Español    English    Deutsch    Français    Italiano
Bodegas Terras Gauda

Novas

Decembre 2007

Medio: METRÓPOLI - EL MUNDO
Sección: Comer.Vinos (Comer. Viños
Data: 7/12/07

DESEÑO PARA UN BRANCO GALEGO

O premio de Cartelismo Francisco Mantecón que convoca a adega Terras Gauda consolídase na súa sexta edición con propostas procedentes dos cinco continentes

Máis de 1.300 carteis presentados, de 67 países distintos, dan fe da relevancia que adquiriu o VI Concurso Francisco Mantecón, que organiza Bodegas Terras Gauda. Un certame que se creou en memoria deste artista de vangarda galego, parte activa do movemento Atlántica, creador da imaxe da empresa e finado hai 6 anos, e ao que chegaron traballos desde países tan "exóticos" como Armenia, Bangladesh, Corea do Sur e Paquistán. Nada estraño de contarmos que a organización convocou máis de 54.000 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades dos cinco continentes; aínda que ben é certo que España, con 399 obras, e Italia, con 133, foron os máis produtivos á hora de realizaren carteis que reflictan os aspectos corporativos da adega e os seus viños Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio.

Novembro 2007

Medio: EL PAÍS
Sección: Vida & ArtesClick para ver a maior tamaño
Data: 30/11/07

Albariño con deseño belga

Unha liña que gotea sobre unha botella, verde como a carne doce das uvas de albariño, é o minimalista deseño que obtivo este ano o primeiro premio do Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón, convocado polas adegas Terras Gauda. O autor da obra galardoada (con 6.000 euros) é o ilustrador e deseñador belga Thomas Pion (Bruxelas, 1978).

O seu cartel utilizarase na campaña do vindeiro ano dos viños de Terras Gauda, presentes nunha trintena de países coa Denominación de Orixe Rías Baixas (www.terrasgauda.com). A sexta edición deste concurso de Terras Gauda recibiu 1.300 carteis de 67 países.

Medio: LA VOZ DE GALICIA
Sección: La Mirilla
Data: 18/11/07

Era unha vez … Paco Mantecón

Éo primeiro que fan boa parte dos participantes no concurso de cartelismo Francisco Mantecón que, desde hai seis anos, vén convocando Terras Gauda. Thomas Pion, o máis recente gañador, non foi unha excepción. O mozo deseñador gráfico belga confesaba venres, minutos despois de recibir o talón de 6.000 euros que acredita que o seu traballo foi o que máis gustou ao xurado, que tivera que facer un cursiño acelerado de xeografía española. E de viños galegos, claro.

O que non lle deu tempo a aprender foi o idioma, así é que se a cronista quixo descubrir como se decatara da existencia do premio, tivo que recorrer ao seu pésimo inglés, o que unido ao pésimo inglés de Thomas reduciu a conversa a dez minutos. Internet, esa inmensa xanela aberta a todo o planeta, tivo a culpa. Aí foi onde este mozo (28 anos) deseñador gráfico soubo da convocatoria que, urbi et orbi, fai a adega rosaleira. Esa mesma xanela é a que fai que o número de participantes non pare de medrar. 1.300 obras chegaron este ano.

Entrega dos premios "Francisco Mantecón"

Arredor de dous centenares de persoas de todos os ámbitos, social, cultural, político, empresarial, policial... acudiron venres á chamada do patrón maior de Terras Gauda, que agradeceu, por activa e por pasiva, o que cualificou de demostración de afecto. Era o momento de premiar o enxeño.

Ocupando un lugar preferente á beira de Fonseca na tarima estaban Dolores Villarino, Abel Caballero, Manuel Estrada, Alberto Luchini e Pilar Barreiro, a viúva de Mantecón. E, claro, Fernando Ónega, mestre de cerimonias e, nas verbas do anfitrión, referencia clara do concurso, xa que non faltou nin a unha soa edición. «Demóstranos o seu cariño, arróupanos e nós deixámonos querer».

Foi a de venres unha velada con diluvio de flores. Así, o deseñador Manuel Estrada confesou que antes de ser convidado por José María a formar parte do xurado só coñecía o viño que facía, mais cando coñeceu as persoas que estaban detrás do proxecto empresarial, entendeuno todo. «O seu produto non é mera mercadoría», dixo.

Caballero, pola súa banda, destacou a admiración que esperta Fonseca entre os empresarios e lembrou os seus anos de universidade xuntos en Santiago onde, curiosamente, tamén coincidiron con Dolores Villarino.

A presidenta do Parlamento, no ton distendido imperante na sala, afirmou que ía copiar a idea de Fonseca para universalizar a súa adega, neste caso coa institución que preside como protagonista: «Estou en promoción permanente do Parlamento, que é pouco coñecido e, polo mesmo, pouco recoñecido». Lembrou así mesmo os tempos de universidade para subliñar que José María xa apuntaba maneiras e, sobre todo, para o felicitar por ser capaz de se expandir polo mundo sen perder as orixes.

Medio: ABC
Sección: Galicia
Data: 17/11/07

O deseñador belga Thomas Pion adxudícase o sexto Francisco Mantecón

O ilustrador e deseñador gráfico Thomas Pion viaxou desde Bélxica para recoller o primeiro premio do 6º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón, nunha entrega de premios que congregou numerosas personalidades, como a presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Nesta edición Manuel Estrada, presidente da asociación de Deseñadores de Madrid e gañador dun premio LAUS, formou parte do xurado como deseñador de referencia após a intervención de Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné e Isidro Ferrer en anteriores edicións.

O xurado do Concurso Francisco Mantecón, que destacou a calidade gráfica das obras e a diversidade das propostas presentadas ao certame, estivo presidido por José María Fonseca, presidente de Bodegas Terras Gauda.

Click para ver a maior tamañoAdemais do primeiro premio, dotado con 6.000 euros, o xurado concedeu o primeiro accésit a Alberto Jesús Vázquez Rico, da Coruña; o segundo accésit á axencia Manigua, de Granada; ademais outorgouse unha Mención Especial a un cartel procedente de Italia, asinado por Antonella Spagnoli.

Este ano recibíronse 1.300 carteis procedentes de 67 países de todo o mundo. O xurado que se reuniu o 26 de outubro elixiu 35 obras finalistas, procedentes de Alemaña, Arxentina, Bélxica, Canadá, Chile, Colombia, Francia, Estados Unidos, Italia, Ucraína, Xapón e desde diferentes lugares de España (Madrid, Barcelona, Valencia, Granada, Navarra, Burgos, Guipúscoa, Xaén, Cidade Real, Zaragoza e Galicia).

Click para ver a maior tamañoNo certame participaron 399 artistas gráficos e estudios de deseño de España e foi moi importante a representación de deseñadores de Italia, con 133 obras; outros países cunha elevada participación foron Francia con 89 carteis; Estados Unidos con 68, Brasil con 50, México con 44 e Serbia con 28.

Por outra banda, este ano participaron por primeira vez no Concurso Francisco Mantecón artistas gráficos de Armenia, Bangladesh, Corea do Sur, Indonesia, Hong Kong, Nova Celandia, Paquistán ou Sudáfrica. Isto supón un gran crecemento da proxección internacional, co aumento de 20 países de orixe das obras.

A información sobre a sexta edición do Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón foi publicada en prensa xeral, especializada e páxinas web de 38 países de todo o mundo.

Medio: EL CORREO GALLEGO
Sección: Cultura
Data: 17/11/07

O belga Thomas Pion imponse no VI Francisco Mantecón

O ilustrador e deseñador gráfico Thomas Pion viaxou desde Bélxica para recoller o primeiro premio do 6º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón, nunha entrega de premios que congregou numerosas personalidades, como a presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Nesta edición Manuel Estrada, presidente da asociación de Deseñadores de Madrid e gañador dun premio LAUS, formou parte do xurado como deseñador de referencia após a intervención de Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné e Isidro Ferrer en anteriores edicións.

Click para ver a maior tamañoO xurado do Concurso Francisco Mantecón, que destacou a calidade gráfica das obras e a diversidade das propostas presentadas ao certame, estivo presidido por José María Fonseca, presidente de Bodegas Terras Gauda.

Ademais do primeiro premio, dotado con 6.000 euros, o xurado concedeu o primeiro accésit a Alberto Jesús Vázquez Rico, da Coruña; o segundo accésit á axencia Manigua, de Granada; ademais outorgouse unha Mención Especial a un cartel procedente de Italia, asinado por Antonella Spagnoli.

Este ano recibíronse 1.300 carteis procedentes de 67 países de todo o mundo. O xurado que se reuniu o 26 de outubro elixiu 35 obras finalistas, procedentes de Alemaña, Arxentina, Bélxica, Canadá, Chile, Colombia, Francia, Estados Unidos, Italia, Ucraína, Xapón e desde diferentes lugares de España (Madrid, Barcelona, Valencia, Granada, Navarra, Burgos, Guipúscoa, Xaén, Cidade Real, Zaragoza e Galicia).

No certame participaron 399 artistas gráficos e estudios de deseño de España e foi moi importante a representación de deseñadores de Italia, con 133 obras. Outros países con elevada participación foron Francia, con 89 carteis; EUA, con 68; Brasil, con 50; México, con 44, e Serbia, con 28.

Medio: FARO DE VIGO
Sección: Sociedad (Sociedade)
Data: 17/11/07

ENTREGA DE GALARDÓNS

O belga Thomas Pion recebe o Francisco Mantecón en Vigo

O deseñador belga Thomas Pion recibiu onte o premio do VI Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón que convoca Terras Gauda, ao que concorreron 1.300 carteis. Ao acto asistiron, entre outros, o alcalde de Vigo, Abel Caballero; a presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, e o xornalista Fernando Ónega.

Terras Gauda ceremonia de entrega VI Francisco Mantecón

Xullo 2007

Medio: INFORME SUR
País: Argentina
Data: 2707/07

Portada

Terras Gauda reúne personalidades no 6º Concurso Francisco Mantecón en Madrid

Terras Gauda presenta o 6ª Concurso Francisco MantecónEspaña.- Bodegas TERRAS GAUDA reuniu no Hotel Ritz en Madrid numerosas personalidades do mundo da cultura, a empresa e a diplomacia na presentación do 6º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, ao que están convocados máis de 54.000 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades dos cinco continentes.

Fernando Ónega conduciu o acto, ao que asistiron a agregada cultural da embaixada de Xapón, Fumiyo Tusuda, e Carolina Tieu de Chávarri como representantes da diplomacia.

No tocante ao mundo xornalístico déronse cita directores de medios de comunicación nacionais e xornalistas de renome como Fernando Jáuregui, Charo Oñate, María Jesús Gil de Antuñano e Josemi Rodríguez-Sieiro, entre outros. Tamén acudiron correspondentes de prensa estranxeira de Xapón, China, México, Italia, Francia, Alemaña e Portugal, entre outros países.

A este evento acudiron tamén personaxes do mundo artístico, como a actriz Ana Chávarri.

Como membro do xurado, Manuel Estrada, presidente da Asociación de Deseñadores de Madrid, interveu no acto, no que o presidente de Bodegas TERRAS GAUDA, José María Fonseca Moretón, fixo un repaso da traxectoria do concurso.

A repercusión internacional da que goza o premio ficou demostrada o ano pasado, no que se recibiron máis de 1.400 obras de artistas de 62 países de todo o mundo. O profesor de Arte e Deseño da Universidade de Osaka, Takahiro Shima, resultou gañador entre carteis procedentes de países como Australia, China, Cuba, Emiratos Árabes, Reino de Bahrein, Macedonia, Líbano, Israel, Lituania, Montenegro ou Singapur.

Bodegas TERRAS GAUDA repartirá 9.000 euros en metálico entre os carteis premiados. Ademais, o gañador converterase na imaxe da adega do vindeiro ano, un escaparate para o artista nos importantes mercados internacionais nos que está presente a empresa. O prazo para presentar as obras remata o vindeiro 30 de setembro.

Medio: THE TIMES & THE SUNDAY TIMES OF MALTA
País: Malta
Data:24/07/07

Francisco Mantecón Award

Spanish winery Terras Gauda invites more than 54,000 designers to take part in the sixth Francisco Mantecón International Advertising Poster Design Competition.

Cartel Gañador 5º Concurso Internacional de Deseño Publicitario Francisco MantecónPrevious editions of this competition have attracted a total of 3,720 entries from five continents.

The Francisco Mantecón International Advertising Poster Design Competition is the only event of its kind to be organised by the wine industry, and invites more than 54,000 graphic designers, schools and universities.

Manuel Estrada, a leading professional with a long-standing and highly successful career in the fields of graphic design and publishing, is a member of the panel of judges for this year's edition. Judges for previous editions included top designers such as Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné and Isidro Ferrer.

Last year's edition attracted more than 1,400 entries by artists from 62 countries worldwide. The winner was Takahiro Shima, a Japanese lecturer in Design at the University of Osaka. His poster was selected among entries from countries such as the USA, Australia, China, Cuba, United Arab Emirates, Lebanon, Argentina and Brazil.

A 9,000e prize will be distributed between the winner and two runners-up. In addition, the winning poster will become the winery's image for the coming year in major international markets in Europe, Asia and America (US, Canada, Mexico, Argentina, Colombia and Panama).

Bodegas Terras Gauda owns around 160 hectares of vineyards in Galicia (Spain) and last year commercialised over 1.4 million bottles of the three wines it produces: Terras Gauda, Terras Gauda Etiqueta Negra and Abadía De San Campio.

For more information visit www.franciscomantecon.com or www.terrasgauda.com.

Premio Francisco Mantecón

A adega española Terras Gauda convida máis de 54.000 deseñadores a participar no sexto Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón.

En anteriores edicións deste certame rexistrouse un total de 3.720 inscricións dos cinco continentes.

O Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón é o único da súa clase que organiza o sector vinícola, e convida máis de 54.000 deseñadores gráficos, escolas e universidades.

Manuel Estrada, un destacado profesional cunha longa e recoñecida carreira nos eidos do deseño gráfico e a edición, é membro do xurado na edición deste ano. Prestixiosos deseñadores como Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné e Isidro Ferrer foron xurados en anteriores edicións.

Máis de 1.400 obras de artistas de 62 países de todo o mundo presentáronse na pasada edición, na que resultou gañador o xaponés Takahiro Shima, profesor de Deseño da Universidade de Osaka. O seu cartel foi elixido entre obras de países como Estados Unidos, Australia, China, Cuba, Emiratos Árabes Unidos, Líbano, Arxentina e Brasil.

Distribuirase un premio de 9.000 € entre o gañador e os dous accésits. Así mesmo, o cartel publicitario gañador representará durante o vindeiro ano a imaxe das adegas nos grandes mercados internacionais de Europa, Asia e América (Estados Unidos, Canadá, México, Arxentina, Colombia e Panamá).

Bodegas Terras Gauda posúe arredor de 160 hectáreas de viñedos en Galiza (España) e o pasado ano comercializou máis de 1,4 millóns de botellas dos tres viños que produce: Terras Gauda, Terras Gauda Etiqueta Negra e Abadía de San Campio..

Para máis información consúltese www.franciscomantecon.com ou www.terrasgauda.com.

Medio: DESIGN SINGAPORE
País: Singapur
Data: 20/07/07

Visual Communications
Francisco Mantecón Intenational Advertising Poster Design Competition
Organised by: Bodegas Terras Gauda, S.A.

The Board of Directors of Bodegas Terras Gauda, S.A., has unanimously agreed to set up an annual Advertising Poster Design Competition as a tribute to the artist who was not only solely responsible for the design of the corporate image, but also been a friend, efficient collaborator and partner since the creation of the Company. The winning original will form the basis for the Company's advertising campaign for a one year period.

This competition is open to any natural or corporate person subject only to the restrictions imposed by current legislation.

Original copies of entries, which must be unpublished, are to be submitted or mailed (by recorded delivery if the participant so wishes) to the offices of Bodegas Terras Gauda offices in O Rosal (Galicia, Spain). All entries must be submitted in two formats:

- Recorded on a CD or diskette (in PC-readable format)
- Printed and affixed to light card, suitably protected, with a size 50x70 cm.

Any form of photographic, painting or computerised techniques, etc may be used. Under exceptional circumstances originals created using painting techniques (oil, watercolours, guasch, pastels, etc) may be accepted without a computerised format.

Each participant is allowed to present a maximum of two entries.

Participant may base their entries on the theme of their choice, although ideally they will reflect corporate issues of the organising company, principally relating to its white wines of the Albariño variety Terras Gauda and Abadía de San Campio wines. Credit will be given for creativity and the incorporation of the Company's logo into the design …

More

Comunicacións visuais
Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón
Organizado por: Bodegas Terras Gauda, S.A.

Bodegas Terras Gauda, S.A., por acordo unánime do Consello de Administración, acorda instituir con carácter anual un Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario, que en honor do artista que foi exclusivo deseñador da imaxe corporativa, amigo, eficaz colaborador e socio dende os momentos fundacionais, levará o nome de "Francisco Mantecón". O orixinal será o fundamental soporte sobre o que xire a imaxe publiciaria da entidade convocante durante ese ano.

Poderá tomar parte neste certamen calquera persoa física ou xurídica sen máis limitación cás impostas pola legalidade vixente.

Os orixinais, que deberán ser inéditos, serán presentados ou enviados (con xustificante de envío, os participantes que o desexen) nas dependencias de Bodegas Terras Gauda en O Rosal (Galicia, España). Tódolos traballos que opten ó certame deben ser presentados en dous tipos de soporte:

- Gravados en CD ou disquete (lexible en PC)
- Impresos e pegados sobre un cartón pluma debidamente protexido de tamaño 50x70 cm.

Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc.
Excepcionalmente os orixinais realizados con técnicas pictóricas (óleo, acuarela, gouache, pastel, etc) poderán ser admitidos sen soporte informático.

Poderase presentar un máximo de dúas obras por cada participante.

O tema será libre e preferentemente reflectirá aspectos corporativos da entidade convocante, fundamentalmente, os relativos aos seus viños brancos da variedade Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio. Valorarase positivamente a creatividade neste sentido e o encaixe do anagrama societario …

Medio: THE ART INSTITUTE OF CALIFORNIA
País: USA
Data: 19/07/07

The Sixth Edition of the Francisco Mantecón Poster Design Prize International Advertising Competition

Deadline

All those works postmarked prior to 6 p.m. on 30 September will be accepted

Concept

"The Board of Directors of Bodegas Terras Gauda, S.A., has unanimously agreed to set up an annual Advertising Poster Design Competition as a tribute to the artist who was not only solely responsible for the design of the corporate image, but also been a friend, efficient collaborator and partner since the creation of the Company. The winning original will form the basis for the Company's advertising campaign for a one year period".

Open to

This competition is open to any natural or corporate person subject only to the restrictions imposed by current legislation.

Entry Requirement

Please go to website for all entry requirements including packaging and mailing: www.franciscomantecon.com

Theme

Participant may base their entries on the theme of their choice, although ideally they will reflect corporate issues of the organizing company, principally relating to its white wines of the Albariño variety Terras Gauda and Abadía de San Campio wines. Credit will be given for creativity and the incorporation of the Company's logo into the design.

Images & Logos

If requested, Bodegas Terras Gauda will provide the designers with a vectored copy of the logo that may be applied to the works, as well as images of their products. These will be available at the following web www.terrasgauda.com and Images and Logo

Prizes

One first prize and two runners up prizes will be awarded. Details of the prize money are given bellow:
SIX THOUSAND (6,000) euros for the winning poster
ONE THOUSAND FIVE HUNDRED (1,500) euros for each of the two runners up …

Sexta Edición del Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón

Data tope

Aceptaranse todas as obras seladas antes das 18:00 do 30 de setembro.

Concepto

"O Consello de Administración de Bodegas Terras Gauda, S.A., decidiu por unanimidade estabelecer un Concurso de Cartelismo Publicitario anual como homenaxe ao artista que foi non só o único responsábel do deseño da imaxe corporativa, senón tamén un amigo, eficiente colaborador e socio desde a creación da empresa. O orixinal gañador constituirá a base da campaña publicitaria da empresa durante un período dun ano".

Participantes

Este concurso está aberto a calquera persoa física ou xurídica, suxeito só ás restricións impostas pola lexislación vixente.

