catalán Jordi Martín Figuerola recolleu onte á noite na Fundación Caixa Galicia en Vigo o primeiro premio do concurso Francisco Mantecón organizado por Bodegas TERRAS GAUDA.

Por cuarto ano consecutivo, o xornalista Fernando Ónega oficiou coma cicerone dun acto onde se recoñoceu a figura do finado artista galego, a quen se dedica o certame, e resaltouse o nivel acadado na convocatoria deste ano ao contar entre o xurado con Óscar Mariné. Este non puido participar onte á noito no acto de entrega dos premios por se achar en Londres deseñando a nova imaxen corporativa do arquitecto de proxección internacional Norman Foster.

Entre as personalidades que participaron na cita cultaral atopabanse o presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta de Haz, así coma o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Abel Caballero.....

(Información ilustrada cunha foto do acto de entrega)

Medio: EL PROGRESO
Data: 8/11/05
Sección: Cultura y Comunicación

II Accésit do IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario FranciscoMantecón

 

O deseñador catalán Jordi Martín gaña o IV Concurso Francisco Mantecón

O xurado de Bodegas TERRAS GAUDA entregou os premios do IV Concurso Intenacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. O primeiro premio, dotado con 6.000 euros, foi para o deseñador catalán Jordi Martín Figuerola, cuxa obra servirá de base para a nova campaña da firma.

O xurado, que tivo que elexir entre 800 obras, concedeu ademais dous accésits, dotados con 1.500 euros cada un, ao galego Andrés Meijide Gayoso e ao guipuscoano Ángel Blanco Egoskozabal.

 

 

Medio: FARO DE VIGO
Data: 8/11/05
Sección: Sociedad y Cultura

O Catalán Jordi Martín Figuerola gaña o premio Francisco Mantecón
O diseño foi elexido polo xurado entre as máis de 800 creacións chegadas dos cinco continentes

I Accésit do IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco MantecónO deseñador catalán Jordi Martín Figuerola reciviu onte o primeiro premio do IV Concurso Francisco Mantecón, que cada ano convoca Bodegas TERRAS GAUDA, dotado con 6.000 euros. A obra de Figuerola foi elexida polo xurado –no que particupaou o prestixioso deseñador Óscar Mariné– entre máis de 800 creación chegadas dos cinco continentes, e servirá de base na próxima campaña publicitaria da empresa vitivinícola.

O acto tivo lugar na sede da Fundación Caixa Galicia en Vigo e nel se entregaron tamén os diplomas aos finalistas e dous accésits, dotados con 1.500 euros cada un, ao guipuscoano Ángel Blanco Egoskozabal e ao galego Andrés Meijide Gayoso.

Como xa e tradición, o periodista Fernando Ónega actuou como portavoz deste concurso. Pero antes de meterse en materia, protagonizou a anécdota do evento cando, con sorna, fixo un comentario de actualidade política que vencellou ao contexto do premio: «Traio un encargo de Zapatero: facemos por fin O Rosal nación ou non? Como en lugar de cultura do viño se fala de civilización do viño, Zapatero quere que TERRAS GAUDA participe no Diálogo de Civilizacións». A partir de ahí sucedéronse as louvanzas ao concurso e ao presidente das bodegas Xosé María Fonseca, presente xunto con Pilar Barreiro, viúva de Francisco Mantecón.

Medio: LA REGIÓN
Data: 8/11/05
Sección: Galicia

Un deseñador catalán asinará a campaña de TERRAS GAUDA
O deseñador catalán Jordi Martín gañou o premio Francisco Mantecón, de deseño gráfico, que cada ano convoca a adega TERRAS GAUDA e dotado con 6.000 euros. A obra galardonada servirá de base para a próxima campaña publicitaria da adega. O xurado concedeu dous accésits, ao guipuscoano Ángel Blanco, e ao galego Andrés Meijide.

O deseñador catalán Jordi Martín Figuerola foi o gañador da cuarta edición do concurso "Francisco Mantecón" de cartelismo publicitario, convocado pola adega TERRAS GAUDA e dotado con 6.000 euros. O xurado, presidido polo titular da sociedade, José María Fonseca Moretón, e que contou coa presenza de Óscar Mariné, concedeu tamén dous accésits, dotados con 1.500 euros cada un, ao guipuscoano Ángel Blanco Egoskozabal e ao galego Andrés Meijide Gayoso.

Ao certamen concorreron 800 obras de artistas de 28 países distintos. Os galardoados foron seleccionados entre 27 finalistas, elexidos entre carteis procedentes da India, Arabia Saudí, Kuwait, Australia, Estados Unidos, México, Canadá ou toda Latinoamérica.

A representación europea fo notábel, coa participación de deseñadores de Alemaña, Austria, Bélxica, Holanda, Dinamarca, Estonia, Serbia, Ucraína, Finlandia, Noruega, Irlanda, Gran Bretaña ou Portugal. Neste sentido, destaca a elevada participación de artistas gráficos de Italia e Francia, co envío de 116 e 102 carteis respectivamente. O caso francés é especialmente significativo, xa que se deu un salto cuantitativo moi importante respecto á edición anterior....

(Información ilustrada co deseño gañador)

Medio: LA VOZ DE GALICIA
Data: 8/11/05
Sección: Cultura

O deseñador Jordi Martín consegue o premio de cartelismo de Terras Gauda

O deseñador catalán Jordí Martín Figuerola foi o gañador do IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, decisión que se deu a coñecer onte en Vigo, no decurso dun acto presentado polo xornalista Fernando Ónega na sede viguesa da Fundación Caixa Galicia.

O primeiro premio ten unha dotación económica de 6.000 euros, pero ademais a obra elexida servirá de base para a próxima campaña publicitaria de Bodegas TERRAS GAUDA. O xurado concedeu tamén dous accésits, dotados con 1.500 euroscada uno, ao guipuscoano Ángel Blanco Egoskozabal e ao galego Andrés Meijide Gayoso.

No certame participaron 800 obras enviadas por artistas de 28 países, desde Estados Unidos a América Latina, Australia, México, Kuwait ou a India. A elevada participación europea estivo liderada por Italia e Francia co envío de 116 e 102 carteis, respectivamente.

José María Fonseca Moretón preside as adegas e o xurado, composto polo deseñador Óscar Mariné; a viúva de Francisco Mantecón, Pilar Barreiro Mosquera; o director xeral das adegas, Enrique Costas; o pintor Antón Lamazares e o filólogo Paulino Novo.

A empresa Bodegas TERRAS GAUDA, situada no Rosal, acordou instituir o concurso no ano 2002 coma homenaxe ao finado deseñador Francisco Mantecón, socio fundador da adega e autor da súa imaxe corporativa....

(Información ilustrada co cartel gañador)

Setembro 2005

Medio: TRIBUNA DE SALAMANCA
Data: 14/09/2005
Sección: Cultura

>> BODEGAS TERRAS GAUDA
Preto dun cento de salmantinos participa no IV Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario

Mención Especial do 3º Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón

O 30 de setembro remata o prazo de presentación de obras para o IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón convocado pola bodega galega TERRAS GAUDA. A cuarta edición deste evento reúne a vangarda do deseño internacional con máis de 20.000 artistas, universidades e estudios de deseño dos cinco continentes. Máis de 450 artistas de Castela e León e uns 100 de Salamanca están convocados a participar no certame que este ano apadriña o prestixioso deseñador Óscar Mariné en substitución de Javier Mariscal e de Alberto Corazón, que formaron parte do xurado en edicións anteriores.

Mariné é autor da famosa campaña de Absolut Vodka Absolut Mariné e de numerosos traballos dentro do cartelismo cinematográfico, destacando o cartel da película Todo sobre mi madre de Pedro Almodóvar.

A traxectoria do concurso estivo marcada, a xuízo dos distintos xurados, por un incremento paulatino tanto da cantidade como da calidade das obras participantes. Hai que destacar que en 2004 máis de mil deseñadores de países como Sudáfrica, Xapón, China, Australia, Estados Unidos, Kuwait, Singapur, Filipinas, e de toda Latinoamérica e Europa non quixeron deixar escapar a oportunidade de participar. Só de Italia chegaron 171 carteis.

O Francisco Mantecón concédelle ao gañador un premio de 6.000 euros en metálico, así como dous accésits de 1.500 euros cada un. O orixinal gañador servirá como base para a próxima campaña publicitaria de Bodegas TERRAS GAUDA.

