Os Premios de Deseño de Cartelismo Publicitario
"Francisco Mantecón"
queren ser unha homenaxe ó home, ó entrañable amigo
e ó irrepetible creador e artista que alumeó, co seu talento
e singular mestría, todo o tivo algo que ver ca imaxen en Bodegas
Terras Gauda dende o seu nacimiento.
Pretenden tamén, dende o profundo respeto a súa obra, abrir horizontes de futuro para novos creadores.
Francisco Mantecón naceu en Vigo, no ano 1948.
Dende a súa licenciatura en Belas Artes, na Escuela San Jorge
de Barcelona, participou en máis de 100 exposicións individuais
e colectivas, desenrolando unha intensa actividade docente e creativa.
Formou parte do grupo "Atlántida" e outros movimentos
vanguardistas.
A súa obsesión polo perfeccionismo no fondo e na forma,
dende la cultura, a creatividade e o talento, levárono a ser un
referente indiscutible no mundo da plástica e do deseño
gráfico en Galicia.
De él dixeron:
"Un home expansivamente amoroso e fraternal
... A súa man era un bisturí infalibel, virtuoso apéndice
de poeta xeómetra" (Xosé Mª Alvarez Cáccamo)
"Como Loost, a sua loita pictórica era contra o ornamento. Creo que nunca coñecín a outro pintor
tan teimosamente antifigurativo que fose quen de debuxar tan ben como
el o facía" (Ramiro Ponte)
"Foi un grande artista do noso tempo, no que
a intelixencia nunca permitíu nin o caos nin o xesto innecesario.
Construíu unha plástica contudente, robusta e severamente
meditada" (X. L. Méndez Ferrín)
"Era un home de trato cordial, con cara de
despiste, interesado en moitas cousas: arte, literatura, fotografía,
política" (Carlos Casares)
"Polemista, encaixador, malhumorado fugaz, introvertido ás veces, tenro no íntimo, amigo dos amigos" (Fernando Franco)
Él dixo:
"Quero facer miña a frase de Georges Braque
"j´aime le regle que corrige l´emotion"".
"Tengo unha arte meditada e premeditada. Reflexiva"
"A pintura remata en si mesma, o deseño forma parte dunha engranxe industrial"
"O meu interés pola xeometría ten que ver coas matermáticas, ca música ... Uso as transformacións xeométricas para xogar con planos e motiva-la percepción espacial"
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |