Bodegas Terras Gauda
Novas

Medio:ELPUBLICISTA.COM
Data: 13/12/2010
País: España

Entregados os premios de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón Ver nova

O artista alemán Sebastian Büsching leva o primeiro premio

Sebastian Büsching gañador do Francisco MantecónO artista berlinés Sebastian Büsching gañou o primeiro premio do 9º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, 10.000 euros, e ademais o seu cartel será a imaxe de Bodegas Terras Gauda, adega que convoca o concurso, en colaboración coa Autoridade Portuaria de Vigo. O primeiro accésit Fundación Porto de Vigo recaeu na deseñadora Rafaella Troiero (Italia); o segundo accésit asínao Diana Celeste Santos (Portugal), e a Mención Especial o estudio Inikernet Solutions (San Sebastián). Cada un destes premios está dotado con 2.000 euros.

Nesta convocatoria, Bodegas Terras Gauda incrementou a participación de artistas respecto das últimas cinco edicións, e recibiu obras de 58 países, as cales foron expostas por primeira vez e durante un mes na Estación Marítima. Destacou a presenza de artistas de Italia (219), así como de deseñadores de Alemaña, Lituania, Austria, Francia, Irlanda, Polonia, Australia, Rusia, Suíza, Mauricio, Sudáfrica, Portugal e España, de onde se recibiron 745 obras. Canadá, EUA, Brasil, México, Uruguai e Arxentina son os países de América con maior número de carteis no concurso, no que cómpre resaltar a presenza de numerosos artistas asiáticos. A elevada participación de artistas do cinco continentes confirma o prestixio acadado polo certame no ámbito internacional grazas, entre outros factores, ao respaldo da Asociación Latinoamericana de Deseño ALADI, que este ano concedeu o Selo de Respaldo Institucional ALADI ao certame, e grazas tamén á súa difusión por parte de organismos de prestixio como o Design Council do Reino Unido, a Israeli Ilustrations Association ou o Design Austria. Así, logrouse que 225 páxinas web, blogues de deseño gráfico, revistas especializadas e prensa xeral de 40 países desen cobertura ao certame, mentres que as redes sociais serviron de nexo de unión entre artistas gráficos, estudios de deseño, escolas de arte, comunidades gráficas e revistas especializadas.

Medio: FARO DE VIGO
Data: 11/12/2010
Sección: Sociedad y Cultura (Sociedade e Cultura)
País: España

Un mariñeiro con silueta de botella gaña o premio Francisco Mantecón de deseño Ver nova

O primeiro galardón do concurso de cartelismo galego recaeu no alemán Sebastian Büsching » Máis de 1.600 obras foron remitidas por deseñadores de todo o mundo

M. MATO . Vigo

Gañador do Francisco MantecónCun estilo naïf, o alemán Sebastian Büsching fíxose onte cun dos premios máis cobizados do deseño español, o certame internacional Francisco Mantecón que leva convocando nove anos a adega galega Terras Gauda. A proposta do xermano consistiu nun debuxo dun mariñeiro con silueta de botella con trazos simples e inxenuos, un alto contraste entre fondo (cyan) e figura (branco), co que logrou un premio en metálico de 10.000 euros ademais de conseguir que o devandito cartel sexa a imaxe da adega o vindeiro ano.

O xurado, a través da acta, destacou "o orixinal deseño", ao tempo que reforzaba o "compromiso de Terras Gauda" por ser un "referente mundial en cartelismo". Desde que Modesto Vázquez Prada gañou o certame co seu "A obertura", o premio foi in crescendo en dotación económica e prestixio. Nesta edición, recibíronse 1.654 carteis de todo o mundo, o que supuxo 225 propostas máis ca no exercicio anterior.

Ademais do primeiro premio ao artista de Berlín Sebastian Büsching, o xurado outorgou o primeiro accésit Fundación Porto de Vigo á deseñadora Rafaella Troiero. O segundo accésit levouno Diana Celeste Santos, de Portugal; mentres que a mención especial facilitouse a Inikernet Solutions (San Sebastián). Estes tres galardoados recibiron 2.000 euros cada un.

Repercusión mundial

Por parte de Terras Gauda, salientouse a repercusión mediática internacional do concurso. En Europa, o principal país de procedencia dos carteis foi Italia (219); sendo tamén "relevante" a participación de deseñadores de Alemaña, Lituania, Austria, Francia, Irlanda, Polonia e Rusia, entre outros. Nesta edición, as obras remitidas por estranxeiros superaron as realizadas por españois. Estes últimos remitiron 745 carteis dos 1.654 participantes.

Ademais de Europa, os carteis tamén foron enviados desde os restantes continentes, o que confirma, a xuízo da adega, "o prestixio acadado polo certame no ámbito internacional", o que contribuíu "á súa consolidación entre as grandes citas anuais do deseño e o cartelismo".

Os gañadores do primeiro premio nos últimos anos foron Ángel Luis González; Taber Calderón (Estados Unidos); Thomas Pion (Bélxica); Shima Takahiro (Xapón); Jordi Martín Figuerda, José Manuel Puga Molina e Modesto Vázquez Prada.

A entrega dos premios realizouse onte en Vigo nun acto no que participaron diferentes responsables políticos, da adega Terras Gauda e máis de 500 personalidades do mundo cultural, social e empresarial de Galicia.

Medio: LA VOZ DE GALICIA
Data: 11/12/2010
Sección: Cultura
País: España

O alemán Sebastian Büsching gaña o concurso internacional de cartelismo Francisco Mantecón Ver nova

S. Antón

Cartel Gañador do Francisco MantecónVIGO/LAVOZ. O alemán Sebastian Büsching gañou onte o premio Francisco Mantecón de Cartelismo, certame que convoca desde hai nove anos a adega Terras Gauda. Tarefa difícil a do xurado, segundo recoñeceu o seu presidente, José María Fonseca, xa que se presentaron arredor de 1.600 carteis de máis de medio centenar de países. O gañador recibiu o diploma acreditativo, ademais do correspondente cheque por 10.000 euros, no decurso dun acto celebrado na Estación Marítima de Vigo, e que contou coa presenza de Alberto Núñez Feijóo.

A novidade desta edición, ademais de contar por primeira vez cun escenario expositivo acorde coa proxección acadada polo concurso, foi a creación dunha figura, obra de Buciños, que recibiron tanto o primeiro clasificado como os autores dos accésits e a mención especial. A peza é un busto en bronce do desaparecido artista multidisciplinar que dá nome ao concurso.

Á marxe da asignación económica que leva aparellada, o cartel gañador será imaxe de Terras Gauda ao longo do vindeiro ano.

O primeiro accésit foi para a deseñadora italiana Rafaella Troiero, para a portuguesa Diana Celeste Santos o segundo, e para o estudio de San Sebastián Inikernet Solutions a mención especial, todos eles dotados con cadanseus cheques de 2.000 euros.

Emilio Gil, presidente da Asociación Española de Profesionais do Deseño, foi este ano o padriño do xurado, do que tamén formaron parte Corina Porro, Enrique Costas, Agustín Quevedo, Pilar Barreiro e o gañador da pasada edición, Ángel Luis González.

Medio: LA VOZ DE VIGO
Data: 11/12/2010
Sección: La Mirilla
País: España

"Mantecón", con acento alemán Ver nova

CRÓNICA
Soledad Antón

Punto de inflexión. Será o vindeiro ano, con motivo do seu décimo aniversario, cando os organizadores do Concurso de Cartelismo Francisco Mantecón gasten a rego, pero o desta edición, coa materia máis difícil finalmente aprobada, tamén tivo o seu miolo.

Ceremonia de entrega de premiosNon había máis que escoitar onte a José María Fonseca para descubrir que dispor, ao fin, dun escenario axeitado (a Estación Marítima) no que poder amosar os centos e centos de obras presentadas (1.600 procedentes de máis de 50 países) supuxo un punto de inflexión nunha cita cuxa proxección internacional non para de medrar. «Aínda non somos Polonia ou Estados Unidos, pero en moi pouco tempo conseguimos coarnos no circuíto dos grandes», subliñou Fonseca.

Mentres o comandante en xefe de Terras Gauda non aforraba cualificativos (todos bos) no capítulo de agradecementos, os máis extensos dedicados á anfitrioa, Corina Porro, no ateigado patio de butacas un bo puñado de creativos pasaba dificultades para disimular os nervios á espera de que se desvelase o ditame do xurado.

Claro que antes de se facer público que o Mantecón 2010 tiña (ten) acento alemán (Sebastian Büsching), aínda tivo tempo de ir crecendo o feixe de nervios. Xusto os case que tres cuartos de hora que duraron as intervencións de Corina Porro, Alberto Núñez Feijóo, adobadas cos sempre zumarentos comentarios do presentador de cabeceira do evento, Fernando Ónega, e, a sorpresa do serán, a de Marcos Mantecón, que na ausencia de Pilar Barreiro, a súa nai, se estreou como contador desa historia próxima, cando non íntima, sobre algún aspecto da vida de Paco Mantecón que xa se converteu en parte imprescindible do programa.

Catorce anos!. Así, con exclamacións, foron os que Marcos dixo ter gozado da presenza do seu pai. «Pouco tempo», engadiu. Abondo, iso si, para conservar na memoria «as nosas brincadeiras e pelexas... E tamén o seu apoio para que crecera a miña autoestima. Lembro as súas dotes para me facer sentir importante. Para facerme sociable, como o era el. Cando faleceu quedei sen sangue e sen músculos».

Lembrou Marcos a paixón que o seu pai sentía polo mundo do viño e que, polo que dixo, debeu de herdar: «Se sentiría orgulloso de min, de saber que estou a piques de rematar os meus estudos para ser viticultor».

Pola súa banda, Corina Porro explicou que recollera a luva lanzada por Fonseca para dar acubillo á exposición de carteis despois de ver as condicións nas que antes se mostraban, amoreados na adega do Rosal entre barricas e botellas. «Preguntábame se este sería un lugar idóneo, pero creo que as paredes falan por si soas», afirmou.

Tamén fixo notar que o mesmo escenario que «un día foi punto de partida de moitos galegos, que emigraron deixando atrás os seus seres queridos, hoxe tórnase en punto de encontro de cartelistas do cinco continentes».

Como fin de festa, o secretario vitalicio do xurado, Paulino Novo, desvelou os nomes dos gañadores. O primeiro premio (e os 10.000 euros que leva aparellados) foron para o berlinés Sebastian Busching, mentres que os accésits foron adxudicados á italiana Rafaella Troiero e a portuguesa Diana Celeste Santos. Houbo unha mención especial para o estudio vasco Inikernet Solutions. Cada un dos tres recibiu un cheque de 2.000 euros. E todos eles un busto de bronce de Mantecón, obra de Buciños. Foi esta a última novidade dunha noite de novidades.

Medio: EL CORREO GALLEGO
Data: 11/12/2010
Sección: Tendencias
País: España

Un artista alemán faise co concurso Francisco Mantecón Ver nova

Sebastian Büsching recibe 10.000 euros do premio // Participan artistas de 58 países

MAITE GIMENO
Vigo

Ceremonia de Entrega de PremiosO Grupo Terras Gauda volveu referendar onte á noite a súa capacidade de convocatoria ao encher deica os topes a Estación Marítima de Vigo cos convidados que non quixeron perder a entrega dos premios do noveno concurso internacional de cartelismo Francisco Mantecón.

Nun acto presidido por Alberto Núñez Feijóo, coa presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro, como anfitrioa, constatouse o incremento da proxección internacional do concurso, xa que a esta edición se presentaron artistas orixinarios de 58 países.

O éxito é dobre, non só porque en cada edición medra o número de persoas de todos os ámbitos da vida do sur de Galicia que asisten ao acto cultural con José María Fonseca como gran protagonista, senón porque na presente edición se bateu a marca de participación de creadores, xa que 1.654 artistas achegaron unhas propostas que permanecen expostas na Estación Marítima.

O gañador da novena edición é o artista alemán Sebastian Büsching, quen onte á noite recibiu o premio de 10.000 euros en metálico, ademais de ver plasmada a súa creación na imaxe da adega ao longo de 2011. Os dous accésits dotados con 2.000 euros de premio tamén foron para unhas creadoras estranxeiras: a italiana Rafaella Troiero e portuguesa Diana Celeste Santos. A creación de Inikernet Solutions de San Sebastián conseguiu a mención internacional.

O xornalista galego Fernando Ónega oficiou de cicerone dun acto no que participou por primeira ocasión o único fillo de Francisco Mantecón, Marcos Mantecón, na ausencia da súa nai, Pilar Barreiro.

Ónega despregou a mellor retranca galega para repasar a actualidade nacional e autonómica e anunciar que o futuro de Terras Gauda seguirá marcado polo crecemento como consecuencia da estratexia empresarial de diversificación de produtos de calidade e a aposta pola innovación. Deseguido retratou a personalidade do fundador do grupo, José María Fonseca, para asegurar que "sen un home como el a empresa non existiría" e pór a énfase na súa calidade humana e na súa personalidade como un "exemplo de iniciativa en tempos de prostración".

Fonseca lembrou a personalidade de Mantecón.

Medio: EUROPA PRESS
Data: 10/12/2010
Sección: Galicia
País: España

O artista alemán Sebastian Büsching gaña o primeiro premio do certame Francisco Mantecón de Cartelismo Publicitario Ver nova

Sebastian Büsching gañador do Francisco MantecónO artista berlinés Büsching foi o gañador do primeiro premio do Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado pola adega Terras Gauda, e que este ano cumpre a súa novena edición.

O vencedor destes premios, entregados este venres na Estación Marítima de Vigo no decurso dun acto presidido polo xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, recibe 10.000 euros en metálico e, ademais, o cartel co que gañou será a imaxe da adega durante o vindeiro ano.

Ademais, o primeiro accésit Fundación Porto de Vigo recaeu na deseñadora Rafaella Troiero (Italia), o segundo accésit foi para Diana Celeste Santos (Portugal) e coa Mención Especial recoñeceuse ao estudio Inikernet Solutions (San Sebastián). Cada un destes premios está dotado con 2.000 euros.

O catro premiados foron elixidos polo xurado de entre un total de 37 finalistas procedentes de países como Alemaña, Austria, Canadá, Colombia, Corea do Sur, Cuba, Bélxica, Brasil, Canadá, España, EUA, Italia, Letonia, Lituania, México e Portugal.

Bodegas Terras Gauda incrementou a participación neste certame respecto das últimas cinco edicións, nas que se recibían unhas 1.400 obras de media. Así, este ano competiron un total de 1.654 carteis de 58 países de todo o mundo, 225 máis ca en 2009.

Todas as obras presentadas a esta novena edición do concurso foron expostas por primeira vez durante un mes na Estación Marítima da cidade olívica.

Medio: EL MUNDO
Data: 20/11/2010
Sección: Metrópoli
País: España

"CATA" DE DESEÑOS

TERRAS GAUDA EXPÓN AS OBRAS, INSPIRADAS NA ADEGA, QUE PARTICIPAN NO SEU CONCURSO Nova

CONCURSO DE CARTELISMO FRANCISCO MANTECÓN | ESTACIÓN MARÍTIMA DE VIGO (PLAZA DEL PUERTO PESQUERO S/N | ATÉ O 7 DE DECEMBRO

A arte e o viño camiñarán estreitamente da man até o vindeiro 7 de decembro na Estación Marítima de Vigo, onde por primeira vez se mostran ao público as obras participantes no Noveno Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Terras Gauda —unha das principais adegas da denominación de orixe galega Rías Baixas— en homenaxe ao artista gráfico autor do deseño da imaxe corporativa da firma, desaparecido hai nove anos. A exposición, que reúne orixinais chegados de 58 países, constitúe un escaparate da vangarda do deseño gráfico contemporáneo.

Os organizadores recibiron este ano 1.650 carteis candidatos ao premio, cifra que supera en 225 os de 2009 e que confirma o éxito da iniciativa, que este ano foi distinguida co Selo de Respaldo Institucional da Asociación Latinoamericana de Deseño (ALADI), entidade que tamén se comprometeu á difusión da convocatoria entre a súa ampla rede de deseñadores profesionais de Latinoamérica. A dotación en premios alcanza a cifra de 16.000 €: 10.000 para o gañador e outros 2.000 para o primeiro accésit, o segundo e a mención especial, respectivamente.

O ditame do xurado farase público o vindeiro 10 de decembro no acto de entrega de premios, que se desenvolverá no mesmo escenario da exposición. Como notas destacadas da presente edición cómpre mencionar as 219 candidaturas procedentes de Italia, primeiro país europeo con España (745) en número de concursantes, os 44 orixinais recibidos de Australia e os 17 asinados por artistas de Singapur, país que participa por primeira vez no certame.

A iniciativa de Terras Gauda inscríbese nunha tradición de mecenado adegueiro que ten como principal referente internacional a colección de etiquetas inaugurada polo barón Philippe de Rothschild ao remate da II Guerra Mundial, con obras asinadas por pintores do s. XX, e da que en España son exemplos destacados as coleccións de Bodegas Enate, no Sotomontano aragonés, e Dinastía Vivamco (A Rioxa), parte de cuxos valiosos fondos se atopan actualmente expostos na vinoteca madrileña Lavinia (Ortega y Gasset, 16). CARLOS ALBILLO

Concurso Francisco Mantecón

LOS AUTORES: 1. DIANA CELESTE, PORTUGAL 2. INIKEPNET SOLUTIONS, SAN SEBASTIAN 3. CLAUDIA LOBATO DE CERQUEIRA, BRASIL 4. FRASCESCO GALLO, ITALIA 5. MIGUEL RODRÍGUEZ AMENEDO, PONTEVEDRA 6. SEBASTIÁN BUSCHING, ALEMANIA

Medio: AAAD Academy of Arts, Architecture and Design un Prague
Data: 16/11/2010
País: República Checa

9th Francisco Mantecón International Publicity Poster Design Competition Organized by the Spanish wine company TERRAS GAUDA Ver nova

Graphic artists, design schools and universities from all over the world are invited to take part in the competition. For more information, please visit our websites www.terrasgauda.com or www.franciscomantecon.com

Best wiches,

Communication Department
Bodegas TERRAS GAUDA
Telf.: +34 902 922 252
comunicacion@terrasgauda.com

IX Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón organizado pola adega española TERRAS GAUDA

Convócase a artistas gráficos, escolas de deseño e universidades de todo o mundo a participaren no concurso. Para obter máis información, visiten os nosos sitios web en www.terrasgauda.com ou www.franciscomantecon.com.

Saúdos,

Communication Department
Bodegas TERRAS GAUDA
Telf.: +34 902 922 252
comunicacion@terrasgauda.com

Medio: Revista KAK
Data: 16/11/2010
País: Rusia

ТЕРРА ГАУДА  | дискуссия  Ver nova

Испанская винодельня Terras Gauda ежегодно организует Международный плакатный конкурс имени Франциско Мантекона. В этом году контест состоится в девятый раз. Победителям обещано материальное вознаграждение (в связи с кризисом, который не обошел стороной и винную индустрию, в этом году сумма первого приза стала скромнее) и самое главное — сотрудничество с компанией. По словам организаторов, последние несколько лет в конкурсе принимают участие и дизайнеры из России. Предлагаем вам не игнорировать Francisco Mantecón International Publicity Poster Competition и в этот раз. За подробностями — сюда.

Победители 2009 года:

Carteles Ganadores 8º Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón

TERRAS GAUDA | debate 2

A adega española Terras Gauda organiza anualmente o Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. Este ano o certame celébrase por décima vez. Ofrécese aos gañadores unha retribución material (por mor da crise, que non perdoou nin á industria vinícola, este ano o importe do primeiro premio é máis modesto) e o máis importante: colaboración coa compañía. Os organizadores sinalaron que nos últimos anos tamén teñen participado no concurso deseñadores de Rusia. Recomendámoslles non ignorar o Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón tampouco desta volta. Para detalles – aquí

Medio: Revista KRENDEL
Data: 16/11/2010
País: Rusia

Плакат за 10,000€ Ver nova

Challenge
Сентябрь 5, 20100

Конкурс рекламных плакатов Francisco Mantecón International Advertising Poster Design Competition, ежегодно устраиваемый винодельней Terras Gauda совместно с властями порта Виго (Испания), в этом году пройдет уже в девятый раз. Тематика работ предоставляется на выбор участникам, но предпочтение отдается креативу с логотипом Terras Gauda. Российские дизайнеры тоже принимают участие в контесте! Еще бы, ведь плакат-победитель не только получит главный приз 10,000 евро, но и станет основной рекламной кампании Terras Gauda на весь следующий год. Работы принимаются до 30 сентября 2010 г.

Un cartel por 10.000 €

Reto
5 de setembro de 2010

O Concurso Internacional de Deseño de Carteis Publicitarios Francisco Mantecón, organizado anualmente pola adega Terras Gauda, terá lugar este ano por décima vez, coa colaboración da Autoridade Portuaria de Vigo (España). O tema dos traballos déixase á elección dos participantes, aínda que se dá preferencia a unha idea creativa co logotipo de Terras Gauda. Os deseñadores rusos tamén participan no concurso! E, por suposto, o cartel gañador non só recibirá o premio principal de 10.000 euros, senón que pasará a ser a campaña publicitaria principal de Terras Gauda para todo o ano seguinte. Os traballos acéptanse até o 30 de setembro de 2010.

Medio: Designaustria
Data: 16/11/2010
País: Austria

9. Internationaler Wettbewerb für Werbeplakate Francisco Mantecón Ver nova

Der 9. Internationale Wettbewerb für Werbeplakate wurde nach dem langjährigen „Hausdesigner” der Firma und Schöpfer ihres Corporate Designs, Francisco Mantecón, benannt.
Designschulen und Universitäten aus aller Welt sind zur Teilnahme am Wettbewerb aufgerufen.

Weitere Informationen: 
www.terrasgauda.com
www.franciscomantecon.com

webred_ip_18/07/10

Teilnahmebedingungen & Details

9º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón

9º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario leva o nome de Francisco Mantecón, quen foi durante moitos anos o deseñador “oficial” da empresa e creador da súa imaxe corporativa.
O concurso está pensado para que participen as escolas de deseño e universidades de todo o mundo.

Máis información:
www.terrasgauda.com
www.franciscomantecon.com

webred_ip_18/07/10

Condicións de participación e detalles

Medio: LATVIJAS DIZAINERU SAVIENIBĀ Asociación de Diseñadores de Letonia
Data: 16/11/2010
País: Letonia

Plakātu dizaina konkurss SPĀNIJĀ Ver nova

Spānijas vīna kompānija Terras GAUDA organizē 9. starptautisko Francisco Mantecón reklāmas plakātu dizaina konkursu, kurā aicina piedalīties jebkuru fizisku vai juridisku personu, it sevišķi - grafiskos dizainerus, dizaina skolas un augstskolas no visas pasaules.

Darbu iesniegšanas termiņš 30.09.2010.

Sagatavots Spānijas vīna kompānijas Terras GAUDA organizētā plakātu konkursa nolikums.

Konkursā piedalīties tiek aicināti visas pasaules grafiskie dizaineri, dizaina skolu un augstskolu studenti.

Vairāk informācijas:
www.terrasgauda.com vai www.franciscomantecon.com

Uzvarētāju oriģināldarbs tiks ņemts par pamatu kompānijas nākošā gada reklāmas kampaņai.

Ir nodrošinātas lielas naudas balvas.

Lai iegūtu vairāk informācijas, apmeklējiet mājas lapas www.terrasgauda.com vai www.franciscomantecon.com

Concurso de deseño de carteis en España

A adega española Terras Gauda organiza o noveno Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, no que non só poden participar persoas físicas, senón tamén calquera entidade xurídica, sobre todo deseñadores gráficos, escolas de deseño e institucións de ensino superior de todo o planeta.

A data límite para presentar as inscricións é o 30 de setembro de 2010.

Unhas regras especiais rexerán o concurso de carteis organizado pola adega española Terras Gauda.

Convídase a participar no concurso a todos os deseñadores gráficos, así como os alumnos das escolas de deseño e outras institucións de ensino superior de todo o mundo.