Requisitos da inscrición

Todos os requisitos, incluídos a presentación e o envío postal, figuran na páxina web: www.franciscomantecon.com.

Tema

Os participantes poden basear as súas obras no tema que elixan, aínda que de xeito idóneo reflectirán aspectos corporativos da empresa organizadora, en especial aqueles relacionados cos seus viños brancos da variedade Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio. Avaliarase positivamente a creatividade neste senso e a inserción do anagrama da empresa.

Imaxes e logotipos

Bodegas Terras Gauda poñerá ao dispor de todos os deseñadores que así o soliciten o anagrama da empresa en sistema vectorizado, co fin de que estes o poidan aplicar nas súas obras, así como imaxes dos seus produtos. Estarán dispoñíbeis na seguinte páxina web: www.terrasgauda.com e Imaxes e logotipos.

Premios

Concederanse un primeiro premio e dous accésits. A contía dos premios é a seguinte:
SEIS MIL (6.000) euros para o cartel gañador e
MIL CINCOCENTOS (1.500) euros para cada un dos accésits.

Medio: BDG
País: Alemana
Data: 19/07/07

Salud! - 6. Internationales Wettbewerb für Werbeplakate Francisco Mantecón

Wein, Werbeplakat, Francisco Mantecón - das sind die entscheidenen Stichworte für den jährlichen Wettbewerb, den die spanische Weinkellerei Terras Gauda in diesem Jahr zum 6. Mal in Folge ausgeschrieben hat. Warum diese Stichworte? Wein - klar, soll beworben werden; Werbeplakat - auch klar, ist gesucht; Francisco Mantecón - der Namensgeber des Wettbewerbs. Es ist dies der Name des Künstlers, "welcher der ausschließliche Designer des Images des Unternehmens war, Freund, erfolgreicher Mitarbeiter und Mitglied der Firma seit deren Anfängen", so die wunderbaren lyrischen Ausführungen zum Hintergrund der Ausschreibung.

Einsendeschluss ist der 30. September 2007. Die Teilnahmebedingungen finden Sie unter www.franciscomantecon.com

6. Internationales Wettbewerb für Werbeplakate Francisco Mantecón

Saúde! - 6º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón

Viño, carteis publicitarios, Francisco Mantecón: estas son as palabras chave do concurso anual que as adegas españolas Terras Gauda convocan por sexto ano consecutivo. Por que estas palabras chave? Viño, está claro que é o que se ten que promocionar; carteis publicitarios, tamén está claro porque é o que se busca; Francisco Mantecón, é o nome do concurso. Este é o nome do artista, "que foi o deseñador exclusivo da imaxe da empresa, un amigo, un traballador eficaz e socio da empresa desde os seus comezos". A realización de marabillosas obras de arte é o obxectivo da convocatoria.

A data tope para os envíos é o 30 de setembro de 2007. As bases do concurso poden consultarse no seguinte sitio web: www.franciscomantecon.com.

Medio: ARTE DINÁMICO
País: Colombia
Data: 16/07/07

6º CONCURSO INTERNACIONAL DE DESEÑO DE CARTELISMO PUBLICITARIO "FRANCISCO MANTECÓN"

Organiza Bodegas TERRAS GAUDA

Data límite recepción de obras: 30 de setembro de 2007

Poderá tomar parte neste certamen calquera persoa física ou xurídica sen máis limitación cás impostas pola legalidade vixente..

OBRAS

Os orixinais, que deberán ser inéditos, serán presentados ou enviados (con xustificante de envío, os participantes que o desexen) nas dependencias de Bodegas Terras Gauda en O Rosal (Galicia, España). Tódolos traballos que opten ó certame deben ser presentados en dous tipos de soporte:

- Gravados en CD ou disquete (lexible en PC)
- Impresos e pegados sobre un cartón pluma debidamente protexido de tamaño 50x70 cm.

Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc.
Excepcionalmente os orixinais realizados con técnicas pictóricas (óleo, acuarela, gouache, pastel, etc) poderán ser admitidos sen soporte informático.

Poderase presentar un máximo de dúas obras por cada participante.

O tema será libre e preferentemente reflectirá aspectos corporativos da entidade convocante, fundamentalmente, os relativos aos seus viños brancos da variedade Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio. Valorarase positivamente a creatividade neste sentido e o encaixe do anagrama societario.

Bodegas Terras Gauda porá a disposición de tódolos deseñadores que o soliciten o anagrama da entidade en sistema vectorizado para a sua aplicación nas obras a realizar, así coma imaxes dos seus productos …

Mais información

Medio: ART CONCOURS
País: Francia
Data: 2/07/07

6ème Concours International d´Affiches Publicitaires Francisco Mantecón

Description

Les originaux, qui devront être inédits, pourront être réalisés suivant n'importe quelle technique de peinture, photographie, informatique, etc.Ils seront présentés sur deux types de support:
Gravés sur un CD ou une disquette (lisible sous format PC)
Imprimés et collés sur un carton plume dûment protégé format du support 50x70 cm.

Exceptionnellement, les originaux réalisés selon des techniques de peinture (huile, aquarelle, gouache, pastel, etc.) pourront être admis sans support informatique.

