8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón

N O V A S

Medio: REVISTA ON DISEÑO
Sección: Premios
Data: Febrero 2010
País: España

Viño e cartelismo Ver novaCartel gañador Francisco Mantecón

O deseñador valenciano Ángel Luis González resultou vencedor da oitava edición do Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón convocado por Bodegas Terras Gauda. O certame convidaba a deseñar un cartel de temática libre que se estabelecerá como imaxe desta adega durante 2010, tanto en España como no mercado internacional. Repartíronse tamén dous accésits que recaeron na deseñadora Julia Anne Luke (Os Ánxeles, EUA) e no artista gráfico Robi Joeleht (Estonia). Finalmente, a mención especial foi para a firma Dorota Cichon (Polonia). Máis de mil catrocentas obras procedentes de corenta e cinco países –cunha elevada participación de propostas con orixe italiana– participaron nesta edición do concurso, cuxo xurado contou con Pep Carrió como deseñador de referencia.

BODEGAS TERRAS GAUDA
Carretera Tuy – A Guarda, km. 46
36760 O Rosal (Pontevedra)
T/986 621 111 / 986 621 084
terrasgauda@terrasgauda.com
www.franciscomantecon.com

Medio: REVISTA ELLE
Sección: FlechazosELLE
Data: Febrero 2010
País: España

Ganadores Franscisco Mantecón

 

 

COLLEITA DE DESEÑO Ver nova

O concurso de cartelismo Francisco Mantecón, que organiza Bodegas Terras Gauda, é xa un referente internacional. Os gañadores da edición deste ano veñen de España, EUA e Estonia (franciscomantecon.com)

 

 

Medio: EL MUNDO
Sección: METRÓPOLI
Data: 24/12/09
País: España

8º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón


A ARTE
DAS
ADEGAS
Ver nova


O OITAVO CONCURSO
DE CARTELISMO
DE TERRAS GAUDA
CONFIRMA A
EXCELENTE RELACIÓN
ENTRE VIÑO E DESEÑO

O artista valenciano Ángel Luis González gañou o primeiro premio do 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado pola adega Terras Gauda e dotado con 12.000 € en metálico. O xurado, no que participou o prestixioso deseñador Pep Carrió, examinou máis de 1.400 obras candidatas, enviadas desde 45 países. O traballo gañador será a imaxe da adega durante 2010.

A convocatoria desta recoñecida firma elaboradora do val do Rosal (D.O. Rías Baixas, Pontevedra) inscríbese no proceso de apertura que experimentou o mundo do viño hispano cara ás máis diversas esferas da vida social e cultural nos últimos lustros, en paralelo co seu cada día maior recoñecemento internacional. Outros exemplos de colaboración entre artistas plásticos e adegas atopámolos na soada etiqueta de Miquel Barceló para o singular tinto mallorquino Ánima Negra ou na soberbia pinacoteca da adega alto aragonesa Enate, cuxos óleos de destacados artistas contemporáneos como Eduardo Chillida, Antonio Tàpies ou Antonio Saura ilustraron as sucesivas anadas da súa gama de viños.

Unha tradición de mecenado que, fóra das nosas fronteiras, ten o seu principal referente na colección de etiquetas inaugurada en 1945 polo barón Philippe de Rothschild para celebrar o final da II Guerra Mundial, con obras asinadas polos primeiros pinceis do s. XX, entre eles Braque, Dalí, Picasso, Bacon ou Warhol.

Fundada en 1990 co nome de Adegas das Eiras e presidida desde entón por José María Fonseca, o primeiro viño da adega foi o Abadía de San Campio (cento por cento albariño) da colleita 1991. Pouco tempo despois viu a luz o buque insignia da casa, o branco Terras Gauda, que, ademais da primeira uva galaica, incorpora na súa composición as autóctonas loureira e caíño branco. Viños que, desde o seu nacemento, gozaron do favor da crítica experta nacional e internacional.

O concurso Francisco Mantecón, creado en homenaxe ao artífice (Vigo 1948-2001) da primeira imaxe da adega, caracterízase pola súa ampla difusión internacional e polo seu prestixio en medios académicos do mundo enteiro. Os dous accésits da presente edición, dotados con 2.000 €, foron, nesta orde, para a estadounidense Julia Anne Luke e o estoniano Robi Joeleht. A deseñadora polaca Dorota Cichon foi distinguida coa mención especial do xurado. J.R. PEIRÓ

Medio: arteenlared.com
Sección: Concursos
Data: 14/12/09
País: USA

A adega española Terras Gauda premia 4 carteis

Concursos - Veredicto

Participaron máis de 1.400 obras de 45 países de todo o mundo Ver nova

Primer Premio 8º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco MantecónA adega española TERRAS GAUDA premiou 4 carteis de EUA, España, Estonia e Polonia entre máis de 1.400 obras enviadas desde 45 países de todo o mundo no 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, logrando manter por cuarto ano consecutivo un elevado índice de participación internacional.

A representación de América foi moi importante este ano no Concurso Francisco Mantecón, con máis de 200 carteis enviados desde EUA, Canadá, Barbados, México, Cuba ou Porto Rico, entre outros países. Do continente africano recibíronse propostas de Sudáfrica, Tunisia ou Mauricio; e de Asia: de Singapur, Sri Lanka, India ou China. A representación de Oceanía no certame de TERRAS GAUDA é de Australia. Por primeira vez concursaron deseñadores gráficos de Sri Lanka, Barbados e Tunisia.

De Europa destaca a elevada participación de artistas gráficos de Italia, con 360 obras. Francia, Polonia, Rusia, Reino Unido, Ucraína, Estonia, Suecia ou Serbia son países europeos con presenza importante.

O xurado seleccionou 33 carteis finalistas entre os que se atopan os premiados. 20 están asinados por deseñadores gráficos españois; 1 de EUA, 1 de Venezuela, 1 de Ecuador, 4 de Italia, 2 de Arxentina, 1 de Australia, 1 de Polonia, 1 do Reino Unido e 1 de Estonia.

O 1º Premio, dotado con 10.000 euros, correspondeu ao deseñador español Ángel Luis González. O 1º accésit recaeu na deseñadora dos Ánxeles Julia Anne Luke; o 2º accésit é obra do artista gráfico de Estonia Robi Joeleht; e a mención especial foi para a firma Dorota Cichon, de Polonia. Cada un destes premiados recibe unha dotación económica de 2.000 euros, co que TERRAS GAUDA reparte 16.000 euros en metálico.

TERRAS GAUDA deu reunido no Concurso Francisco Mantecón a vangarda do deseño gráfico internacional nestas oito edicións, nas que concursaron máis de 8.000 carteis procedentes de 83 países de todo o mundo. Este éxito de convocatoria está baseado nun reforzo continuo do labor de comunicación nacional e internacional, a ampliación constante das bases de participantes, a vinculación do certame ao mundo académico a través de universidades de todo o mundo e a implicación de deseñadores de recoñecido prestixio na formación do xurado.

A difusión mediática internacional é un factor chave para manter a participación e situar o certame como un referente para a vangarda do deseño gráfico e unha das grandes citas anuais para os deseñadores de prestixio.

As bases de participación enviáronse este ano a máis de 65.000 artistas gráficos, estudios de deseño, asociacións e universidades de 180 países, fronte ás 1.000 da 1ª edición. No prestixio alcanzado polo Concurso Francisco Mantecón influíu a súa vinculación ao mundo académico, coa participación colectiva de profesores e alumnos de universidades internacionais e co 1º Premio do ano 2007, obra do Profesor de Arte e Deseño da Universidade de Osaka Shima Takahiro.

O criterio que achegaron profesionais tan relevantes como Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Manuel Estrada, Isidro Ferrer e Pep Carrió como membros do xurado contribuíu, así mesmo, ao éxito de convocatoria anual acadado polo certame.

Máus información: Telf.: 00 34 902 922 252
www.franciscomantecon.com

Medio: EL MERCURIO
Sección: Cultura
Data: 14/12/09
País: Ecuador

Cartel de deseñador ecuatoriano como finalista Ver nova

Finalista 8º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco MantecónA adega española TERRAS GAUDA seleccionou 1 cartel de Ecuador como finalista entre máis de 1.400 obras enviadas desde 45 países de todo o mundo no 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, logrando manter por cuarto ano consecutivo un elevado índice de participación internacional.

A participación de América foi moi importante este ano no Concurso Francisco Mantecón, con máis de 200 carteis enviados desde Ecuador, EUA, Canadá, Barbados, México, Cuba ou Porto Rico, entre outros países. Do continente africano recibíronse propostas de Sudáfrica, Tunisia ou Mauricio; e de Asia: de Singapur, Sri Lanka, India ou China. A representación de Oceanía no certame de TERRAS GAUDA é de Australia. Por primeira vez concursaron deseñadores gráficos de Sri Lanka, Barbados e Tunisia.

De Europa destaca a elevada participación de artistas gráficos de Italia, con 360 obras. Francia, Polonia, Rusia, Reino Unido, Ucraína, Estonia, Suecia ou Serbia son países europeos con presenza importante.

O xurado seleccionou 33 carteis finalistas entre os que se atopan os premiados. 4 están asinados por deseñadores gráficos italianos; 20 de España; 1 de Estonia, 1 de EUA, 1 de Venezuela, 1 de Ecuador, 2 de Arxentina, 1 de Australia, 1 de Polonia e 1 do Reino Unido.

O 1º Premio, dotado con 10.000 euros, correspondeu ao deseñador español Ángel Luis González. O 1º accésit recaeu na deseñadora dos Ánxeles Julia Anne Luke; o 2º accésit é obra do artista gráfico de Estonia Robi Joeleht; e a mención especial foi para a firma Dorota Cichon, de Polonia. Cada un destes premiados recibe unha dotación económica de 2.000 euros, co que TERRAS GAUDA reparte 16.000 euros en metálico.

TERRAS GAUDA deu reunido no Concurso Francisco Mantecón a vangarda do deseño gráfico internacional nestas oito edicións, nas que concursaron máis de 8.000 carteis procedentes de 83 países de todo o mundo. Este éxito de convocatoria está baseado nun reforzo continuo do labor de comunicación nacional e internacional, a ampliación constante das bases de participantes, a vinculación do certame ao mundo académico a través de universidades de todo o mundo e a implicación de deseñadores de recoñecido prestixio na formación do xurado.

A difusión mediática internacional é un factor chave para manter a participación e situar o certame como un referente para a vangarda do deseño gráfico e unha das grandes citas anuais para os deseñadores de prestixio.