Para máis información, visiten:
www.terrasgauda.com ou www.franciscomantecon.com

A obra orixinal do gañador servirá de base á campaña publicitaria da empresa para o vindeiro ano.

Entregaranse tamén interesantes premios en metálico.

Para máis información, visiten as páxinas web www.terrasgauda.com ou www.franciscomantecon.com

Medio: DESIGN COUNCIL
Data: 16/11/2010
País: Reino Unido

Franscisco Mantecon International Advertising Poster Competition Ver nova

Sponsored by Terras Gauda Wineries and Vigo Port Authorities, this annual competition has become a showcase for international avant garde artwork in the form of advertising posters.

Further information:
Bodegas Terras Gadua, S. A.
Carretera de Tui-A Guarda km. 46
O Rosal – 36760 Pontevedra
Spain

Email: comunicacion@terrasgauda.com

Website: www.franciscomantecon.com

Phone: +0034 986 621 111 / 981 227 200

Closing dates
30 September

Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón

Este concurso anual, patrocinado por Bodegas Terras Gauda e a Autoridade Portuaria de Vigo, converteuse nun escaparate para o material gráfico internacional de vangarda no eido do cartelismo publicitario.

Máis información :
Bodegas Terras Gadua, S. A.
Carretera de Tui-A Guarda km. 46
O Rosal – 36760 Pontevedra
Spain

Email: comunicacion@terrasgauda.com
Web: www.franciscomantecon.com
Teléfono: +0034 986 621 111 / 981 227 200

Prazo
30 Setembro

Medio: VILNIAUS DAILES AKADEMIJA
Data: 16/11/2010
País: Lituania

Konkursai

FRANCISCO MANTECON plakato dizaino konkursas Ver nova

9-ąjį kartą skelbiamas FRANCISCO MANTECON plakato dizaino konkursas

DALYVIAI
Šis konkursas yra atviras kiekvienam, kas gali pateikti projektus asmeniškai bei grupėmis.

DARBAI;
Originalios darbų kopijos, kurios privalo būti pateiktos anksčiau nepublikuotos ar išsiųstos (jei dalyviai pageidautų, remsimes pristatytais įrašais) į Bodegas Terras Gauda ofisus O Rosal (Galicija, Ispanija). Visi dalyviai turi pateikti du darbų formatus:;
- Įrašytus į CD ar disketę (kompiuteriui perskaitomu formatu);
- Atspausdintus ir priklijuotus prie peršviečiamos kortelės, tinkamai apsaugoti ir 50x70 cm dydžio.

Galite naudoti bet kurią fotografijos, tapybos ar kompiuterizuota technika atliktas formas. Išskirtiniais atvejais darbų originalai, kurie buvo atlikti naudojant tapybos technologijas (aliejus, akvarelė, guašas, pastelė ir t.t.), bus priimti be kompiuterinio formato.

Leer máis

Concursos

Concurso Internacional de Diseño FRANCISCO MANTECÓN

IX Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario FRANCISCO MANTECÓN

PARTICIPANTES
Poderá tomar parte neste certamen calquera persoa física ou xurídica sen máis limitación cás impostas pola legalidade vixente.

OBRAS
Os orixinais, que deberán ser inéditos, serán presentados ou enviados (con xustificante de envío, os participantes que o desexen) nas dependencias de Bodegas Terras Gauda en O Rosal (Galicia, España). Tódolos traballos que opten ó certame deben ser presentados en dous tipos de soporte:
- Gravados en CD ou disquete (lexible en PC)
- Impresos e pegados sobre un cartón pluma debidamente protexido de tamaño 50x70 cm.

Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc.
Excepcionalmente os orixinais realizados con técnicas pictóricas (óleo, acuarela, gouache, pastel, etc) poderán ser admitidos sen soporte informático.

Medio: INTERVIÚ
Sección: Panorama
Data: 15/11/2010
País: España

EXPOSICIÓN DO CONCURSO DE TERRAS GAUDA

16.000 carteis de 58 países Ver nova

Exposición do Concurso de Terras Gauda

BODEGAS Terras Gauda, en colaboración coa Autoridade Portuaria de Vigo, mostra ao público por primeira vez os máis de 1.600 carteis de 58 países que participaron no 9º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. A Estación Marítima de Vigo será durante un mes o escaparate das tendencias da arte gráfica mundial con esta exposición. Terras Gauda acadou un claro incremento de participación no seu concurso, pois optan ao certame 225 carteis máis que en 2009. As bases de participación enviáronse a máis de 85.000 deseñadores, escolas de arte, universidades e asociacións. A decisión do xurado darase a coñecer na entrega de premios, o 10 de decembro.