Chaque participant pourra présenter un maximum de deux ouvrages.

Le thème sera libre et reflètera de préférence des aspects corporatifs de l'organisme organisateur, notamment, ceux relatifs à ses vins blancs de la varieté Albariño Terras Gauda et Abadía de San Campio. On évaluera positivement la créativité dans ce sens et l'insertion de l'anagramme de la société.

Bodegas Terras Gauda mettra à la disposition de tous les dessinateurs qui le demanderont l'anagramme de la société en système vectorisé en vue de l'appliquer dans les ouvrages, ainsi que des images de ses produits. Ils seront disponibles sur www.terrasgauda.com.

6ème Concours International d´Affiches Publicitaires Francisco MantecónDétails

Date limite 30 de septembre 2007
Conditions de participation Ouvert à tous.
Frais inscription aucun
Prix 6.000 euros pour le premier prix. 1.500 euros pour chacun des deux suivant.
Obligatoire Les ouvrages primés et tous leurs droits seront acquis en propriété par Bodegas Terras Gauda, S.A., tous droits réservés pour la reproduction des ouvrages finalistes.

Contact

Adresse Bodegas Terras Gauda, S. A., Carretera de Tui-A Guarda, km. 46, O Rosal - 36760 Pontevedra, Espagne. +0034 986 621 111 / +0034 981 227 200 Fax +0034 986 621 084 comunicacion@terrasgauda.com

6º Concurso Internacional de Anuncios Publicitarios Francisco Mantecón

Descrición

Os orixinais, que deberán ser inéditos, poderán realizarse utilizando calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc. Deberanse presentar en dous tipos de soporte:
Gravados nun CD ou nun disquete (lexíbel en formato para PC)
Impresos e pegados nun cartón lixeiro debidamente protexido, nun soporte de 50x70 cm.

Con carácter excepcional, os orixinais que se realicen utilizando técnicas pictóricas (óleo, acuarela, augada, pastel, etc.) poderán admitirse sen estar nun soporte informático.

Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras

O tema será libre e reflectirá preferentemente aspectos corporativos do organismo organizador, en especial aqueles relacionados cos seus viños brancos da variedade Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio. Avaliarase positivamente a creatividade neste senso e a inserción do anagrama da empresa.

Bodegas Terras Gauda poñerá ao dispor de todos os deseñadores que así o soliciten o anagrama da empresa en sistema vectorizado, co fin de que estes o poidan aplicar nas súas obras, así como imaxes dos seus produtos. Estarán dispoñíbeis no sitio web www.terrasgauda.com.

Detalles

Data límite: 30 de setembro de 2007
Condicións de participación: aberto a todos.
Gastos de inscrición: ningún.
Premios: 6.000 euros para o primeiro premio. 1.500 euros para cada un dos dous seguintes postos.
Obrigatorio: as obras premiadas e todos os seus dereitos pasarán a ser propiedade de Bodegas Terras Gauda, S.A., tendo todos os dereitos reservados para a reprodución das obras finalistas.

Forma de contacto

Enderezo: Bodegas Terras Gauda, S. A., Carretera de Tui-A Guarda, km. 46, O Rosal - 36760 Pontevedra, España. Teléfonos: +0034 986 621 111 / +0034 981 227 200 – Fax: +0034 986 621 084 – Correo electrónico: comunicacion@terrasgauda.com.

Medio: IMPRESSE ECONOMÍA
País: Italia
Data: 19/06/07

Ecco il VI Premio Internazionale Francisco Mantecón

La cantina spagnola Terras Gauda invita piè di 2.500 designer italiani a partecipare all´edizione 2007. Nella precedente 3.720 cartelloni pubblicitari da cinque continenti

Manuel Estrada è il designer di riferimento della giuria, dopo la partecipazione nelle precedenti edizioni di Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné e Isidro Ferrer nelle quali, in totale, sono stati ricevuti 3.720 cartelloni pubblicitari provenienti dai cinque continenti.

Terras Gauda presenta il IV Premio Internazionale Francisco MantecónLa cantina spagnola TERRAS GAUDA presenta il 6º Concorso Internazionale di Cartellonistica Pubblicitaria Francisco Mantecón, unico premio con queste caratteristiche organizzato per il settore vitivinicolo e che richiama più di 54.000 artisti grafici, scuole e università dei cinque continenti. Di questi, più di 2.500, sono provenienti dall´Italia.

Manuel Estrada, affermato professionista, vanta un´importante carriera nel campo del disegno grafico ed editoriale, fa parte della giuria del 6º Concorso Francisco Mantecón, che in edizioni precedenti ha vantato la partecipazione di altri illustri esponenti del designer come Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné e Isidro Ferrer.

Più di 1.400 opere di artisti di 62 paesi di tutto il mondo sono state presentate nella precedente edizione, il cui vincitore è stato il giapponese Takahiro Shima, professore di Disegno della Università di Osaka. La sua opera è stata scelta tra le tante provenienti da Italia, Germania, Svizzera, Italia, Stati Uniti, Australia, Cina, Cuba, Emirati Arabi, Libano, Argentina o Brasile.

