8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón

 En sesión celebrada o 21 de decembro de 2001 aprobouse a resolución que literalmente di así:

"Bodegas Terras Gauda, S.A., por acordo unánime do Consello de Administración, acorda instituir con carácter anual un Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario, que en honor do artista que foi exclusivo deseñador da imaxe corporativa, amigo, eficaz colaborador e socio dende os momentos fundacionais, levará o nome de "Francisco Mantecón". O orixinal será o fundamental soporte sobre o que xire a imaxe publiciaria da entidade convocante durante ese ano"

B  A  S  E  S
PARTICIPANTES
Poderá tomar parte neste certamen calquera persoa física ou xurídica sen máis limitación cás impostas pola legalidade vixente.

OBRAS
Os orixinais, que deberán ser inéditos, serán presentados ou enviados (con xustificante de envío, os participantes que o desexen) nas dependencias de Bodegas Terras Gauda en O Rosal (Galicia, España).

Tódolos traballos que opten ó certame deben ser presentados en dous tipos de soporte:
- Gravados en CD ou disquete (lexible en PC)
- Impresos e pegados sobre un cartón pluma debidamente protexido de tamaño 50x70 cm.

Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc.
Excepcionalmente os orixinais realizados con técnicas pictóricas (óleo, acuarela, gouache, pastel, etc) poderán ser admitidos sen soporte informático.

Poderase presentar un máximo de dúas obras por cada participante.

O tema será libre e preferentemente reflectirá aspectos corporativos da entidade convocante, fundamentalmente, os relativos aos seus viños brancos da variedade Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio. Valorarase positivamente a creatividade neste sentido e o encaixe do anagrama societario.

Bodegas Terras Gauda porá a disposición de tódolos deseñadores que o soliciten o anagrama da entidade en sistema vectorizado para a sua aplicación nas obras a realizar, así coma imaxes dos seus productos. Estarán dispoñibles en www.terrasgauda.com e en www.franciscomantecon.com.

PRESENTACIÓN
As obras presentaranse dentro dun sobre pechado, que levará no exterior o pseudónimo do autor. É imprescindible incluír os seguintes datos:
 - Nome e apelidos do autor
- Fotocopia do D.N.I.
- Enderezo, teléfono e correo electrónico
- Escrito de aceptación das bases do certame. Está dispoñible www.franciscomantecon.com.

LUGAR E PRAZO
As obras faranse chegar a Bodegas Terras Gauda, S. A., Carretera de Tui-A Guarda, km. 46, O Rosal - 36760 Pontevedra, antes das 18 horas do día 30 de setembro de 2009. Serán admitidos por correo todos aqueles traballos que foran selados nas oficinas de correo antes das 18 horas do día 30 de setembro.

CONDICIÓNS
As obras premiadas e todos os seus dereitos pasarán a ser propiedade de Bodegas Terras Gauda, S.A., que así mesmo se reserva o dereito de reprodución das obras finalistas.

As obras presentadas ó certame que no foran premiadas poderán ser retiradas nas dependencias da bodega ou solicita-la súa devolución no prazo máximo de 1 MES, a partir da data de entrega do premio, na dirección de correo comunicacion@terrasgauda.com. Os gastos de devolución correrán a cargo do concursante.

XURADO
O xurado da sétima edición do Premio Francisco Mantecón de Cartelismo estará presidido por D. José María Fonseca Moretón, Presidente de Bodegas Terras Gauda, e formarano ademais as seguintes persoas:
- Doña Pilar Barreiro Mosquera - Filóloga e viúva de Francisco Mantecón
- D. Pep Carrió - Deseñador gráfico, GRAPHIS POSTER 2010 GOLD AWARD (Carrió Sánchez Lacasta)
- D. Enrique Costas Rodríguez - Director-Xeral de Bodegas Terras Gauda
- D. Javier Martínez – Director de Arte da Revista ELLE
- D. Paulino Novo Folgueira - Filólogo, que actuará como secretario
- D. Taber Calderón - Gañador da edición anterior

A decisión do xurado será inapelable e a el corresponderalle resolver calquera circunstancia non prevista nestas bases.

PREMIOS
Concederanse un premio e dous accésit. As dotacións económicas destes serán:
10.000 (DIEZ MIL) Euros para o Primeiro Premio
2.000 (DOuS MIL) Euros para cada un dos dous accésit.
A bodega resérvase o dereito de conceder unha Mención Especial.
O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios. Neste caso, o importe correspondente doarase a unha entidade que, a criterio do xurado, destaque en Galicia polo seu labor social ou cultural.

ENTREGA DE PREMIOS
A comunicación da decisión do xurado farase pública nun acto, a celebrar antes do 31 de decembro de 2009, en lugar y data que se comunicará oportunamente ós autores das obras que queden entre as finalistas e en www.terrasgauda.com e www.franciscomantecon.com

Para máis información, poden contactar con Bodegas Terras Gauda, S. A.
Teléfono 986 621 111 / 981 227 200
Fax 986 621 084
E-mail: comunicacion@terrasgauda.com

CLÁUSULA LOPD
De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable BODEGAS TERRAS GAUDA, S.A. con domicilio social en Estrada Tui A Guarda Km 46, 36760 O Rosal (Pontevedra). A finalidade deste ficheiro é levar a cabo a xestión de datos de concursos que organiza a empresa. Informámoslle de que os seus datos poderán ser cedidos ós medios de comunicación coa finalidade de dar a coñcer ós participantes e gañadores dos concursos organizados. Si o desexa poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito á dirección sinalada, adxuntando unha fotocopia do seu DNI.

©2009 Bodegas Terras Gauda.