Medio: ABC
Sección: Galicia
Data: 7/11/2010
País: España

Os carteis do concurso Mantecón exponénse en Vigo Ver nova

Bodegas Terras Gauda mostra ao público por primeura vez os 1.600 traballos recibidos

D.G. / VIGO
A Estación Marítima de Vigo será durante un mes o escaparate das tendencias da arte gráfica mundial coa exposición, que permanecerá aberta ao público desde o luns 8 de novembro até o martes 7 de decembro, en horario de 10 a 14, e de 17 a 20 horas.

Bodegas Terras Gauda, en colaboración coa Autoridade Portuaria de Vigo, mostra ao público por primeira vez os máis de 1.600 carteis de 58 países de todo o mundo que participaron no 9º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, reunindo nunha exposición a vangarda do deseño gráfico internacional.

A firma vitivinícola deu incrementado notablemente a participación do Concurso Francisco Mantecón este ano, no que se recibiron 225 carteis máis que no 2009. As bases de participación enviáronse a máis de 83.000 deseñadores gráficos, Escolas de Arte, Universidades, estudios de deseño e asociacións internacionais de 180 países.

Por quinto ano consecutivo participaron deseñadores gráficos dos cinco continentes. De Europa destaca a presenza de carteis asinados por artistas gráficos de Italia (219). É salientable tamén a participación de deseñadores de Alemaña, Lituania, Austria, Francia, Irlanda, Polonia, Rusia, Suíza e Portugal. Por primeira vez concursaron deseñadores de Islandia e Andorra. De España recibíronse 745 carteis.

Canadá, EUA, Brasil, México e Arxentina son os países do continente americano con maior número de carteis no concurso, ao que por primeira vez enviaron as súas propostas deseñadores de Nicaragua. De Asia cómpre destacar a presenza de 17 obras asinadas por artistas de Malaisia, país que até o de agora non tivera representación. Deseñadores da India, Israel, Filipinas e Xapón tamén concursan no certame. Mauricio e Sudáfrica son os países africanos representados, e de Oceanía recibíronse 44 obras de Australia.

Como fito destacado este ano, o presidente da prestixiosa Asociación Latinoamericana de Deseño Aladi, o profesor Paolo I. G. Bergomi, púxose en contacto con Terras Gauda para informar da concesión do Selo de Respaldo Institucional Aladi ao concurso, mostrando o seu compromiso de difusión entre a súa ampla rede de deseñadores profesionais de Latinoamérica.

Medio: UNIVERSITY OF APPLIED SCIENCES
Data: 7/09/2010
País: Finlandia

Kilpailut

Tällä hetkellä meneillään:

Kansainvälinen julisteuunnittelu Ver nova

Yhdeksäs Francisco Mantecón International Publicity Poster Design Competition on avoin kailille kiinnostuneille Osallistumisaika loppuu 30.9.2010

Katso lisätietoja osoitteesta www.franciscomantecon.com

Concursos

Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario

O 9º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón está aberto a todos os interesados. Data límite para presentar as obras é o 30 de setembro de 2010.

Para máis información, visite www.franciscomantecon.com

Medio: ZWIĄZEK POLSKICH ARYSTÓW PLASTYKÓW
Data: 28/07/2010
País: Polonia

KONKURSY

9th Francisco Mantecón International Publicity Poster Design Competition Ver nova

zgłoszenia do 30.09.2010

I enclose the conditions for taking part in the 9th Francisco Mantecón International Publicity Poster Design Competition, organized by the Spanish wine company TERRAS GAUDA.

Graphic artists, design shools and universities from all over the world are invited to take part in the competition.

For more information, please visit our websites www.terrasgauda.com or www.franciscomantecon.com

Best wishes,
Communication Departament Bodegas TERRAS GAUDA
Telf.: +34 902 922 252
comunicacion@terrasgauda.com

IX Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón

Achéganse as condicións de participación no IX Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, organizado pola adega española TERRAS GAUDA.

Convócase a artistas gráficos, escolas de deseño e universidades de todo o mundo a participaren no concurso.

Para obter máis información, visiten os nosos sitios web en www.terrasgauda.com ou www.franciscomantecon.com.

Saúdos,
Communication Departament Bodegas TERRAS GAUDA
Telf.: +34 902 922 252
comunicacion@terrasgauda.com

Medio: HONGIK UNIVERSITY
Data: 28/07/2010
País: Corea

9th Francisco Mantecón International Poster Competition Ver nova

Hongik University

Comunicado de prensa
Data: 14/07/2010

Bodegas Terras Gauda Sello ALTADI

LA ASOCIACIÓN LATINOAMERICANA DE DISEÑO CONCEDE EL SELLO DE RESPALDO INSTITUCIONAL ALADI AL 9º CONCURSO INTERNACIONAL DE CARTELISMO FRANCISCO MANTECÓN

A prestixiosa Asociación Latinoamericana de Deseño concedeu o selo de respaldo institucional ALADI ao 9º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Bodegas Terras Gauda.

O presidente da Asociación Latinoamericana de Deseño, o profesor Paolo I. G. Bergomi, manifestou o seu compromiso para contribuír á difusión do certame entre a súa ampla rede de deseñadores asociados en todos os países de Latinoamérica.