La cantina spagnola TERRAS GAUDA dividerà 9.000 euro in contanti tra il primo premio e le due menzioni. Inoltre, il cartellone pubblicitario vincitore rappresenterà, il prossimo anno, l´immagine della cantina nei grandi mercati internazionali in cui è presente in America, Asia e Europa (Italia, Francia, Svizzera, Olanda, Finlandia, Regno Unito, Norvegia e Belgio, tra gli altri).

La cantina TERRAS GAUDA dispone di 160 ettari di vigneto in Galizia (Spagna) e lo scorso anno ha commercializzato più di 1,4 milioni di bottiglie dei tre vini che produce: TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA ETICHETTA NERA e ABADÍA DE SAN CAMPIO.

Link

Chega o VI Premio Internacional Francisco Mantecón

As adegas españolas Terras Gauda convidan máis de 2500 deseñadores italianos a participar na súa edición de 2007. En anteriores edicións, presentáronse máis de 3720 carteis publicitarios dos cinco continentes

Manuel Estrada é o deseñador de referencia do xurado, despois de que en anteriores edicións tivesen participado Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné e Isidro Ferrer, durante as cales se recibiron 3720 carteis publicitarios procedentes dos cinco continentes.

As adegas españolas TERRAS GAUDA presentan o 6º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, único premio destas características organizado polo sector vitivinícola e que apela a máis de 54000 artistas gráficos, escolas e universidades dos cinco continentes. Destes máis de 2500 proceden de Italia.

Manuel Estrada, profesional de renome, fai gala dunha importante carreira no eido do deseño gráfico e editorial e forma parte do xurado do 6º Concurso Francisco Mantecón, que en edicións anteriores tivo a honra de contar coa participación doutros ilustres expoñentes do deseño, como por exemplo Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné e Isidro Ferrer.

Máis de 1400 obras de artistas de 62 países de todo o mundo presentáronse na anterior edición, cuxo vencedor foi o xaponés Takahiro Shima, profesor de Deseño da Universidade de Osaka. A súa obra foi elixida entre outras moitas procedentes de Italia, Alemaña, Suíza, Estados Unidos, Australia, China, Cuba, os Emiratos Árabes, Líbano, Arxentina ou Brasil.

As adegas españolas TERRAS GAUDA repartirán 9000 euros en efectivo entre o primeiro premio e as dúas mencións. Así mesmo, o cartel publicitario gañador representará durante o vindeiro ano a imaxe das adegas nos grandes mercados internacionais nos que están presentes, como por exemplo, en América, Asia e Europa (Italia, Francia, Suíza, Holanda, Finlandia, Reino Unido, Noruega e Bélxica, entre outros).

As adegas TERRAS GAUDA dispoñen de 160 hectáreas de viñedos en Galicia (España) e o pasado ano comercializaron máis de 1,4 millóns de botellas dos tres viños que producen: TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA ETIQUETA NEGRA e ABADÍA DE SAN CAMPIO.

Medio: LA RAZÓN
Sección: Salud (Saúde)
Data: 22/07/07

TERRAS GAUDA presenta o 6º Concurso de Cartelismo

Terras Gauda presenta o 6º Concurso de Cartelismo

Bodegas Terras Gauda reuniu no Hotel Ritz en Madrid numerosas personalidades do mundo da cultura, a empresa e a diplomacia na presentación do 6º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. De esquerda a dereita, José María Fonseca, presidente de Bodegas Terras Gauda, Fernando Ónega, Alberto Luchini e o deseñador Manuel Estrada.

Medio: LA VERDAD DE MURCIA
Sección: Vivir
Data: 21/07/07

DESEÑO

Convocatoria do premio Francisco Mantecón

Bodegas Terras Gauda convoca a participar a todos os artistas gráficos, escolas e estudios de deseño e universidades de Murcia no VI Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro. 54.000 artistas de todo o mundo están convocados.

Medio: NUEVA ALCARRIA
Sección: Cultura
Data: 20/07/07

Convocado un certame de Cartelismo Publicitario

Bodegas Terras Gauda repartirá 9.000 euros en metálico nos galardón que hai nas bases

Takahiro Shima gañador da quinta ediciónBodegas Terras Gauda convocou o 6º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, único premio destas características organizado polo sector vitivinícola.

O deseñador Manuel Estrada, recoñecido profesional que conta cunha importante traxectoria no eido do deseño gráfico e editorial e un premio LAUS, forma parte do xurado do 6º Concurso Francisco Mantecón, ao que están convocados 54.000 artistas de todo o mundo.

Máis de 1.400 obras de artistas de 62 países de todo o mundo presentáronse na pasada edición, na que resultou gañador o xaponés Takahiro Shima, profesor de Arte e Deseño da Universidade de Osaka. O Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón é xa un referente entre a comunidade creativa internacional avalado pola elevada participación de artistas gráficos nas 5 primeiras edicións, nas que se recibiron 3.720 carteis de 66 países diferentes.

Bodegas Terras Gauda repartirá 9.000 euros en metálico en premios. Ademais, o cartel gañador converterase na imaxe do ano vindeiro, un escaparate para o artista nos importantes mercados internacionais nos que está presente a empresa. O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro.