As bases de participación enviáronse este ano a máis de 65.000 artistas gráficos, estudios de deseño, asociacións e universidades de 180 países, fronte ás 1.000 da 1ª edición. No prestixio alcanzado polo Concurso Francisco Mantecón influíu a súa vinculación ao mundo académico, coa participación colectiva de profesores e alumnos de universidades internacionais e co 1º Premio do ano 2007, obra do Profesor de Arte e Deseño da Universidade de Osaka Shima Takahiro.

O criterio que achegaron profesionais tan relevantes como Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Manuel Estrada, Isidro Ferrer e Pep Carrió como membros do xurado contribuíu, así mesmo, ao éxito de convocatoria anual acadado polo certame.

Máis información: Telf.: + 34 902 922 252 / www.franciscomantecon.com / Correo-e:comunicacion@terrasgauda.com

Medio: entornointeligente.com
Sección: Notas de prensa
Data: 14/12/09
País: Venezuela

A adega española TERRAS GAUDA selecciona o cartel dun deseñador venezolano como finalista entre máis de 1.400 obras de todo o mundo Ver nova

Finalista 8º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco MantecónA adega española TERRAS GAUDA seleccionou 1 cartel de Venezuela como finalista entre máis de 1.400 obras enviadas desde 45 países de todo o mundo no 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, logrando manter por cuarto ano consecutivo un elevado índice de participación internacional.

A participación de América foi moi importante este ano no Concurso Francisco Mantecón, con máis de 200 carteis enviados desde Venezuela, EUA, Canadá, Barbados, México, Cuba ou Porto Rico, entre outros países. Do continente africano recibíronse propostas de Sudáfrica, Tunisia ou Mauricio; e de Asia: de Singapur, Sri Lanka, India ou China. A representación de Oceanía no certame de TERRAS GAUDA é de Australia. Por primeira vez concursaron deseñadores gráficos de Sri Lanka, Barbados e Tunisia.

De Europa destaca a elevada participación de artistas gráficos de Italia, con 360 obras. Francia, Polonia, Rusia, Reino Unido, Ucraína, Estonia, Suecia ou Serbia son países europeos con presenza importante.

O xurado seleccionou 33 carteis finalistas entre os que se atopan os premiados. 4 están asinados por deseñadores gráficos italianos; 20 de España; 1 de Estonia, 1 de EUA, 1 de Venezuela, 1 de Ecuador, 2 de Arxentina, 1 de Australia, 1 de Polonia e 1 do Reino Unido.

O 1º Premio, dotado con 10.000 euros, correspondeu ao deseñador español Ángel Luis González. O 1º accésit recaeu na deseñadora dos Ánxeles Julia Anne Luke; o 2º accésit é obra do artista gráfico de Estonia Robi Joeleht; e a mención especial foi para a firma Dorota Cichon, de Polonia. Cada un destes premiados recibe unha dotación económica de 2.000 euros, co que TERRAS GAUDA reparte 16.000 euros en metálico.

TERRAS GAUDA deu reunido no Concurso Francisco Mantecón a vangarda do deseño gráfico internacional nestas oito edicións, nas que concursaron máis de 8.000 carteis procedentes de 83 países de todo o mundo. Este éxito de convocatoria está baseado nun reforzo continuo do labor de comunicación nacional e internacional, a ampliación constante das bases de participantes, a vinculación do certame ao mundo académico a través de universidades de todo o mundo e a implicación de deseñadores de recoñecido prestixio na formación do xurado.

A difusión mediática internacional é un factor chave para manter a participación e situar o certame como un referente para a vangarda do deseño gráfico e unha das grandes citas anuais para os deseñadores de prestixio.

As bases de participación enviáronse este ano a máis de 65.000 artistas gráficos, estudios de deseño, asociacións e universidades de 180 países, fronte ás 1.000 da 1ª edición. No prestixio alcanzado polo Concurso Francisco Mantecón influíu a súa vinculación ao mundo académico, coa participación colectiva de profesores e alumnos de universidades internacionais e co 1º Premio do ano 2007, obra do Profesor de Arte e Deseño da Universidade de Osaka Shima Takahiro.

O criterio que achegaron profesionais tan relevantes como Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Manuel Estrada, Isidro Ferrer e Pep Carrió como membros do xurado contribuíu, así mesmo, ao éxito de convocatoria anual acadado polo certame.

Medio: ABC
Sección: Galicia
Data: 11/12/09
País: España

Ganador 8º Concurso Internacional de Diseño de Cartelismo Francisco MantecónO Francisco Mantecón ten gañador e Terras Gauda unha nova imaxe Ver nova


R.G.
VIGO. O xurado do 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Terras Gauda, premiou 4 carteis de España, Estonia, EUA e Polonia entre máis de 1.400 obras enviadas desde 45 países de todo o mundo, logrando manter por cuarto ano consecutivo unha elevada participación internacional.

O 1º Premio, dotado con 10.000 euros, correspondeu ao deseñador español Ángel Luis González. O 1º accésit recaeu na deseñadora dos Ánxeles Julia Anne Luke; o 2º accésit é obra do artista gráfico de Estonia Robi Joeleht; e a mención especial foi para a firma Dorota Cichon, de Polonia. Cada un destes premiados recibe unha dotación económica de 2.000 euros, co que Terras Gauda reparte 16.000 euros en metálico.

Terras Gauda deu reunido no Concurso Francisco Mantecón a vangarda do deseño gráfico internacional nestas oito edicións, nas que concursaron máis de 8.000 carteis procedentes de 83 países de todo o mundo.

Este éxito de convocatoria está baseado nun reforzo continuo do labor de comunicación nacional e internacional, a ampliación constante das bases de participantes, a vinculación do certame ao mundo académico a través de universidades de todo o mundo e a implicación de deseñadores de recoñecido prestixio na formación do xurado.

Medio: Revista IPMARK
Data: 14/12/09
País: España

Ángel Luis González, gañador do 8º Concurso Francisco Mantecón Ver nova

O deseñador valenciano Ángel Luis González acadou o primeiro premio da oitava edición do Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Bodegas Terras Gauda.

O primeiro premio, dotado con 10.000 euros, será a imaxe da adega durante o vindeiro ano. O primeiro accésit foi para Julia Anne Luke (Os Ánxeles, Estados Unidos), mentres que o estoniano Robi Joeleht e a polaca Dorota Cichon lograron o segundo accésit e a mención especial, respectivamente.

Nesta edición participaron 1.400 obras enviadas desde 45 países de todo o mundo.

Medio: deconcursos.com
Data: 11/12/09
País: España

O deseñador valenciano Ángel Luis González gaña o 8º CONCURSO DE CARTEIS FRANCISCO MANTECÓN Ver nova

 

R. G./ VIGO.
O xurado do 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Terras Gauda, premiou 4 carteis de España, Estonia, EUA e Polonia entre máis de 1.400 obras enviadas desde 45 países de todo o mundo, logrando manter por cuarto ano consecutivo unha elevada participación internacional.

O 1º Premio, dotado con 10.000 euros, correspondeu ao deseñador español Ángel Luis González. O 1º accésit recaeu na deseñadora dos Ánxeles Julia Anne Luke; o 2º accésit é obra do artista gráfico de Estonia Robi Joeleht; e a mención especial foi para a firma Dorota Cichon, de Polonia. Cada un destes premiados recibe unha dotación económica de 2.000 euros, co que Terras Gadua reparte 16.000 euros en metálico.

Terras Gauda deu reunido no Concurso Francisco Mantecón a vangarda do deseño gráfico internacional nestas oito edicións, nas que concursaron máis de 8.000 carteis procedentes de 83 países de todo o mundo. Este éxito de convocatoria está baseado nun reforzo continuo do labor de comunicación nacional e internacional, a ampliación constante das bases de participantes, a vinculación do certame ao mundo académico a través de universidades de todo o mundo e a implicación de deseñadores de recoñecido prestixio na formación do xurado.

TRABALLOS PREMIADOS en www.franciscomantencon.com

Medio: EXPANSIóN
Sección: Galicia
Data: 11/12/09
País: España

Premio ao valenciano Ángel Luis González Ver nova

'FRANCISCO MANTECON' O primeiro premio internacional de cartelismo organizado pola adega Terras Gauda correspondeu na súa oitava edición ao deseñador valenciano Ángel Luis González. O primeiro accésit recaeu na deseñadora dos Ánxeles Julia Anne Luke; o segundo no estoniano Robi Joeleht; e a Mención Especial, na firma Dorota Cichon de Polonia. Este ano participaron máis de 1.400 obras de 45 países.

Medio: LA VOZ DE VIGO
Sección: La Mirilla
Data: 12/12/09
País: España

O «Francisco Mantecón», un Xacobeo anual Ver nova

CRóNICA
Soledad Antón

Entrega 1º Premio 8º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco MantecónReferente no mundo do deseño gráfico. É no que se converteu o Concurso de Cartelismo Francisco Mantecón en apenas oito anos. As cifras, máis que elocuentes, falan por si soas. Na primeira edición presentáronse 70 traballos, todos asinados por autores galegos, mentres que na que acaba de resolverse esta semana fixérono 1.400, neste caso chegados de 45 países dos cinco continentes.

Non resulta doado explicar tan meteórica traxectoria. A resposta hai que buscala no piloto da nave, José María Fonseca, e no equipo de traballo do que soubo rodearse, no que María José Sánchez é a copiloto perfecta. O pasado xoves, con motivo da entrega de premios do concurso, volveu quedar claro o poder de convocatoria de Terras Gauda.

Entrega de premios Francisco MantecónNon faltaron os incondicionais nin, por suposto, un bo número de concursantes finalistas, os máis feitos un feixe de nervios por se Fernando Ónega («o cronista oficial da adega» en palabras do presidente da Xunta) pronunciaba o seu nome. Pero o que non se viu nunca era tan alta concentración de políticos por metro cadrado: Feijóo, Louro, Caballero, Molares, Porro, Roberto Varela, Domínguez, López, Figueroa, Méndez … «Hai case tantos cargos como carteis», empezou dicindo Ónega.

Claro que o xornalista, na súa liña habitual (menos mal!) reservaba máis perlas a propósito desa sui generis crónica anual que tanto agradece a concorrencia. Máis que nada porque espanta calquera indicio de sopor propio deste tipo de actos. Nese repaso non faltou unha referencia aos respectivos desembarcos presidenciais de Obama e Feijoo. «Co cal arranxouse o equilibro mundial», dixo.

