Galego  English  Deutsch  

 


CONCURSO DE DESEÑO DE CARTELISMO PUBLICITARIO
“FRANCISCO MANTECÓN”

Bodegas Terras Gauda S.A., por decisión unánime do Consello de Administración, acorda instituir con carácter anual un concurso internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario, que en honor do artista que foi exclusivo deseñador da imaxe corporativa, amigo, eficaz colaborador e socio desde os momentos fundacionais levará o nome de "Francisco Mantecón". O orixinal premiado será o fundamental soporte sobre o que xire a imaxe publicitaria da entidade convocante durante ese ano.

BASES

PARTICIPANTES: Poderá concursar calquera persoa física ou xurídica sen máis limitacións cás impostas pola legalidade vixente.

OBRAS:

PRESENTACIÓN: As obras presentaranse acompañadas dun sobre cerrado cos datos identificativos do seu autor ou autores (fotocopia D.N.I. ou N.I.F., enderezo e teléfono), ademais incluirán un escrito de aceptación destas bases na súa totalidade.

PRAZO: O prazo de admisión das obras concluirá o 15 de setembro de 2002.

LUGAR: As obras faranse chegar a Bodegas Terras Gauda S.A., Estrada Tui-A Guarda, Km 46, O Rosal, 36760 Pontevedra.

CONDICIÓNS: As obras premiadas e todo-los seus dereitos pasarán a ser propiedade de Bodegas Terras Gauda, S.A. Poderá figurar en calquera lugar discreto do cartel, preferentemente nas marxes, a lenda coa autoría da obra.

XURADO: Estará constituido por persoas de recoñecido prestixio, representativas da entidade convocante e doutros ámbitos da cultura, e designarao cada ano o Consello de Administración de Bodegas Terras Gauda, S.A. Invitarase, en todo caso, a formar parte del o gañador da edición anterior. A súa decisión será inapelable e a él corresponderalle resolver calquera circunstancia non prevista nestas bases.

O Xurado deste 1º Premio formarase por:

PREMIOS: Concederase un premio e dous accésit. As dotacións económicas destes serás de SEIS MIL (6.000) euros para o cartel premiado e MIL CINCOCENTOS (1.500) euros para cada un dos accésit.
O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios. Nste caso, o importe correspondente doarase a unha entidade que, a criterio do xurado, destacara en Galicia polo seu labor social ou cultural.

ENTREGA DE PREMIOS: A comunicación da decisión do xurado farase pública nun acto a celebrar antes do 31 de decembro de 2002, en lugar e data que se comunicará oportunamente.

Para máis información:
Teléfono: 986.621.111
Fax: 986.621.084
e-mail:terrasgauda@terrasgauda.com
web: www.terrasgauda.com

©2002 Bodegas Terras Gauda, S.A.