Medio: DIARIO DE IBIZA
Sección: Pitiuses
Data: 18/07/07

Cartelismo

Bodegas Terras Gauda convoca os deseñadores gráficos de Balears a participar no Sexto Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, único premio destas características organizado polo sector vitivinícola. O deseñador Manuel Estrada forma parte do xurado no certame deste ano, ao que están convocados 54.000 artistas. O ano pasado presentáronse máis de 1.400 obras procedentes de 62 países. O xaponés Takahiro Shima foi o gañador da pasada edición.

Medio: EL CORREO DE ANDALUCÍA
Sección: Sevilla
Data: 18/07/07

Convocatorias
Deseño gráfico

Bodegas TERRAS GAUDA convoca os deseñadores gráficos andaluces a participar na edición máis internacional do premio Francisco Mantecón. Trátase do 6º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. Máis de 1.400 obras de artistas de 62 países de todo o mundo presentáronse na pasada edición, na que resultou gañador o xaponés Takahiro Shima. Este concurso é xa un referente entre a comunidade creativa internacional, avalado pola elevada participación de artistas gráficos nas cinco primeiras edicións. Tamén a repercusión mediática internacional contribuíu á súa gran proxección. Numerosos medios impresos e páxinas web de toda Europa, Estados Unidos e India fixéronse eco do concurso. O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro.

> Bodegas Terras Gauda, S. A. Ctra. Tui – A Guarda, km. 46

Medio: HERALDO DE ARAGÓN
Sección: Gente (Xente)
Data: 17/07/07

Concurso de deseño de bodegas Terras Gauda

Bodegas Terras Gauda convida a todos os artistas gráficos, estudios e escolas de deseño e universidades de Aragón a participar no 6º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. Ao concurso están convocados 54.000 artistas de todo o mundo. A adega repartirá 9.000 euros en metálico en premios. Ademais, o cartel gañador converterase na imaxe da adega en 2008. O prazo de presentación remata o 30 de setembro. Máis información no departamento de Comunicación da adega.

Medio: LAS PROVINCIAS DE VALENCIA
Sección: Cultura
Data: 15/07/07

Concurso de Cartelismo

Bodegas Terras Gauda desenvolve unha grande actividade cultural relacionada co mundo do viño e froito diso é o seu prestixioso concurso internacional de cartelismo publicitario, do que xa se convocou para este ano a súa sexta edición.

O concurso leva o nome de Francisco Mantecón, artista que deseñou a imaxe corporativa da empresa, e está dotado cun primeiro premio de 6.000 euros e dous accésits de 1.500. O cartel gañador convértese, ademais, na imaxe da adega para o ano vindeiro, no que representa para o artista agraciado un fenomenal escaparate de lanzamento en toda España e en máis de 30 países aos que exporta Terras Gauda.

Na edición do ano pasado presentáronse máis de 1.400 obras de 62 países e gañou o xaponés Takahiro Shima. Para a actual convocatoria estanse a enviar as bases a 54.000 destinos de 164 países, entre deseñadores e artistas coñecidos, estudios de deseño e universidades.

Medio: ANDALUCÍA 24 HORAS
Sección: Cultura
Data: 13/07/07

Terras Gauda reúne personalidades da vida cultural, empresarial e diplomática

Bodegas Terras Gauda reuniu no Hotel Ritz en Madrid numerosas personalidades do mundo da cultura, a empresa e a diplomacia na presentación do 6º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, ao que están convocados máis de 54.000 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades dos cinco continentes.

Presentación do 6º Concurso Internacional Francisco MantecónFernando Ónega conduciu o acto, ao que asistiron a agregada cultural da embaixada de Xapón, Fumiyo Tusuda, e Carolina Tieu de Chávarri como representantes da diplomacia.

No tocante ao mundo xornalístico déronse cita directores de medios de comunicación nacionais e xornalistas de renome como Fernando Jáuregui, Charo Oñate, María Jesús Gil de Antuñano e Josemi Rodríguez-Sieiro, entre outros. Tamén acudiron correspondentes de prensa estranxeira de Xapón, China, México, Italia, Francia, Alemaña e Portugal, entre outros países.

A este evento acudiron tamén personaxes do mundo artístico, como a actriz Ana Chávarri.

Como membro do xurado, Manuel Estrada, presidente da Asociación de Deseñadores de Madrid, interveu no acto, no que o presidente de Bodegas TERRAS GAUDA, José María Fonseca Moretón, fixo un repaso da traxectoria do concurso.

A repercusión internacional da que goza o premio ficou demostrada o ano pasado, no que se recibiron máis de 1.400 obras de artistas de 62 países de todo o mundo. O profesor de Arte e Deseño da Universidade de Osaka, Takahiro Shima, resultou gañador entre carteis procedentes de países como Australia, China, Cuba, Emiratos Árabes, Reino de Bahrein, Macedonia, Líbano, Israel, Lituania, Montenegro ou Singapur.

Bodegas Terras Gauda repartirá 9.000 euros en metálico entre os carteis premiados. Ademais, o cartel gañador converterase na imaxe da adega do vindeiro ano, un escaparate para o artista nos importantes mercados internacionais nos que está presente a empresa. O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro.

 

©2007 Bodegas Terras Gauda. Páxina optimizada para 1024x768