Economía sustentable. Só aparcou Ónega a ironía cando pediu aos presentes, especialmente aos que ocupan cargos, que abrisen os ollos, porque detrás dun acto aparentemente lúdico-social, «o que de verdade hai é un exemplo de economía sustentable. Isto é como un Xacobeo que se celebra cada ano», asegurou.

O que se puxo serio desde o minuto un da súa intervención foi José María Fonseca. E, practicamente antes de rematar a súa frase de arranque, gañou o primeiro aplauso do auditorio. Veu dicir que aínda sabendo que había moitos asistentes de alén do Padornelo expresaríase en galego, «idioma de sumar e de acollida» co que, dixo, algúns pretenden crear un problema inexistente: «É unha trapallada perversa da que temos que fuxir».

Logo falou de ilusión colectiva e de seguir pelexando por lograr un escenario axeitado para poder amosar os centenares de orixinais que se reciben de todo o mundo. Abel Caballero recolleu a luva.

O momento emotivo da velada, xusto antes de que o valenciano Ángel Luis González subise ao estrado recibir o diploma e o cheque de 10.000 euros que o acreditan como gañador do Francisco Mantecón 2009, púxoo a viúva do artista, Pilar Barreiro: «Son moitos anos de furar na memoria e botar man dalgún feito, dalgunha anécdota que poida evocar algo da túa persoa diante deste público... para que coñezan de ti algo máis que o teu nome».

O bo desa procura é que obrigou a Pilar a mergullarse non só no seu interior (que tamén), senón en caixóns, andeis e recunchos mil nos que Paco foi deixando o seu sinal creativo, os seus debuxos, os seus escritos, as súas notas... Tanto e tanto material que, por fin, está practicamente clasificado e que, segundo anunciou o xoves, verá a luz moi pronto en forma de páxina web: «Todo o longo traballo da túa curta vida, navegando polo ciberespacio, aberto aos ollos non só do noso entorno, senón tamén aos ollos nórdicos e meridionais, do leste e do oeste, de hoxe e do futuro, que poderán cun so clic contemplar e coñecer quen foi e que fixo ese Francisco Mantecón que dá nome a ese concurso de cartelismo».

Unha vez rematados os discursos chegou outra parte non menos esperada da velada, a charla animada fronte a unha copa de viño. Entre outros moitos conversadores estaban Antonio Quesada, García Mañá, Teruca Conde Pumpido, Carmela Pousa, Manuel Buciños, María Xosé Queizán, Pedro Solveira, Merche Castro, César Cunqueiro, Manolo Rodríguez, Mercedes Méndez, Luis Espada, Manuel Sanjurjo … E, claro, os compañeiros de banda (musical) de Fonseca.

Medio: FARO DE VIGO
Sección: Sociedad
Data: 11/12/09
País: España

O valenciano Ángel Luis González logra o premio Francisco Mantecón Ver nova

O seu deseño será a imaxe da adega Terras Gauda o vindeiro ano

REDACCIóN » VIGO

Entrega premios 8º Francisco MantecónA imaxe da adega Terras Gauda o vindeiro ano leva a sinatura de Ángel Luis González. O deseñador valenciano resultou gañador do 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado pola adega miñota. O creador leva o primeiro premio, dotado de 10.000 euros.

O 1º accésit recaeu na deseñadora dos Ánxeles Julia Anne Luke; o 2º accésit é obra do artista gráfico de Estonia Robi Joeleht; e a mención especial foi para a firma Dorota Cichon, de Polonia. Cada un destes premiados recibe unha dotación económica de 2.000 euros, co que a adega reparte 16.000 euros en metálico.

O xurado, presidido por José María Fonseca Moretón, presidente de Terras Gauda, seleccionou estes catro carteis de entre máis de 1.400 obras enviadas desde 45 países de todo o mundo, logrando manter por cuarto ano consecutivo un elevado índice de participación internacional. Tras España, Italia foi o país europeo con máis participación (360 obras, fronte aos 660 deseños con sinatura española).

Dos 33 carteis finalistas, 20 estaban deseñados por artistas gráficos españois, catro de Italia, dous de Arxentina, 1 de Australia, Polonia, Reino Unido, Estonia, Estados Unidos, Ecuador e Venezuela.

A adega deu reunido no Concurso Francisco Mantecón a vangarda do deseño gráfico internacional nestas oito edicións, nas que concursaron máis de 8.000 carteis procedentes de 83 países de todo o mundo.

Este éxito de convocatoria está baseado nun reforzo continuo do labor de comunicación nacional e internacional, a ampliación constante das bases de participantes, a vinculación do certame ao mundo académico a través de universidades de todo o mundo e a implicación de deseñadores de recoñecido prestixio na formación do xurado.

Terras Gauda considera a difusión mediática internacional un factor chave para manter a participación e situar o certame como un referente para a vangarda do deseño gráfico.

Na oitava edición participaron 1.400 obras de 45 países de todo o mundo

Xurado

Ademais de José María Fonseca Moretón, o xurado desta edición formárono o deseñador Pep Carrió; Pilar Barreiro, viúva do artista Francisco Mantecón; Enrique Costas, director xeral da adega; Javier Martínez Vidal, director de deseño da revista Elle; Taber Calderón, gañador da edición anterior, e Paulino Novo, que exerceu de secretario.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu onte a entrega de premios en Vigo, á que asistiron máis de 400 personalidades do mundo cultural, social, empresarial e político, entre outros Santiago Domínguez, tenente de alcalde de Vigo, e Corina Porro, presidenta da Autoridade Portuaria.

Medio: EL CORREO GALLEGO
Sección: Cultura
Data: 11/12/09
País: España

O valenciano Ángel Luis González gaña o Mantecón Ver nova

CREACIóN »Terras Gauda resolve en Vigo os galardóns do seu VIII Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario

Entrega premios 8º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco MantecónREDACCIóN . SANTIAGO

O xurado do 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Terras Gauda, premiou 4 carteis de España, Estonia, EUA e Polonia entre máis de 1.400 obras enviadas desde 45 países de todo o mundo, logrando manter por cuarto ano consecutivo unha elevada participación internacional. O 1º Premio, dotado con 10.000 euros e que será a imaxen da adega o próximo año, correspondeu ao deseñador valenciano Ángel Luis González. O 1º accésit recaeu na deseñadora dos Ánxeles, Julia Anne Luke; o 2º accésit é obra do artista gráfico de Estonia, Robi Joeleht; e a Mención Especial foi para a firma Dorota Cichon, de Polonia. Cada un destes premiados recibe unha dotación económica de 2.000 euros.

 

Medio: GALICIA HOXE
Data: 11/12/09
País: España

cartelismo

Francisco Mantecón para o valenciano Ángel González Ver nova

O deseño será imaxe da adega

E.P.
O VIII Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Terras Gauda, outorgoulle onte os seus premios a un total de catro carteis de España, Estonia, Estados Unidos e Polonia, elixidos de entre máis de 1.400 obras enviadas dende 45 países de todo o mundo.

O primeiro premio, dotado con 10.000 euros, recaeu sobre o deseñador valenciano Ángel Luis González, o traballo do cal será a imaxe da adega para o próximo ano. Ademais, entregáronse dous accésits de 2.000 euros cada un, o primeiro á deseñadora dos Ánxeles Julia Anne Luke e o segundo ao artista gráfico de Estonia Robi Joeleht, e unha Mención Especial a Dorota Cichon, de Polonia.

Estes galardóns supoñen unha achega económica total de 16.000 euros por parte da adega galega e foron entregados onte en Vigo no transcurso dun acto presidido polo xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo. Entre os convidados destacaron o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro; o alcalde, Abel Caballero; ou a presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, entre outros.

Medio: ATLáNTICO
Sección: ViGO
Data: 11/12/09
País: España

Un valenciano obtivo o "Mantecón" fronte a 1.400 candidatos Ver nova

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu onte a entrega de premios de cartelismo, á que asistiron máis de 400 convidados, entre os que se atopaban o delegado do Goberno, Antón Louro; o alcalde, Abel Caballero, e a presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro.

vigo
REDACCIóN

Unha nova edición do concurso de cartelismo Francisco Mantecón finalizou onte coa entrega de premios, realizada no Pazo Los Escudos. O valenciano Ángel Luis González fíxose co primeiro premio, dotado de 10.000 euros. O 1º accésit recaeu na deseñadora dos Ánxeles Julia Anne Luke; o 2º accésit é obra do artista gráfico de Estonia Robi Joeleht; e a mención especial foi para a firma Dorota Cichon, de Polonia. Cada un destes premiados recibe unha dotación económica de 2.000 euros, co que a adega reparte 16.000 euros en metálico.

O xurado, convocado por Terras Gauda e presidido por José María Fonseca Moretón, presidente de Bodegas Terras Gauda, integrárono o deseñador Pep Carrió; Pilar Barreiro, viúva do artista Francisco Mantecón; Enrique Costas, director xeral da adega; Javier Martínez Vidal, director de deseño da revista ELLE; Taber Calderón, gañador da edición anterior; e Paulino Novo, que exerceu de secretario. O xurado premiou estes catro carteis de España, Estonia, EUA e Polonia entre máis de 1.400 obras enviadas desde 45 países de todo o mundo, logrando manter por cuarto ano consecutivo unha elevada participación internacional.

Nesta edición, destaca a elevada participación de artistas europeos, con 360 representantes de Italia. Á súa vez, Francia, Polonia, Rusia, Reino Unido, Ucraína, Estonia, Suecia ou Serbia tamén tiveron unha presenza importante. Entre os participantes houbo 660 deseñadores españois. A representación de América foi notable, con máis de 200 carteis enviados. De África recibíronse propostas de Sudáfrica, Tunisia ou Mauricio; e de Asia: de Singapur, Sri Lanka, India ou China. A representación de Oceanía no certame de TERRAS GAUDA é de Australia. Por primeira vez concursaron deseñadores gráficos de Sri Lanka, Barbados e Tunisia.

Dos 33 finalistas, hai 20 españois; catro de Italia, dous de Arxentina e un representante de Australia, Polonia, Reino Unido, Estonia, Estados Unidos, Ecuador e Venezuela.

Concorrida entrega de premios. Á entrega das distincións aos catro premiados (Ángel Luis González, Julia Anne Luke, Robi Joeleht e Dorota Cichon), nun concorrido acto con ampla presenza de personalidades da vida social e política viguesa.

Entrega premios 8º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón

Medio: EL PROGRESO
Sección: Vivir
Data: 13/12/09
País: España

PíLULAS

Terras Gauda Ver nova

A adega que preside José María Fonseca vén de entregar o premio de cartelismo Francisco Mantecón, que gañou o deseñador valenciano ángel Luis González, cun traballo que se impuxo entre 1.400 obras presentadas.