Medio: DIARIO DE CÁDIZ
Data: 14/09/2005
Sección: Vivir en Cádiz

Bases do 4º Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón

Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario

A bodega galega TERRAS GAUDA convoca o IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, no que poderá participar calquera persoa física ou xurídica. Os orixinais, que han ser necesariamente inéditos, deberán presentarse en formato CD ou disquete e impresos e apegados nun cartón pluma debidamente protexido. Este último deberá ser, como máximo, de formato DIN A-0 e, como mínimo, de formato DIN A-4. Os deseños poderán realizarse con calquera técnica e cada participante poderá presentar ata dúas obras. O tema será libre e preferentemente ha reflectir aspectos da entidade convocante. O prazo de admisión remata o 30 de setembro e as obras deberán enviarse a Bodegas TERRAS GAUDA S.A, Estrada de Tui-A Guarda, km. 46, O Rosal, 36760, Pontevedra.

Máis información en www.franciscomantecon.com


Medio: DIARIO DE LEÓN
Data: 14/09/2005
Sección: Comunicación

Máis de oitenta artistas leoneses participarán no concurso de cartelismo Bodegas Terras Gauda

II Accésite do 3º Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón

Máis de oitenta artistas leoneses están convocados a participar este ano no Cuarto Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. Este evento que organiza Bodegas Terras Gauda reúne a vangarda do deseño internacional composta por máis de 20.000 artistas, universidades e estudios de deseño dos cinco continentes.

Este ano exerce de padriño o destacado deseñador e ilustrador Óscar Mariné en substitución de Javier Mariscal e de Alberto Corazón, que formaron parte do xurado en edicións anteriores.

Óscar Mariné é autor da famosa campaña de Absolut Vodka Aboslut Mariné e de numerosos traballos dentro do cartelismo cinematográfico, destacando especialmente o cartel da película Todo sobre mi madre de Almodóvar.

O Concurso Francisco Mantecón concede un premio ao gañador de 6.000 euros en metálico, así como dous accésits de 1.500 cada un. Ademais, o orixinal gañador do certame servirá como base para a próxima campaña publicitaria de Bodegas TERRAS GAUDA, un feito moi relevante, xa que a bodega do Rosal (Pontevedra) comercializa os seus viños no continente europeo, asiático e americano.

O prazo de presentación dos carteis publicitarios para participar no certame remata o próximo día 30 de setembro de 2005, mentres que o ditame do premio se dará a coñecer no mes de novembro.

Medio: DIARIO DE IBIZA
Data: 12/09/2005
Sección: Local

50 artistas de Eivissa invitados a un concurso

Máis de 20.000 artistas de todo o mundo, entre eles 50 de Eivissa, foron invitados a participar no IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, premiado con 6.000 euros e que servirá para a campaña promocional de Bodegas TERRAS GAUDA. O deseñador Óscar Mariné é o padriño do concurso en substitución de Xavier Mariscal e de Alberto Corazón.

Medio: LAS PROVINCIAS (Valencia)
Data: 11/09/2005
Sección: Euro

Bretón, Terras Gauda e El Villar, bodegas en expansión

As Bodegas El Villar, Terras Gauda e Bretón están de noraboa. A primeira aumentou as súas vendas en España de viño branco nun 40%. A segunda celebra estes días o IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. E, por último, a terceira bodega sacou ao mercado como novidade o Loriñón Crianza 2002 e o Reserva 2001, viños de dúas novas colleitas de calidade superior da gama Loriñón.

Bodegas Terras Gauda está de noraboa, xa que reúne a vangarda do deseño internacional, composta por máis de 20.000 artistas, universidades e estudios de deseño de todos os continentes, no IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. Máis de 400 artistas da comunidade, uns 200 da provincia de Valencia, están convocados a participar no certame......

Medio: LA VERDAD (Alacante)
Data: 10/09/2005
Sección: Vivir

Máis de 100 artistas da provincia nun concurso de deseño de carteis

Máis de 400 artistas da Comunidade Valenciá, entre os que arredor de 100 proceden da provincia de Alacante, están convocados a participar no IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón que este ano apadriña Óscar Mariné. Segundo informaron os organizadores, neste certame Bodegas TERRAS GAUDA reúne a vangarda do deseño internacional composta por máis de 20.000 artistas, universidades e estudios de deseño dos 5 continentes.

