Español  English  Deutsch

 

Francisco Mantecón

 

Os Premios de Deseño de cartelismo publicitario "Francisco Mantecón" queren ser unha homenaxe ó home, ó entrañable amigo e ó irrepetible creador e artista que alumeó, co seu talento e singular mestría, todo o que tivo algo que ver ca imaxen en Adegas Terras Gauda dende o seu nacemento.

Francisco Mantecón

 

Pretenden tamén, dende o profundo respeto a súa obra, abrir horizontes de futuro para novos creadores.

 

Francisco Mantecón naceu en Vigo, no ano 1.948.

Dende a súa licenciatura en Belas Artes, na Escuela San Jorge de Barcelona, participou en máis de 100 exposicións individuais e colectivas, desenrolado unha intensa actividade docente e creativa.

Formou parte do grupo Atlántida e outros movementos vanguardistas.

A súa obsesión polo perfeccionismo no fondo e na forma, dende la cultura, a creatividade e o talento, levárono a ser un referente indiscutible no mundo da plástica e do deseño gráfico en Galicia.

De él dixeron:

Click para ver a maior tamaño"Un home expansivamente amoroso e fraternal ... A súa man era un bisturí infalibel, virtuoso apéndice de poeta xeómetra" (Xosé Mª Álvarez Cáccamo)

Click para ver a maior tamaño"Como Loost, a sua loita pictórica era contra o ornamento. Creo que nunca coñecín a outro pintor tan teimosamente antifigurativo que fose quen de debuxar tan bel como el o facía" (Ramiro Ponte)
Click para ver a maior tamaño

"Foi un grande artista do noso tempo, no que a intelixencia nunca permitíu nin o caos nin o xesto innecesario. Construíu unha plástica contundente, robusta e severamente meditada" (X. L. Méndez Ferrín)

"Era un home de trato cordial, con cara de despiste, interesado en moitas cousas: arte, literatura, fotografía, política ..." (Carlos Casares)

"Polemista, encaixador, malhumorado fugaz, introvertido ás veces, tenro no íntimo, amigo dos amigos" (Fernando Franco)

El dixo:

Click para ver a maior tamaño

"Quero facer miña a frase de Georges Braque "j´aime le regle que corrige l´emotion"".

"Tengo unha arte meditada e premeditada. Reflexiva"Click para ver a maior tamaño

"A pintura remata en si mesma, o deseño forma parte dunha engranxe industrial"

"O meu interés pola xeometría ten que ver coas matermáticas, ca música ... Uso as transformacións xeométricas para xogar con planos e motiva-la percepción espacial"

©2002 Bodegas Terras Gauda, S.A.