Medio: LA REGIóN
Sección: Ecoagro - Portada
Data: 12/12/09
País: España

Suplemento de técnica, economía y sociedade agraria del siglo XXI

Premio Francisco Mantecón a catro carteis Ver nova

O 8º concurso Francisco Mantecón premiou catro carteis de España, Estonia, USA e Polonia entre unha selección de máis de 1.400 obras chegadas dende todos os puntos da xeografía mundial.

Medio: LA REGIóN
Sección: Ecoagro - Actualidad
Data: 12/12/09
País: España

Premio Francisco Mantecón Ver nova

O 8º concurso Francisco Mantecón premiou catro carteis de España, Estonia, USA e Polonia entre máis de 1.400 obras

1º Premio 8º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco MantecónRedacción: MV

O presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núnez Feijóo, presidiu a entrega de premios, a que asistiron máis de 400 personalidades do mundo cultural, social, empresarial e político, como o delegado do Gobierno en Galicia, D. Antón Louro, o alcalde de Vigo, D. Abel Caballero, os conselleiros de Medio Rural, Cultura e Turismo y Economía e Industria e a presidenta da Autoridade Portuaria, Dña. Corina Porro, entre outros.

O xurado do 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Terras Gauda, premiou catro carteis de España, Estonia, USA e Polonia entre máis de 1.400 obras enviadas desde 45 países de todo o mundo, logrando manteñer por cuarto ano consecutivo un elevado índice de participación internacional.

O 1º Premio, dotado con 10.000 euros e que será a imaxen da adega o próximo ano, correspondeu ao deseñador valenciano ángel Luis González. O 1º accésit recaiu na deseñadora de Los ángeles, Julia Anne Luke; o 2º accésit é obra do artista gráfico de Estonia, Robi Joeleht; e a Mención Especial firmaa Dorota Cichon, de Polonia. Cada ún destos premiados recibe unha dotación económica de 2.000 euros, co que Terras Gauda reparte 16.000 euros en metálico.

Terras Gauda logrou reunir no Concurso Francisco Mantecón a vanguardia do deseño gráfico internacional nestas oito edicións, nas que concursaron máis de 8.000 carteles procedentes de 83 países de todo o mundo. Este éxito de convocatoria está basado nun refuerzo continuo da labor de comunicación nacional e internacional, a ampliación constante das bases de participantes, a vinculación do certame ao mundo académico a través de universidades de todo o mundo e a implicación de deseñadores de recoñecido prestixio na formación do xurado.

A difusión mediática internacional é un factor clave para manteñer a participación e posicionar o certame como un referente para a vanguardia do deseño gráfico e unha das grandes citas anuais para os deseñadores de prestixio. Só nas tres últimas edicións fixeronse eco do concurso máis de 500 medios de comunicación xeneralistas, páxinas web e revistas especializadas dos cinco continentes.

Participación 2009

Medio: EL IDEAL GALLEGO
Sección: Galicia
Data: 11/12/09
País: España

O deseñador Ángel Luis González gaña o concurso de carteis Francisco Mantecón Ver nova

REDACCIóN » A CORUñA

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu onte a entrega de premios do oitavo Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Terras Gauda.

O xurado deste certame outorgou os premios a catro carteis de España, Estonia, EUA e Polonia, elixidos de entre máis de 1.400 obras enviadas desde 45 países de todo o mundo.

Estes galardóns supoñen unha achega económica total de 16.000 euros por parte da adega galega.

O primeiro premio, dotado con 10.000 euros, recaeu sobre o deseñador valenciano Ángel Luis González, cuxo traballo será a imaxe da adega para o vindeiro ano.

Ademais, entregáronse dous accésits que levaron 2.000 euros cada un, o primeiro á deseñadora dos Ánxeles Julia Anne Luke e o segundo ao artista gráfico de Estonia Robi Joeleht, e unha mención especial -de igual contía económica que os dous anteriores- a Dorota Cichon, de Polonia.

Ao acto de entrega dos premios, celebrado en Vigo, asistiron máis de 400 personalidades entre as que, ademais do presidente da Xunta, se atopaban o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro, ou a subdelegada da Xunta na cidade, Lucía Morales, entre outros.

Máis de 45 países de todo o mundo participaron este ano no certame. De Europa destacaron, ademais de España -con 660 aspirantes-, Italia, Francia, Polonia, Rusia, Reino Unido, Ucraína, Estonia, Suecia ou Serbia.

Tamén houbo unha nutrida representación de países de América, cómpre sinalar a EUA, Canadá, Barbados, México, Cuba ou Porto Rico; de África recibíronse propostas de Sudáfrica, Tunisia ou Mauricio.

Medio: DIARIO DE PONTEVEDRA
Sección: Vivir aquí / Cultura
Data: 11/12/09
País: España

Entrega premios 8º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón

 

O deseñador valenciano ángel Luis González gaña o VIII Concurso Francisco Mantecón de Deseño Ver nova


Más de 1.400 obras de todo o mundo participaron este ano no Concurso Francisco Mantecón de Deseño, que convocan as adegas Terras Gauda. A entrega de premios tivo lugar onte en Vigo e estivo presidida por Alberto Núñez Feijóo. O gañador do primeiro premio (10.000 euros) foi o deseñador valencián ángel Luis González. DP

 

Medio: ATLáNTICO DIARIO
Sección: Vigo 10
Data: 10/12/09
País: España

JOSé MARíA FONSECA MORETóN
presidente de bodegas terras gauda

"Arte e viño son unha boa combinación en case todo" Ver nova

Como presidente de Bodegas Terras Gauda, José María Fonseca Moretón exercerá hoxe de anfitrión na entrega dos premios de cartelaría Francisco Mantecón.

José María Fonseca Moretón presidente de Bodegas Terras Gaudavigo
ANA BAENA

Naceu en Ourense en 1950 e licenciouse na primeira promoción de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela. Técnico do Ministerio de Traballo e asesor financeiro, aventurouse no mundo do viño levado pola afección, xurdida a través do seu contacto coa enoloxía, ao organizar os cursos de formación ocupacional do INEM. Actualmente preside Bodegas Terras Gauda, referente na produción de Rías Baixas e organizador dun dos concursos de cartelismo publicitario de maior relevancia internacional, o Francisco Mantecón. Hoxe, ás 20 horas, Los Escudos acolle a gala de entrega de premios, elixidos por un xurado, presidido por Fonseca Moretón.

- Que ten que ter un gañador do Francisco Mantecón?

- A decisión non é miña, depende do xurado. Pero, en liñas xerais, búscanse dous aspectos: un alto nivel artístico e creativo, e que sexa contundente e chame a atención, non podemos esquecer que son carteis publicitarios.

- A arte e mais o viño son unha boa combinación?

- Son unha boa combinación en case todo. Os países do arco mediterráneo da vella Europa, con tradición vinícola, son berce de artistas. Resulta complicado concibir a nosa cultura sen viño, e sempre vén da man da arte, até na tradición relixiosa.

- Co prestixio conseguido polo albariño, segue a precisar cartel de presentación?

- Sempre é bo. O descubrimento no resto do mundo das bondades do Albariño e outras cepas nobres autóctonas de Galicia é relativamente recente fronte ás francesas ou alemás, que levan moitos anos de historia, e en ocasións sen tantos méritos. Unha parte do noso obxectivo logrouse, pero temos que seguir profundando para converter estes viños nun referente. Ao albariño fáltalle dar o salto ao gran público.

"Ao darse a coñecer fóra, parte do obxectivo logrouse, pero ao albariño lle falta dar o salto ao gran público"

- Malia os logros como o "etiqueta negra", resístense os crianza con cepas galegas?

- O "etiqueta negra" non é un crianza en si; é un fermentado en barrica de carballo novo. Nos crianza nos viños brancos das características do albariño aínda hai moito que andar. O seu gran potencial radica na explosión de aromas e na frescura dos viños elaborados sen crianza. Pódese sofisticar e conseguir que as súas características se conserven máis tempo en botella, pero neste campo a enoloxía aínda ten moito que achegar. Hai avances pero para comercializalo hai que manter a calidade da produción.

- E os tintos son a materia pendente do sector galego?

- É unha materia pendente e complicada. Aínda que hai un potencial enorme en Galicia cunha gran variedade de cepas nobres, é difícil facerse un oco entre os tintos. Pero se vai avanzando.

José María Moretón estará hoxe na entrega de premios Francisco Mantecón.

Medio: INTERVIÚ
Sección: Panorama
Data: 02/11/09
País: España

Bodegas Terras Gauda1.400 carteis para un premio Ver nova

 

O 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón pechou o pasado 30 de setembro a admisión de candidatos, con máis de 1.400 carteis presentados. As súas orixes son diversas, aínda que desta volta Italia destaca con 360 carteis, e o continente americano, con máis de 200. O concurso, patrocinado pola adega Terras Gauda, concede un primeiro premio, tres accésits e unha mención especial; en total, 14.000 euros para premiar un clásico da publicidade e da comunicación, o cartelismo.

 

Medio: ABC
Sección: Galicia
Data: 28/10/09
País: España

O xurado do Francisco Mantecón reúnese para un primeiro cribadoVer nova

E.PéREZ
VIGO. O Concurso de Cartelismo Francisco Mantecón, que como cada ano convoca Bodegas Terras Gauda, está próximo a desvelar os seus finalistas. Precisamente por este motivo reuniuse o xurado desta oitava edición o pasado fin de semana. Unha decisión difícil máxime cando medra a participación como neste caso. Artistas gráficos de 45 países decidiron presentar as súas propostas, 1.400 carteis, cunha destacada participación de España e Italia, con 660 e 360 respectivamente. Outros de Sri Lanka, Barbados e Tunisia irrompen, sendo a novidade.

Outros deseñadores gráficos de países como Mauricio, Sudáfrica, India, China, Cuba ou Rusia, entre outros, confirman a proxección mundial dun certame que anualmente reúne a vangarda do deseño internacional.