Este ano exerce de padriño o destacado deseñador Óscar Mariné en substitución de Javier Mariscal e de Alberto Corazón, que formaron parte do xurado en anteriores edicións.

Óscar Mariné é autor de numerosos traballos dentro do cartelismo cinematográfico, destacando o cartel da película Todo sobre mi madre de Almodóvar.

A traxectoria do concurso estivo marcada, a xuízo dos distintos xurados, por un incremento paulatino tanto da cantidade como da calidade das obras participantes. Cómpre destacar que no 2004 máis de mil deseñadores de países como Sudáfrica, Xapón, China, Australia, Estados Unidos, Kuwait, Singapur, Filipinas, e de toda Latinoamérica e Europa non quixeron deixar escapar a oportunidade de participar. Só de Italia chegaron 171 carteis.

Medio: LA VERDAD (Albacete)
Data: 9/09/2005
Sección: Provincia

Uns 100 artistas de Albacete no concurso de deseño de Bodegas TERRAS GAUDA

Máis de 200 artistas de Castela-A Mancha, e entre eles uns cen procedentes de Albacete, están convocados a participar no IV Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. Este ano o ilustrador e deseñador Óscar Mariné exerce de padriño no concurso, cuxa traxectoria veu marcada por un incremento paulatino tanto da calidade como da cantidade das obras participantes.

O concurso Francisco Mantecón concede un premio ao gañador de 6.000 euros en metálico, e dous accésits de 1.500 euros cada un. Ademais, o orixinal gañador do certame servirá como base para a próxima campaña publicitaria de Bodegas TERRAS GAUDA. Un feito moi relevante, xa que esta bodega comercializa os seus viños en Europa, Asia e América.

O prazo de presentación dos carteis para participar no certame remata o próximo 30 de setembro, mentres que o ditame se dará a coñecer ao longo do mes de novembro.

Medio: LAS PROVINCIAS (Valencia)
Data: 9/09/2005
Sección: Ocio

Bodegas TERRAS GAUDA organiza un concurso de cartelismo

Bodegas TERRAS GAUDA organizou o IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que busca a idea que sirva de base para a próxima campaña publicitaria da compañía. O deseñador Óscar Mariné, autor dunha campaña de Absolut Vodka, exerce de padriño do concurso cuxo gañador recibirá un premio de 6.000 euros. Ademais concederanse dous accésits de 1.500 euros cada un.

O prazo para a presentación dos carteis remata o próximo 30 de setembro e os gañadores daranse a coñecer en novembro.

Medio: LA VOZ DE CÁDIZ
Data: 8/09/2005
Sección: Ocio

Máis de 120 artistas da provincia de Cádiz participan no Concurso Francisco Mantecón

Cartel Gañador do 2º Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón

No IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, Bodegas TERRAS GAUDA reúne a vangarda do deseño internacional composta por máis de 20.000 artistas, universidades e estudios de deseño dos 5 continentes. Hogano máis de 120 profesionais da provincia de Cádiz están convocados a participar no certame. O destacado deseñador e ilustrador Óscar Mariné exerce de padriño desta edición do concurso en substitución de Javier Mariscal e de Alberto Corazón, que formaron parte do xurado en anos anteriores.

Óscar Mariné é autor da famosa campaña de Absolut Vodka Aboslut Mariné e de numerosos traballos dentro do cartelismo cinematográfico, destacando o cartel da película Todo sobre mi madre, de Almodóvar. A traxectoria do concurso veu marcada por un incremento paulatino tanto da cantidade como da calidade das obras participantes.

No ano 2004, máis de mil deseñadores de países como Sudáfrica, Xapón, China, Australia, Estados Unidos, Kuwait, Singapur, Filipinas, e de toda Latinoamérica e Europa concursaron con Bodegas TERRAS GAUDA.

O concurso Francisco Mantecón concede un premio ao gañador de 6.000 euros en metálico, así como dous accésits de 1.500 euros cada un.

Ademais, o orixinal gañador servirá como base para a próxima campaña publicitaria de Bodegas TERRAS GAUDA, da que se agarda unha ampla difusión, posto que a bodega do Rosal (Pontevedra) comercializa os seus viños en Europa, Asia e América.

O prazo de presentación dos carteis publicitarios para participar no certame remata o próximo día 30 de setembro do 2005, mentres que o ditame do premio se dará a coñecer no mes de novembro.

Medio: DIARIO DEL ALTOARAGÓN
Data: 5.09.2005
Sección: Cultura

Sesenta artistas gráficos de Huesca son convocados ao "Francisco Mantecón"

Un total de 6.000 euros para o cartel ganador e dous accésits de 1.500 cada un, para outros tantos participantes, son os premios establecidos na cuarta edición do Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que organiza a adega galega Terras Gauda. Da provincia de Huesca, arredor de 60 artistas gráficos poderán optar ao máximo recoñecemento, de entre un total de 20.000 de todo o mundo.

AArredor de 60 artistas gráficos da provincia de Huesca e un total de 250 de toda a Comunidade aragonesa están convocados a participar na cuarta edición do Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que este ano apadriña Óscar Mariné.

A iniciativa, que promove Bodegas Terras Gauda, reúne a vangarda do deseño internacional, na que teñen cabida máis de 20.000 artistas, universidades e estudios de deseño dos cinco continentes.

O destacado deseñador e ilustrador Óscar Mariné exerce de padriño no concurso este ano e toma, deste xeito, o relevo de Javier Mariscal e Alberto Corazón, que formaron parte do xurado en edicións anteriores.

Medio: REVISTA DE ANA ROSA
Data: Septiembre
Sección: Rico, Rico

O viño con arte chega a mellor parte

E, por iso, a adega Terras Gauda organizou o concurso "Francisco Mantecón" para deseñar o cartel publicitario da botella deste albariño Rías Baixas, elaborado a partir das uvas que medran nas beiras do galego río Miño.

¡Corre!, só tes até o 30 de setembro para mostrar a túa creatividade e gañar ¡6.000 euros!

Agosto 2005

Medio: EL COMERCIO (Asturias)
Data: 25.08.2005
Sección: Cultura

Deseños asturianos no Francisco Mantecón

Máis de 150 artistas asturianos participarán no concurso internacional de deseño de cartelismo publicitario Francisco Mantecón. A esta cuarta edición acudirán deseñadores de procedencias tan diversas coma Grenlandia, Arabia Saudí e Nixeria, entre outras. Organizado por Bodegas TERRAS GAUDA, contará co apadriñamento de Óscar Mariné.

Medio: EL DÍA (Canarias)
Data: 23.08.2005
Sección: Cultura

Máis de 150 artistas asturianos participarán no concurso internacional de deseño de cartelismo publicitario Francisco Mantecón. A esta cuarta edición acudirán deseñadores de procedencias tan diversas coma Grenlandia, Arabia Saudí e Nixeria, entre outras. Organizado por Bodegas TERRAS GAUDA, contará co apadriñamento de Óscar Mariné

Máis de 200 artistas canarios están convocados a participar no IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, auspiciado por Bodegas TERRAS GAUDA, en Galicia.

Dotado cun premio para o gañador de 6.000 euros en metálico, así como dous accésits de 1.500 cada un, o orixinal gañador servirá como base para a próxima campaña publicitaria da entidade. Neste sentido, sinalou nun comunicado, o concurso reúne a vangarda do deseño internacional, composta por máis de 200.000 artistas, universidades e estudios de deseño dos cinco continentes. O prazo de presentación de carteis finaliza o próximo 30 de setembro de 2005, mentres que o ditame do premio se dará a coñecer no mes de novembro.

O artista de Las Palmas Jonathan García conseguiu o primeiro accésit na terceira edición do concurso. Na edición de 2004, ademais, máis de mil deseñadores de países como Sudáfrica, Xapón, China, Australia, Estados Unidos, Kuwait, Singapur, Filipinas, e tamén de toda Latinoamérica e Europa, non quixeron deixar escapar a oportunidade de participar neste certame.