Medio: LA VOZ
Sección: La Mirilla
Data: 27/10/09
País: España

A calidade do viño importa, mais a da etiqueta tamén Ver nova

CRóNICA
B.R.Sotelino

Bodegas Terras GaudaDeliberacións no Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. As Bodegas Terras Gauda andan estes días xa inmersas nos asuntos estéticos que tamén forman parte da identidade dunha marca que, ademais de preocuparse polo fondo, coida moito as formas. A firma do Rosal acolleu este fin de semana a reunión do xurado do 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón para seleccionar os carteis finalistas e premiados entre máis de 1.400 obras procedentes de 45 países de todo o mundo. O deseñador neoiorquino Taber Calderón, que gañou o primeiro premio o ano pasado, viaxou desde Estados Unidos para asistir á reunión do xurado, que estivo presidida por José Mª Fonseca Moretón, presidente de Terras Gauda, e na que participaron o prestixioso deseñador Pep Carrió, o director de arte da revista Elle, Javier Martínez Vidal; Pilar Barreiro Mosquera, filóloga e viúva de Francisco Mantecón; Enrique Costas Rodríguez, director xeral de Bodegas Terras Gauda, e Paulino Novo Folgueira, filólogo que actuou como secretario. Dos máis de 1.400 carteis que concursan nesta edición, 660 están asinados por artistas gráficos de España, e destaca a elevada participación de deseñadores italianos, un total de 360. Por primeira vez enviaron as súas propostas deseñadores gráficos de Sri Lanka, Barbados e Tunisia a un certame, no que máis un ano hai representantes de países dos cinco continentes. O certame repartirá 14.000 euros en metálico entre os gañadores (10.000 euros para o 1º premio e dous accésits de 2.000 euros cada un), así como unha mención especial. Os Premios de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón queren ser unha homenaxe ao irrepetible creador e artista, que ademais de moitas outras cousas, alumou co seu talento e singular mestría todo o que tivo que ver coa imaxe en Bodegas Terras Gauda desde o seu nacemento.

Medio: Revista SOBREMESA
Sección: últimos tragos
Data: Septiembre 2009
País: España

PREMIOS FRANCISCO MANTECóN premios Francisco Mantecón

Arte na botella Ver nova


O máis acreditado e extenso certame de carteis publicitarios vinculados ao viño, de ampla convocatoria internacional, e que foi creado e patrocinado pola adega Terras Gauda (D.O. Rías Baixas), celebrou en Madrid a convocatoria da súa oitava edición, reforzando o seu carácter de referencia para o mundo do deseño gráfico en todo o mundo. Máis de 6.500 carteis de máis de 70 países participaron nas súas anteriores convocatorias. No acto presidido por José María Fonseca, alma mater de Terras Gauda, e pola secretaria xeral de Medio Rural, Alicia Villauriz, interviñeron Paloma Segrelles, presidenta de Siglo XXI, o deseñador gráfico Pep Carrió, membro relevante do xurado de especialistas, e o xornalista Fernando ónega, que exerceu de mestre de cerimonias. Os premios convocados ascenden a 14.000 euros, ademais da exposición dos traballos finalistas.

Medio: REVISTA SPOTSZ
Sección:Galicia
Data: Setembro 2009
País: Austria

Einreichfrist: 30. September

Internationaler Wettbewerb für Werbeplakate "Francisco Mantecón" Ver nova

Ausgeschrieben von: Weinkellereien Bodegas Terras Gauda
Infos: www.franciscomantecon.com

Data límite: 30 de Setembro

Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo "Francisco Mantecón"

Organizado por: Bodegas Terras Gauda
Información: www.franciscomantecon.com

Medio: EL DIARIO LA PRENSA
Sección: Noticias de Nueva York
Data: 02/09/09
País: EE.UU.

Comunidad

Concurso internacional de cartelismo publicitario Ver novaCartel Ganador 7º Concurso Internacional Francisco Mantecón

A adega española Terras Gauda convoca o «Oitavo Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón», ao que están citados máis de 65.000 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de 180 países de todo o mundo e que nas edicións anteriores deu reunido a vangarda do deseño internacional.

O concurso repartirá 14.000 euros en premios, e nas súas edicións anteriores deu reunido a vangarda do deseño internacional. Nelas concursaron máis de 6.500 carteis asinados por artistas gráficos dos cinco continentes.

Convídase a todos os deseñadores e artistas a participaren no único certame destas características organizado por unha adega no ámbito internacional.

Así mesmo, deuse a coñecer que Pep Carrió, prestixioso deseñador gráfico cunha importante traxectoria profesional internacional, formará parte do xurado este ano tomando o lugar doutras recoñecidas figuras do deseño que participaron en edicións anteriores, como Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Isidro Ferrer e Manuel Estrada.

Máis de 6.500 obras de artistas de 70 países de todo o mundo concursaron nas 7 primeiras edicións do certame.

O primeiro premio correspondeu o ano pasado ao deseñador neoiorquino Taber Calderón, cunha obra elixida entre 1.500 asinadas por prestixiosos artistas gráficos de diferentes países, como Armenia, Bangladesh, Chipre, Corea do Sur, Filipinas, Grecia, Hong Kong, Indonesia, Kuwait, Letonia, Malta, Nicaragua, Nixeria, Nova Zelandia, Paquistán, Paraguai, Porto Rico, Principado de Andorra, Sudáfrica ou Suecia. Para máis información sobre o Oitavo Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, diríxanse a: comunicacion@terrasgauda.com ou visiten a páxina de Internet www.franciscomantecon.com.

Medio: Revista proyectoD.com
Data: 01/09/09
País: Colombia

Ver nova

1 de xullo de 09 – 30 de setembro de 09
8º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón
Lugar : Internet
www.terrasgauda.com
España, Europa

Poden participar neste concurso tanto artistas gráficos como escolas de deseño e universidades, sen límites en canto a nacionalidade. Os orixinais deberán ser inéditos e realizados con calquera técnica pictórica, fotográfica, informática... e un máximo de dúas obras por participante. O tema será libre e preferentemente reflectirá aspectos corporativos da entidade convocadora, nomeadamente os relativos aos seus viños brancos da variedade Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio.

Medio: CONGO PLUS
Sección: Arts et Culture (Arte y Cultura)
Data: 23/07/09
País: Congo

PLUS DE 1.500 DESSINATEURS DU CONGO SONT INVITÉ S À PARTICIPER AU 8º CONCOURS FRANCISCO MANTECÓN Ver nova

Bodegas TERRAS GAUDA, qui répartira 14.000 euros en prix, a réussi à réunir l´avant-garde du dessin international lors des antérieures éditions, auxquelles ont concouru plus de 6.500 affiches publicitaires signées par des artistes graphiques des cinq continents.

8ème Concours Francisco MantecónLa société vinicole espagnole TERRAS GAUDA présente le 8º Concours International d´Affiche Publicitaire Francisco Mantecón, auquel sont convoqués plus de 65.000 artistes graphiques, ateliers de dessin et universités de 180 pays du monde entier, et qui lors des 7 premières éditions a réussi à réunir l´avant-garde du dessin international.

Bodegas TERRAS GAUDA répartira 14.000 euros en espèces parmi les gagnants, qui auront l´opportunité de participer à l´unique concours de ces caractéristiques organisé par une société vinicole au niveau international.

Pep Carrió, prestigieux dessinateur graphique d´importante carrière professionelle nationale et internationale, fera partie du jury cette année et prendra à témoin d´autres personnes reconnues du dessin qui ont participé dans des éditions antérieures, comme Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Isidro Ferrer et Manuel Estrada.

Plus de 6.500 oeuvres d´artistes de 70 pays du monde entier ont concouru dans les 7 premières éditions du concours. Le premier prix a été remporté l´année dernière par le dessinateur Taber Calderón (USA), avec une oeuvre élue parmi 1.400 signées par de prestigieux artistes graphiques de différents pays, comme d'Arménie, du Bangladesh, de Chypre, Corée du Sud, Philipines, Grèce, Hong Kong, Indonésie, Koweit, Lettonie, Malte, Nicaragua, Nigéria, Nouvelle-Zélande, Pakistan, Paraguay, Principauté d´ Andorre, Puerto Rico, Afrique du Sud ou Suède.

Bodegas TERRAS GAUDA compte 160 hectares de vignoble propre en Galice (Espagne) et a commercialisé l´année dernière sur 36 marchés d´Europe, Asie et Amérique plus de 1,5 millions de bouteilles des trois vins Albariños: TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA ÉTIQUETTE NOIRE et ABADÍA DE SAN CAMPIO.

comunicacion@terrasgauda.com
www.franciscomantecon.com

MÁIS DE 1500 DEBUXANTES DO CONGO ESTÁN CONVIDADOS A PARTICIPAR NO 8º CONCURSO "FRANCISCO MANTECÓN"

Bodegas TERRAS GAUDA, que repartirá 14.000 euros en premios, deu reunido a vangarda do debuxo internacional en edicións anteriores, nas que se chegaron a presentar 6.500 carteis publicitarios asinados por artistas gráficos dos cinco continentes.

A empresa vinícola española TERRAS GAUDA presenta o 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario "Francisco Mantecón", ao que se convocan máis de 65.000 artistas gráficos, obradoiros de debuxo e universidades de 180 países de todo o mundo, que nas súas 7 primeiras edicións deu reunido a vangarda do debuxo internacional.

Bodegas TERRAS GAUDA repartirá 14.000 euros en metálico entre os gañadores, que terán a oportunidade de participar no único concurso destas características que organiza unha empresa vinícola a escala internacional.

Pep Carrió, un prestixioso debuxante gráfico cunha importante carreira profesional, tanto a escala nacional como internacional, formará parte do xurado deste ano, que terá como testemuñas outros recoñecidos debuxantes que xa participaron en edicións anteriores, como son Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Isidro Ferrer e Manuel Estrada.

Nas 7 primeiras edicións do concurso concorreron máis de 6.500 obras de artistas de 70 países de todo o mundo. O primeiro premio gañouno a pasada edición o debuxante Taber Calderón (de EUA), cunha obra que foi seleccionada entre as 1.400 presentadas e asinadas por prestixiosos artistas gráficos de distintos países, por exemplo Armenia, Bangladesh, Chipre, Corea do Sur, Filipinas, Grecia, Hong Kong, Indonesia, Kuwait, Letonia, Malta, Nicaragua, Nixeria, Nova Zelandia, Paquistán, Paraguai, Principado de Andorra, Porto Rico, República Surafricana ou Suecia.