Medio: DIARIO DE MÁLAGA
Sección: Cultura
Data: 1.08.2005

Uns 200 artistas gráficos de Málaga participarán nun concurso de cartelismo

Bodegas Terras Gauda reúne a vangarda do deseño internacional, composta por máis de 20.000 artistas, universidades e estudios de deseño dos cinco continentes, no IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo "Francisco Mantecón". Máis de 900 artistas gráficos de Andalucía, uns 200 de Málaga, están convocados a participar no certame.

O destacado deseñador e ilustrador Óscar Mariné exerce de padriño este ano tomando o relevo de Javier Mariscal e Alberto Corazón, que formaron parte do xurado en edicións anteriores. Mariné é autor da famosa campaña de Absolut Vodka, "Absolut Mariné" e de numerosos traballos dentro do cartelismo cinematográfico, destacando o cartel da película "Todo sobre a miña nai", de Almodóvar.

O concurso "Francisco Mantecón" concede un premio ao gañador de 6.000 euros en metálico, así como dous accésits de 1.500 euros cada un. O prazo de presentación dos carteis finaliza o próximo 30 de setembro, mentres que o ditame se dará a coñecer no mes de novembro.

Xullo 2005

4º Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón

Medio: DAILY MAIL (PAKISTÁN)
Data: 29.07.2005
Sección: Article

Terras Gauda invites over 20,000 graphic artists for poster design contest

The renowed designer Óscar Mariné will be taking over from the well-known professionals Javier Mariscal and Alberto Corazón as patron of the IV Francisco Mantecón International Publicity Poster Design Competition.

More than 20,000 graphic artists from all over the world are invited to take part in the IV Francisco Mantecón Internacional Publicity Poster Design Competition, organized by the Spanish wine company TERRAS GAUDA. In this edition, more than 250 INDONESIAN designers, graphic design studios and universities will receive copies of the conditions for the competition, so that hey have the opportunity to take part in an event which design professionals from the five continents take part every year.

This year the well-known Spanish Ilustrator and painter Óscar Mariné will be acting as patron for the event, taking over from the artists Alberto Corazón and Javier Mariscal, who formed part of the jury in previous editions. In his lengthy and prolific professionals trajectory at national and international level, Óscar Mariné has won a series of major prizes, such as the Hispanic Creative Awards (1995, 1997), the Certificate of Excellence of the AIGA (American Institute of Grhaphic Arts of New York, 2000) or the Merit Art Award (2000, 2001) from the Art Directors Club.

The winner of the IV Francisco Mantecón International Publicity Poster Design Competition will receive a cash prize of 6,000 euros.

Terras Gauda invita a máis de 20,000 artistas gráficos a un concurso de deseño de cartelismo publicitario

O reputado deseñador Óscar Mariné tomará o relevo aos coñecidos profesionais Javier Mariscal e Alberto Corazón como padriño do IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario "Francisco Mantecón".

Máis de 20.000 artistas gráficos de todo o mundo están convidados a participar no IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario "Francisco Mantecón", organizado pola adega española TERRAS GAUDA. Nesta edición, máis de 250 deseñadores, estudios de deseño gráfico e universidades de INDONESIA recibirán copias das bases do concurso, co fin de que poidan ter a oportunidade de participaren nun certame ao que acoden cada ano profesionais do deseño dos cinco continentes.

Este ano, o coñecido pintor e ilustrador español Óscar Mariné exercerá de padriño do certame, tomando o relevo aos artistas Alberto Corazón e Javier Mariscal, que formaban parte do xurado en anteriores edicións. Na súa extensa e prolífera traxectoria no ámbito nacional e internacional, Óscar Mariné gañou varios premios de grande entidade, como os Hispanic Creative Awards (1995, 1997), o Certificate of Excellence do AIGA (American Institute of Graphic Arts de Nova York, 2000) ou o Merit Art Award (2000, 2001) do Art Directors Club.

O gañador do IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario "Francisco Mantecón" recibirá un premio en metálico de 6.000 euros.

Medio: NOTICIAS SOBRE GROENLANDIA
Data: 27.07.2005
Sección: Noticias

Bodegas Terras Gauda convoca o IV Concurso Francisco Mantecón

Bodegas TERRAS GAUDA presentou en Madrid o IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que reunirá a vangarda do deseño internacional....

Medio: YO-YOLL (ITALIA)
Data: 26.07.2005
Sección: Concorsi

Concorso "Francisco Mantecón"

Annuale concorso di disegno e cartellonistica pubblicitaria, istuito dall´azienda vinicola spagnola "Bodegas Terras Gauda", per ricordare la figura di Francisco Mantecón, artista e designer....

Scadenza: 30-09-05

Concurso "Francisco Mantecón"

Concurso anual de deseño e elaboración de carteis publicitarios, instituído pola empresa vinícola española "Bodegas Terras Gauda", para lembrar a figura de Francisco Mantecón, artista e deseñador....

Data de vencemento: 30-09-05

Medio: LA RAZÓN
Data: 21.07.2005
Sección: A tu salud

Concurso de deseño de Bodegas TERRAS GAUDA

Bodegas TERRAS GAUDA presentou o IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que reunirá a vangarda do deseño internacional con máis de 20.000 artistas, universidades e estudios de deseño. A organización prevé aumentar a participación de edicións anteriores superando os 1.000 bosquexos.

O gañador do primeiro premio obterá 6.000 euros e levará a cabo a campaña publicitaria da adega.

Medio: EL MUNDO
Data: 18.07.2005
Sección: Madrid

Mitos de verán urbano

En Calle 54 presentouse o concurso de cartelismo publicitario Francisco Mantecón, que este ano apadriña Óscar Mariné. Un dos últimos actos sociais da tempada. Fernando Ónega era o presentador e por alí estaban Amancio Prada, Ulises Culebro (autor das ilustracións do libro A deusa do pube azul, ese "cadáver exquisito" que construíu con Espido Freire e Raúl del Pozo e que, segundo me contou, está a piques de saír en segunda edición) e Javier Reverte, un viaxeiro profesional en época de vacacións, claro, fica na casa.

Medio: AGENDA DESIGN (FRANCIA)
Data: 8.07.2005
Sección: Graphisme

Dessin d´affiches publicitaries Francisco Mantecon graphistes sans modération

Ouvert à tous, le IVe Concours International de Dessin d´Affiches Publicitaires Francisco Mantecon, proposé par les vins espagnols Terras Gauda, se clôture le 30 septembre 2005. La créativité dans la promotion des vins blancs "Albarino Terras Gauda".....

www.franciscomantecon.com

Deseño de carteis publicitarios "Francisco Mantecón" grafistas sen moderación

Fica aberto a todos o IV Concurso Internacional de Deseño de Carteis Publicitarios "Francisco Mantecón", organizado pola empresa vinícola española Terras Gauda, que se clausurará o 30 de setembro de 2005. A creatividade na promoción dos viños brancos "Albariño Terras Gauda".....

www.franciscomantecon.com

Xuño 2005

4º Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón

Medio: NORSK DESIGN (NORUEGA)
Data: 12.06.2005
Sección: Design

4th Edition of the "Francisco Mantecon" International Advertising Poster Design Competition

During the meeting held on 21 December 2001 a decision was adopted which reads as follows:

"Bodegas Terras Gauda, S. A., por acordo unánime do Consello de Administración, acorda instituir con carácter anual un Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario que, en honor do artista que foi exclusivo deseñador da imaxe corporativa, amigo, eficaz colaborador e socio desde os momentos fundacionais, levará o nome de "Francisco Mantecón". O orixial será o fundamental soporte sobre o que xire a imaxe publicitaria da entidade convocante durante ese ano".

CONDITIONS

Participants

This competition is open to any natural or corporate person subject only to the restrictions imposed by current legislation...

IV edición do Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario "Francisco Mantecón"

Na xuntanza realizada o 21 de decembro de 2001 adoptouse a seguinte decisión:

"Bodegas Terras Gauda, S. A., por acordo unánime do Consello de Administración, acorda instituír con carácter anual un Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario que, en honor do artista que foi exclusivo deseñador da imaxe corporativa, amigo, eficaz colaborador e socio desde os momentos fundacionais, levará o nome de "Francisco Mantecón". O orixinal será o fundamental soporte sobre o que xire a imaxe publicitaria da entidade convocadora durante ese ano".

BASES

Participantes

Este concurso está aberto a calquera persoa física ou xurídica, suxeito unicamente ás restricións impostas pola lexislación actual...

©2005 Bodegas Terras Gauda, S.A.