Bodegas TERRAS GAUDA conta con 160 hectáreas de viñedos propios en Galicia (España) e comercializou o ano pasado en 36 mercados de Europa, Asia e América máis de 1,5 millóns de botellas dos tres viños albariños: TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA ETIQUETA NEGRA e ABADÍA DE SAN CAMPIO.

comunicacion@terrasgauda.com
www.franciscomantecon.com

Medio: LA VOZ DEL INTERIOR
Sección: Economía
Data: 19/07/09
País: Arxentina

EVENTOS

Adega española convoca deseñadores de todo o mundo Ver nova

A adega española Terras Gauda realizará o 8º concurso internacional de cartelismo publicitario Francisco Mantecón, polo que repartirá 14 mil euros en premios. Nas edicións anteriores, concursaron 6.500 carteis asinados por artistas gráficos dos cinco continentes, concentrando a vangarda do deseño internacional. En 2008, a adega vendeu 1,5 millóns de botellas.
Informes: comunicacion@terrasgauda.com

Medio: DIARIO EL MERCURIO
Sección: Cultura
Data: 15/07/09
País: Ecuador

Concurso de Cartelismo Publicitario Ver nova

O 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado pola adega española TERRAS GAUDA, convida a participar máis de 1.800 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de Ecuador.

Bodegas TERRAS GAUDA repartirá 14.000 euros en metálico entre os gañadores, que terán a oportunidade de participar no único certame destas características organizado por unha adega a escala internacional. Máis información en www.terrasgauda.com ou www.franciscomantecon.com

Medio: ABC Hoy
Sección: Noticias de Tandil
Data: 13/07/09
País: Arxentina

CONCURSO INTERNACIONAL DE CARTELISMO Ver nova

Convocatoria a deseñadores arxentinos de todo o país

A adega española Terras Gauda convoca máis de 4.500 deseñadores arxentinos a participar no 8º concurso Francisco Mantecón.

Bodegas TERRAS GAUDA, que repartirá 14.000 euros en premios, deu reunido a vangarda do deseño internacional nas anteriores edicións, nas que concursaron máis de 6.500 carteis asinados por artistas gráficos dos cinco continentes.

A adega española TERRAS GAUDA presenta o 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, ao que están convocados máis de 65.000 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de 180 países de todo o mundo e que nas 7 primeiras edicións deu reunido a vangarda do deseño internacional.

Bodegas TERRAS GAUDA repartirá 14.000 euros en metálico entre os gañadores, que terán a oportunidade de participar no único certame destas características organizado por unha adega a escala internacional.

Pep Carrió, prestixioso deseñador gráfico cunha importante traxectoria profesional nacional e internacional, formará parte do xurado este ano tomando a remuda doutras recoñecidas figuras do deseño que participaron en edicións anteriores, como Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Isidro Ferrer e Manuel Estrada.

Máis de 6.500 obras de artistas de 70 países de todo o mundo concursaron nas 7 primeiras edicións do certame. O primeiro premio correspondeu o ano pasado ao deseñador neoiorquino Taber Calderón, cunha obra elixida entre 1.500 asinadas por prestixiosos artistas gráficos de diferentes países, como Armenia, Bangladesh, Chipre, Corea do Sur, Filipinas, Grecia, Hong Kong, Indonesia, Kuwait, Letonia, Malta, Nicaragua, Nixeria, Nova Zelandia, Paquistán, Paraguai, Porto Rico, Principado de Andorra, Sudáfrica ou Suecia.

Bodegas TERRAS GAUDA conta con 160 hectáreas de viñedo propio en Galicia (España) e o ano pasado comercializou en 36 mercados de Europa, Asia e América máis de 1,5 millóns de botellas dos tres viños Albariños: TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA ETIQUETA NEGRA e ABADÍA DE SAN CAMPIO.

Medio: AGDA Australian Graphic Design Association
Data: 26/06/09
País: Australia

Francisco Mantecón International Poster Design Competition – Call for entries Ver nova

Terras Gauda is inviting graphic designers and design students from all over the world to take part in their annual poster design competition, now in its 9th year.

The annual poster competition began in 2001 as a tribute to the artist Francisco Mantecón, who was responsible for designing the corporate image and artwork for Bodegas Terras Gauda, a Spanish based wine company.

Entrants can base their entries on a theme of their choice, but the concept should relate to white wines of the Albariño variety: Terras Gauda and Abadía de San Campio wines. Credit will be given for creativity and incorporation of the companys's logo into the design. The winning entry will form the basis of the company's advertising campaign for the next year.

First prize wins 10,000 euros, with two runners-up receiving 2,000 euros each.

Entries close at 6pm (Spanish time), on 30 September 2009.

For entry details and specifications, eligibility criteria and conditions, visit: www.franciscomantecon.com

Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón – Convocatoria

Terras Gauda convida deseñadores gráficos e estudantes de deseño de todo o mundo a participaren no seu concurso anual de cartelismo publicitario, o cal vai xa pola súa novena edición.

Este concurso anual de cartelismo publicitario celebrouse por vez primeira no ano 2001 en homenaxe ao artista Francisco Mantecón, que foi o encargado de deseñar a imaxe corporativa e o material gráfico da empresa vinícola española Bodegas Terras Gauda.

No tocante á temática da obra, os participantes poderán elixir calquera tema, aínda que deberá gardar relación cos viños brancos da variedade Albariño: os viños Terras Gauda e Abadía de San Campio. Valoraranse a creatividade e a inclusión do logotipo da empresa no deseño. A obra gañadora servirá como base para a campaña publicitaria da empresa durante o vindeiro ano.

Outorgarase un primeiro premio por valor de 10.000 euros e dous accésits por valor de 2.000 euros cada un.

A data límite de admisión de obras será o 30 de setembro ás 18 horas (hora española).

Se desexa obter información adicional e detallada, ou coñecer as condicións e as bases onde se estabelecen os requisitos necesarios para concursar, visite o sitio web: www.franciscomantecon.com

Medio: CITÉ DU DESIGN (Os concursos 2009)
Sección: Le concous 2009
Data: 24/06/09
País: Francia

8ème CONCOURS INTERNATIONAL DE DESSINS D´AFFICHES PUBLICITAIRES FRANCISCO MANTECON Ver nova

Organisateur : Bodegas Terras Gauda S.A.
Thème : design graphique
Dates : avant le 30 septembre 2009 à 18h
Cible : Toute personne physique ou morale, sans autre limitation que celles imposées par la légalité en vigueur, pourra participer à ce concours
Descriptif :
Les originaux, qui devront être inédits, seront présentés ou envoyés (avec justificatif d'envoi, les participants qui le souhaiteront) aux établissements de Bodegas Terras Gauda à O Rosal (Galicia, l'Espagne).

Le thème sera libre et reflètera de préférence des aspects corporatifs de l'organisme organisateur, notamment, ceux relatifs à ses vins blancs de la varieté Albariño Terras Gauda et Abadía de San Campio. On évaluera positivement la créativité dans ce sens et l'insertion de l'anagramme de la société.

Bodegas Terras Gauda mettra à la disposition de tous les dessinateurs qui le demanderont l'anagramme de la société en système vectorisé en vue de l'appliquer dans les ouvrages, ainsi que des images de ses produits. Ils seront disponibles sur www.terrasgauda.com ET www.franciscomantecon.com.

Un prix et deux accessits seront décernés. Les dotations économiques seront les suivantes:
10.000 (DIX MILLE) euros pour le premier prix
2.000 (DEUX MILLE) euros pour chacun des deux accessits.
La cave se réserve le droit d'accorder une mention spéciale.

Contact :
http://www.franciscomantecon.com
ou
Bodegas Terras Gauda, S. A.
Téléphone +0034 986 621 111 / +0034 981 227 200
Fax +0034 986 621 084
E-mail: comunicacion@terrasgauda.com

8º CONCURSO INTERNACIONAL DE CARTELISMO PUBLICITARIO FRANCISCO MANTECÓN

Organizador: Bodegas Terras Gauda S.A.
Tema: debuxo gráfico
Datas: antes do 30 de setembro de 2009 ás 18:00 horas.
Poderá participar neste concurso calquera persoa física ou colectiva, sen outras limitacións que as impostas pola legalidade vixente.
Descritivo:
Os orixinais, que deberán ser inéditos, presentaranse ou se enviarán (con xustificante de envío, os participantes que así o desexen) ás oficinas de Bodegas Terras Gauda no Rosal (Galicia, España).

O tema será libre e reflectirá preferentemente aspectos corporativos do organismo organizador, en especial os relacionados cos viños brancos da variedade Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio. Avaliarase positivamente a creatividade neste sentido e a inserción do anagrama da empresa.

Adegas Terras Gauda porá ao dispor de todos os debuxantes que o soliciten o anagrama da empresa nun formato sectorizado, co fin de poder incluílo nas obras, así como as imaxes dos seus produtos. Estarán dispoñibles na web www.terrasgauda.com e www.franciscomantecon.com.

Concederanse un premio e dous accésits. A dotación económica será a seguinte:
10.000 (DEZ MIL) euros para o primeiro premio
2.000 (DOUS MIL) euros para cada un dos dous accésits.
A adega reserva o dereito a conceder unha mención especial.

Contacto:
http://www.franciscomantecon.com o
Bodegas Terras Gauda, S. A.
Teléfonos: +0034 986 621 111 / +0034 981 227 200
Fax: +0034 986 621 084
Correo electrónico: comunicacion@terrasgauda.com

Medio: UDB Union des Designes en Belgique
Data: 20/06/09
País: Bélxica

Award of 14.000 euros Ver nova

THE SPANISH WINERY TERRAS GAUDA HAS CALLED UPON MORE THAN 65.000 DESIGNERS FROM 180 COUNTRIES AROUND THE WORLD TO PARTICIPATE IN THE 8TH EDITION OF THE FRANCISCO MANTECÓN COMPETITION

TERRAS GAUDA wineries, which will award 14.000 euros in prize money, has united those on the cutting edge of international design from earlier editions, in which more than 6.500 posters competed, signed by graphic artists from all five continents.

The Spanish winery TERRAS GAUDA presents the 8th Edition of the Francisco Mantecón International Advertising Poster Design Competition, calling upon more than 6.500 graphic artists, design studios and universities in 180 countries throughout the world. In its first seven editions, this competition managed to assemble the cutting edge of international design.

TERRAS GAUDA wineries has increase the prize amount, and will award 14.000 euros in cash to the winners, who will have the opportunity to participate in the only competition of this kind organized by a winery at an international level.

Pep Carrió, a prestigious graphic designer with significant national and international career experience, will participate on the panel of judges this year, taking over for other well-known figures in the world of design who participated in the previous editions, such as Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Isidro Ferrer and Manuel Estrada.

Over 6.500 works from artists from 70 countries around the world have competed in the first seven editions of this competition. Last year, the first prize was awarded to the designer Taber Calderón (New York) , for his work which was selected among 1.500 others signed by prestigious graphic artists from different countries such as Armenia, Bangladesh, Cyprus, South Korea, the Philippines, Greece, Hong Kong, Indonesia, Kuwait, Latvia, Malta, Nicaragua, Nigeria, New Zealand, Pakistan, Paraguay, the Principality of Andorra, Puerto Rico, South Africa and Sweden.

TERRAS GAUDA wineries owns 160 hectares of their own vineyards in Galicia (Spain). Last year alone, in 36 markets in Europe, Asia and America, they marketed over 1.5 million bottles of their three Albariñowines: TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA BLACK LABEL and ABADÍA DE SAN CAMPIO.

Website: http://www.franciscomantecon.com
Inschrijven: comunicacion@terrasgauda.com

Premio de 14.000 euros

A ADEGA ESPAÑOLA TERRAS GAUDA CONVOCOU MÁIS DE 65.000 DESEÑADORES DE 180 PAÍSES DE TODO O MUNDO A PARTICIPAREN NA 8ª EDICIÓN DO CONCURSO FRANCISCO MANTECÓN

Bodegas TERRAS GAUDA, que concederá premios por un valor total de 14.000 euros, deu unido a vangarda do deseño internacional en anteriores edicións, nas que competiron máis de 6.500 carteis, asinados por artistas gráficos dos cinco continentes.

A adega española TERRAS GAUDA presenta o 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que convoca máis de 6.500 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de 180 países de todo o mundo. Nas súas anteriores sete edicións, este concurso deu reunido a vangarda do deseño internacional.

Bodegas TERRAS GAUDA aumentou o valor do premio e entregará 14.000 euros en efectivo aos gañadores, os cales terán a oportunidade de participar no único concurso deste tipo organizado por unha adega a escala internacional.

Pep Carrió, un prestixioso deseñador gráfico cunha importante carreira tanto a escala nacional como internacional, será un dos membros do xurado deste ano, ocupando o lugar doutras coñecidas figuras do mundo do deseño que participaron en anteriores edicións, como Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Isidro Ferrer e Manuel Estrada.

Nas anteriores sete edicións deste concurso participaron máis de 6.500 obras de artistas procedentes de 70 países de todo o mundo. Na edición do ano pasado, o gañador do primeiro premio foi Taber Calderón (Nova York), por unha obra seleccionada de entre outras 1.500 realizadas por prestixiosos artistas gráficos de distintos países, como Armenia, Bangladesh, Chipre, Corea do Sur, Filipinas, Grecia, Hong Kong, Indonesia, Kuwait, Letonia, Malta, Nicaragua, Nixeria, Nova Zelandia, Paquistán, Paraguai, o Principado de Andorra, Porto Rico, Sudáfrica e Suecia.

Bodegas TERRAS GAUDA posúe 160 hectáreas de viñedos na rexión de Galicia (España). Só no último ano, estas adegas deron comercializado en 36 mercados de Europa, Asia e América máis de 1,5 millóns de botellas dos seus tres viños Albariño: TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA ETIQUETA NEGRA e ABADÍA DE SAN CAMPIO.

Sitio Web: http://www.franciscomantecon.com
Inscripciones: comunicacion@terrasgauda.com

Medio: BURG Giebichenstein Hochsule für Kunst und Design Halle
Data: 25/05/09
País: Alemaña

8. Internationaler Wettbewerb für Plakate "Francisco Mantecón" Ver nova

Einsendeschluss: 30. September 2009

8. Internationaler Wettbewerb für Plakate Francisco Mantecón

Die Designpreise für Werbeplakate "Francisco Mantecón" sind eine Huldigung an diesen Mann, an diesen lieben Freund und an den unvergleichlichen Schöpfer und Künstler, der mit seinem Talent und seinem einzigartigen Genie alles verzauberte, was mit dem Image der Bodegas Terras Gauda seit ihrer Gründung zusammenhängt. Aus tiefem Respekt für sein Werk sollen auch den neuen Künstlern Horizonte geöffnet werden.

Francisco Mantecón wurde in Vigo im Jahre 1948 geboren. Nach Abschluß seines Studiums der Schönen Künste in der Schule San Jorge in Barcelona nahm er an mehr als 100 individuellen und kollektiven Ausstellungen teil und entwickelte eine intensive Aktivität als Dozent und auf kreativem Gebiet. Er war Mitglied der Atlántida-Gruppe und auch in anderen avantgardistischen Bewegungen aktiv. Er war besessen vom Perfektionismus des Hintergrunds und der Form, aufgrund seiner Kultur, Kreativität und seines Talentes wurde er eine unbestreitbare Referenz in der Welt der Plastischen Künste und des Grafikdesigns in Galicien.

Weitere Informationen sowie die genauen Teilnahmebedingungen finden Sie unter:
Links: www.franciscomantecon.com

8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario "Francisco Mantecón"

Data de admisión das candidaturas: 30 de setembro de 2009

8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario «Francisco Mantecón»

Os premios para o deseño de carteis publicitarios son unha homenaxe a este home, amigo moi querido, creador e artista incomparable, que enfeitizou co seu talento e a súa mestría incomparable e que está ligado con todo aquilo que ten que ver coa imaxe de Bodegas Terras Gauda desde a súa fundación. Cun profundo respecto perante a súa obra, queremos así mesmo abrir horizontes aos novos creadores.

Francisco Mantecón naceu en Vigo no ano 1948. Despois de rematar a súa carreira en Belas Artes na Escola San Jorge en Barcelona, participou en máis de 100 exposicións individuais e colectivas, desenvolvendo unha intensa actividade como docente e destacando pola súa creatividade. Formou parte do grupo "Atlántida", participando ademais noutros movementos de vangarda. A súa obsesión por perfeccionar o fondo e a forma, grazas á súa cultura, á súa creatividade e ao seu talento, chegou a ser un referente indiscutible no mundo da plástica e do deseño gráfico en Galici.

Para conseguir unha maior información e outros datos sobre as condicións de participación, poden consultar o seguinte sitio web:
www.franciscomantecon.com

Medio: ON DISEÑO
Data: Setembro 2009
País: España

Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón Ver nova

Na súa oitava edición, o concurso propón o deseño dun cartel publicitario que será a imaxe desta adega durante o vindeiro ano en España e no mercado internacional. O tema do concurso será libre e deberá reflectir aspectos corporativos da entidade, especialmente os relativos aos seus viños brancos. Así mesmo, valorarase o encaixe do logotipo da empresa no cartel, que poderá ser realizado con calquera técnica pictórica, fotográfica ou informática. O xurado, que contará con Pep Carrió (Estudio Carrió Sánchez Lacasta) como deseñador de referencia, outorgará un primeiro premio dotado con dez mil euros e dous accésits, dotados con dous mil euros cada un. O certame está aberto a artistas, deseñadores e estudios de todo o mundo e o seu obxectivo é contribuír á recuperación do cartelismo. O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro de 2009.

Bodegas Terras Gauda. Pontevedra
www.franciscomantecon.com

Medio: ÉPOCA
Sección: La Vida (A Vida)
Data: 01/08/09
País: España

Concurso de cartelismo publicitario Ver nova

BODEGAS Terras Gauda reuniu en xullo no Hotel Ritz de Madrid máis de 300 personalidades do mundo cultural, político e diplomático na presentación do oitavo concurso internacional de cartelismo publicitario Francisco Mantecón, ao que están convocados máis de 65.000 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de 180 países de todo o mundo. Bodegas Terras Gauda repartirá 14.000 euros en metálico en premios nesta edición do concurso, cuxo prazo para presentar as obras remata o vindeiro 30 de setembro.

Medio: DIEZ MINUTOS
Sección: de Viaje (de Viaxe)
Data: 08/07/09
País: España

Cita para artistas

Concurso de cartelismo publicitario Francisco Mantecón Ver nova

Xa está en marcha o 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón convocado por Bodegas Terras Gauda. Máis de 6.500 carteis de prestixiosos deseñadores de 70 países de todo o mundo participaron nas sete edicións anteriores. Bodegas Terras Gauda concederá un premio de 10.000 euros ao gañador e dous accésits de 2.000 euros. Poderás presentar os teus traballos até o vindeiro 30 de setembro.

Concurso de cartelismo publicitario Francisco Mantecón.
Bodegas Terras Gauda. Pontevedra.
Aberto o prazo até o 30 de setembro.
Información e bases do concurso en www.franciscomantecón.com

Medio: DIARIO DE AVISOS
Sección: Cultura
Data: 17/07/09
País: España

GALICIA

Terras Gauda convoca os artistas gráficos das Illas Ver nova

Bodegas Terras Gauda, de Galicia, convoca máis de 800 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades das Illas Canarias ao VIII Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que repartirá 14.000 euros en metálico en premios. En total están chamados a participar máis de 65.000 deseñadores de 180 países.

Medio: LA OPINIÓN DE MURCIA
Sección: Sinfin
Data: 01/08/09
País: España

Concurso

A cita do cartel Ver nova

P.H.
Máis de 600 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de Murcia están convocados a participar no 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, promovido por Bodegas Terras Gauda. Así o sinalou onte a organización nun comunicado no que ademais informou de que se repartirán 14.000 euros en metálico en premios.

As mesmas fontes anunciaron que se espera a participación de máis de 65.000 deseñadores, prestixiosas asociacións nacionais e internacionais e universidades de Belas Artes de 180 países de Europa, Asia, África, América e Oceanía.

O premio Francisco Mantecón acada unha importante repercusión internacional polo envío de información a máis de 10.400 medios de comunicación de todo o mundo.

Profesionais tan relevantes como Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Manuel Estrada e Isidro Ferrer formaron parte do xurado como deseñadores de referencia en edicións anteriores. Este ano exercerá esta función o deseñador Pep Carrió, do estudio Carrió Sánchez Lacasta, que, entre outros premios, obtivo o Graphis Poster 2010 Gold Award. O deseñador neoiorquino Taber Calderón tamén será xurado logo de gañar o concurso o ano pasado. O cartel asinado por Calderón, que está a ser imaxe da adega este ano, foi elixido entre máis de 1.400 obras de países como Cuba, Corea, Mauricio, Nicaragua, Xapón e Xeorxia, entre outros.

A elevada presenza de artistas de prestixio contribuíu a que este concurso se situase «como unha das grandes citas anuais do deseño gráfico internacional», destacou a organización. Tamén influíu a importante difusión nos medios internacionais. Só nas dúas últimas edicións publicáronse 370 noticias sobre o concurso en medios de carácter xeral, especializados e páxinas web de países de todo o mundo.

O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro. Os interesados poden obter máis información na seguinte páxina: www.franciscomantecon.com.

Medio: LA VOZ DE GALICIA
Sección: La Mirilla (A Mira)
Data: 24/06/09
País: España

Terras Gauda abre o escaparate das tendencias de deseño gráfico Ver nova

CRONICA
Soledad Antón

O premio Francisco Mantecón volve subir o pano. Por oitavo ano consecutivo Terras Gauda abre este escaparate internacional de tendencias en deseño gráfico no que rematou por se converter o certame. Coa comprensible satisfacción dos seus inventores, que ven como cada ano que pasa medra o seu prestixio dentro e fóra de España.

En total están convidados a participar 65.000 artistas gráficos de 180 países. Nos sete anos precedentes xa o fixeron máis de 6.500. Algunhas obras chegaron desde ben lonxe (Xapón, Estados Unidos, Singapur, Lituania, Australia...); outras desde moito máis preto, mais cun denominador bastante común: a calidade e a creatividade. De feito o xurado anda de cabeza para elixir unha obra entre tan prolixa produción.

Froito de tantas dificultades como atopan os xuíces, sempre comandados por José María Fonseca, terminaron por decidir conceder senllos accésits. Como tampouco semellaba abondo dada a avalancha de creatividade que reciben cada ano, o pasado acordaron organizar unha exposición coas 35 obras finalistas. Se a recepción de orixinais segue a medrar de xeito tan exponencial como o fixo até o de agora terán que pensar en ampliar a mostra. Tempo ao tempo.

Un acerto para impulsar o certame no seu día (hoxe xa é suficientemente coñecido) foi contar con padriños tan relevantes como Javier Mariscal, Óscar Mariné ou Manuel Estrada, que formaron parte do xurado como deseñadores de referencia en edicións anteriores. O padriño deste ano será Pep Carrió, cuxo currículo está trufado de premios. As súas imaxes, por exemplo, ilustran a biblioteca Vargas Llosa da editorial Alfaguara. Asinou así mesmo traballos para organismos tan variados como o Ministerio de Cultura, o Banco de España ou o Museo Thyssen.

Ademais do propio Fonseca e de Pilar Barreiro, viúva de Francisco Mantecón, o único que ten garantida unha praza fixa no xurado é o gañador do ano anterior. Iso implica que nesta ocasión percorrerá de punta a cabo a adega rosaleira (é onde se instalan os incontables paneis callados de carteis) o neoiorquino Taber Calderón, que foi o último en embolsar o cheque dos 10.000 euros. Aínda que, en realidade, foi o primeiro que o fixo, xa que até o 2008 a dotación do premio era de 6.000 euros.

Os potenciais interesados teñen de prazo até o próximo 30 de setembro para presentar os traballos. As respostas a calquera dúbida que se lles presenten poden atopalas na páxina web da adega. Sorte.

Medio: FARO DE VIGO
Sección: Sociedad
Data: 24/06/09
País: España

Terras Gauda convoca o premio Mantecón a 65.000 deseñadores Ver nova

A adega convida artistas gráficos de máis de 180 países a participaren no concurso e crearen o seu novo cartel publicitario

ANA SAÁ . Vigo
Máis de 65.000 artistas gráficos de 180 países diferentes están chamados ao 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, dotado cun premio de 10.000 euros e que busca unha nova imaxe para dar publicidade á adega do Baixo Miño Terras Gauda. «A contundencia e a plasticidade dunha imaxe nun cartel é única», sinalou José María Fonseca, presidente de Terras Gauda, onte na presentación da convocatoria.

Os estudios e as escolas de Arte e Deseño e as universidades de Belas Artes dos cinco continentes participarán nesta nova edición. O presidente de Terras Gauda lembrou que os últimos tres carteis gañadores pertencían a estudios de deseño internacional.

«Unha imaxe vale máis que mil palabras e o cartel que buscamos ten que chamar a atención e ademais debe asociarse aos nosos produtos», explicou José María Moretón.

Pola súa banda, o director xeral da adega, Enrique Costas, lembrou a esencia para o cartel de Terras Gauda. «é moi importante a frescura e a diversidade de estilos», asegurou.

O prazo de presentación das obras remata o 30 de setembro. O gañador percibirá un premio de 10.000 euros e a adega concederá dous accésits de 2.000 euros cada un. Entre os membros do xurado atópase Pilar Barreiro, viúva de Francisco Mantecón.

Medio: LA TRIUNA DE ALBACETE
Sección: Vivir
Data: 13/08/09
País: España

PREMIOS

Bodegas Terras Gauda convoca o oitavo concurso internacional de cartelismo Ver nova

REDACCION | ALBACETE

Máis de 6.500 carteis procedentes de 70 países de todo o mundo participaron nas sete primeiras edicións do Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón, que cada ano amosa a evolución do cartelismo internacional na sociedade actual.

Bodegas Terras Gauda convoca máis de 800 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de Castela-A Mancha ao Oitavo Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que repartirá 14.000 euros en metálico en premios. En total están chamados a participar máis de 65.000 deseñadores, prestixiosas asociacións nacionais e internacionais e Universidades de Belas Artes de 180 países de Europa, Asia, África, América e Oceanía.

O Premio Francisco Mantecón acada unha importante repercusión nos medios internacionais polo envío de información a unha base de máis de 10.400 medios de comunicación de todo o mundo, e converteuse en escaparate das tendencias de deseño gráfico internacional, contribuíndo a recuperar a vixencia do cartelismo na sociedade actual.

Profesionais da relevancia de Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Manuel Estrada e Isidro Ferrer formaron parte do xurado como deseñadores de referencia en edicións anteriores. No Oitavo Concurso Francisco Mantecón exercerá esta función o prestixioso deseñador Pep Carrió, do Estudio Carrió Sánchez Lacasta. O deseñador neoiorquino Taber Calderón tamén formará parte do xurado ao ser o gañador do concurso en 2008. O cartel asinado por Calderón que está a ser a imaxe da adega este ano foi elixido entre máis de 1.400 obras de países como Cuba, Corea, Mauricio, Nicaragua, Paquistán, Serbia, Singapur, Sudáfrica, Xapón ou Xeorxia.

A elevada presenza de artistas ligados a universidades e escolas de deseño contribuíu a que o Concurso Francisco Mantecón se situase xa como unha das grandes citas anuais do deseño gráfico internacional, e a recepción de obras para o mesmo remata o 30 de setembro de 2009.

Medio: MÁLAGA HOY
Sección: Vivir en Málaga
Data: 12/08/09
País: España

Concurso de cartelismo publicitario Francisco Mantecón Ver nova

Bodegas Terras Gauda convoca o oitavo Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que repartirá 14.000 euros en premios. O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro. Nas anteriores edicións, o xurado estivo formado por deseñadores como Javier Mariscal e Alberto Corazón.

CONVOCATORIA

Máis información e bases na web www.franciscomantecon.com

Medio: DIARIO DE SEVILLA
Sección: Vivir en Sevilla
Data: 28/07/09
País: España

Concurso de cartelismo Ver nova

Bodegas Terra Gauda convoca o VIII Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que repartirá 14.000 euros en premios. Entre o xurado do certame destaca o deseñador Pep Carrió.

PRESENTACIÓN

Até o 30 de setembro. Máis información: "www:franciscomantecon.com".

Medio: LANZA
Sección: Ciudad Real
Data: 21/07/09
País: España

VIII Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario con máis de 14.000 euros en premios Ver nova

LANZA/ CIUDAD REAL

Bodegas Terras Gauda convoca máis de 800 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de Castela-A Mancha ao VIII Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que repartirá 14.000 euros en metálico en premios.

Uns premios que xa contaron con presenza de Ciudad Real. Así, dos máis de 1.400 carteis que se recibiron na pasada edición, 8 pertencían a artistas gráficos de Ciudad Real. Ademais no 2007 o cartel da deseñadora de Ciudad Real Carmen Lozano Hernández foi seleccionado finalista.

En total están chamados a participar máis de 65.000 deseñadores, prestixiosas asociacións nacionais e internacionais e Universidades de Belas Artes de 180 países de Europa, Asia, África, América e Oceanía.

O Premio Francisco Mantecón acada unha importante repercusión nos medios internacionais polo envío de información a unha base de máis de 10.400 medios de comunicación de todo o mundo, e converteuse en escaparate das tendencias do deseño gráfico internacional, contribuíndo a recuperar a vixencia do cartelismo na sociedade actual.

Profesionais da relevancia de Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Manuel Estrada e Isidro Ferrer formaron parte do xurado como deseñadores de referencia en edicións anteriores.

No 8º Concurso Francisco Mantecón exercerá esta función o prestixioso deseñador Pep Carrió, do Estudio Carrió Sánchez Lacasta, que, entre outros premios, obtivo o Graphis Poster 2010 Gold Awards e dous Graphis Poster 2008-2009 Gold Awards.

O deseñador neoiorquino Taber Calderón tamén formará parte do xurado ao ser o gañador do concurso no 2008. O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro.

Medio: LA OPINIÓN DE TENERIFE
Sección: Gastronomía
Data: 14/07/09
País: España

Terras Gauda convoca a 800 canarios Ver nova

A OPINIÓN | Santa Cruz de Tenerife

A adega galega Terras Gauda convoca máis de 800 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de Canarias a participar do oitavo Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que repartirá 14.000 euros en premios. Toda a información está na web franciscomantecon.com. O prazo remata o 30 de setembro.

Medio: JAÉN
Sección: Cultura
Data: 14/07/09
País: España

CREADORES ANDALUCES

Concurso de arte gráfico Terras Gauda Ver nova

I. FRÍAS: JAÉN

Bodegas Terras Gauda convoca máis dun milleiro de artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de Andalucía ao VIII Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que repartirá 14.000 euros en metálico en premios.

Están chamados a participar máis de 65.000 deseñadores, prestixiosas asociacións nacionais e internacionais e Universidades de Belas Artes de 180 países de Europa, Asia, África, América e Oceanía.

O Premio Francisco Mantecón acada unha importante repercusión nos medios internacionais polo envío de información a unha base de máis de 10.400 medios de comunicación de todo o mundo, e é o escaparate das tendencias do deseño gráfico internacional, contribuíndo a recuperar a vixencia do cartelismo.

Profesionais da relevancia de Javier Mariscal, Alberto Corazón, Manuel Estrada e Isidro Ferrer formaron parte do xurado como deseñadores de referencia en edicións anteriores. No oitavo Concurso Francisco Mantecón exercerá esta función o prestixioso deseñador Pep Carrió, do Estudio Carrió Sánchez Lacasta. O deseñador neoiorquino Taber Calderón tamén formará parte do xurado ao ser o gañador do concurso no 2008. O cartel asinado por Calderón foi elixido entre máis de 1.400 obras procedentes de diversos países.

©2009 Bodegas Terras Gauda