Bodegas TERRAS GAUDA convoca máis de 15.000 artistas gráficos, estudios de deseño, asociacións e universidades de Latinoamérica, que en todas as edicións contan cunha presenza moi destacada e unha participación media anual de máis de 200 carteis.

No 2009, o xurado do concurso seleccionou obras de deseñadores de Arxentina, Ecuador e Venezuela entre os 33 finalistas, que recentemente participaron nunha exposición no Hotel Ritz de Madrid durante a presentación da 9ª edición do concurso.

A Estación Marítima, onde este ano se celebrará a reunión do xurado, a exposición de todos os carteis participantes e a entrega de premios após a sinatura do acordo entre a Autoridade Portuaria de Vigo e Bodegas Terras Gauda, será testemuña da elevada participación de deseñadores de Latinoamérica, do mesmo xeito que o porto de Vigo serve de porta de entrada e saída para milleiros de cidadáns latinoamericanos.

Bodegas TERRAS GAUDA repartirá 16.000 euros en metálico en premios (10.000 euros para o 1º premio; e 2.000 euros para o 1º accésit, o 2º accésit e a Mención Especial, respectivamente). O prazo para presentar as obras ao concurso remata o 30 de setembro.

Medio: PARALELO32
Data: 14/07/2010
País: Argentina

O 9º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón recibiu o selo de respaldo institucional ALADI da prestixiosa Asociación Latinoamericana de Deseño Ver nova

A adega española TERRAS GAUDA convoca máis de 15.000 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de Latinoamérica a participar no certame, que repartirá 16.000 euros en metálico en premios.

O 9º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado pola adega española TERRAS GAUDA, recibiu o selo de respaldo institucional ALADI da prestixiosa Asociación Latinoamericana de Deseño, que contribuirá á súa difusión entre a súa rede de deseñadores asociados.

TERRAS GAUDA convoca máis de 15.000 artistas gráficos, estudios de deseño, asociacións e universidades de Latinoamérica, que en todas as edicións contan cunha presenza moi destacada e unha participación anual de máis de 200 carteis. O ano pasado, o xurado seleccionou obras de deseñadores de Arxentina, Ecuador e Venezuela entre os 33 finalistas, que recentemente participaron nunha exposición no emblemático Hotel Ritz de Madrid.

A adega española TERRAS GAUDA repartirá 16.000 euros en metálico en premios (10.000 euros para o 1º premio; e 2.000 euros para o 1º accésit, 2º accésit e a Mención Especial, respectivamente). O prazo para presentar as obras ao concurso remata o 30 de setembro.

Máis de 8.000 carteis de 83 países dos cinco continentes concursaron desde o ano 2002, cunha participación media anual de 1.400 obras nas últimas catro edicións. No palmarés de premiados do Concurso Francisco Mantecón figuran artistas gráficos de proxección internacional, como o profesor de Arte e Deseño da Universidade de Osaka Shima Takahiro, o deseñador belga Thomas Pion ou o titular dun estudio de Deseño en Nova York Taber Calderón.

Javier Mariscal, Óscar Mariné, Alberto Corazón, Manuel Estrada, Isidro Ferrer e Pep Carrió formaron parte do xurado en diferentes edicións, que este ano conta co deseñador Emilio Gil, actual presidente da Asociación Española de Profesionais do Deseño. Tamén achegará o seu criterio profesional Agustín Quevedo, Director de Arte da revista Hola.

Bodegas TERRAS GAUDA e a Autoridade Portuaria de Vigo asinaron un acordo para vincular o Porto de Vigo á vangarda do deseño gráfico internacional a través do Concurso Francisco Mantecón. A sinatura deste acordo suporá que, por primeira vez, se exporán durante un mes na Estación Marítima os máis de 1.400 carteis de todo o mundo que participan anualmente no certame.

Medio: entornointeligente
Data: 13/07/2010
País: Venezuela

Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón recibe respaldo de ALADI Ver nova

Selo de Respaldo Institucional ALADIA ASOCIACIÓN LATINOAMERICANA DE DESEÑO CONCEDE O SELO DE RESPALDO INSTITUCIONAL ALADI AO 9º CONCURSO INTERNACIONAL DE CARTELISMO FRANCISCO MANTECÓN, CONVOCADO POLA ADEGA ESPAÑOLA TERRAS GAUDA.

A adega española TERRAS GAUDA convoca máis de 15.000 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de Latinoamérica a participar no certame, que repartirá 16.000 euros en metálico en premios. O 9º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado pola adega española TERRAS GAUDA, recibiu o selo de respaldo institucional ALADI da prestixiosa Asociación Latinoamericana de Deseño, que contribuirá á súa difusión entre a súa rede de deseñadores asociados.

TERRAS GAUDA convoca máis de 15.000 artistas gráficos, estudios de deseño, asociacións e universidades de Latinoamérica, que en todas as edicións contan cunha presenza moi destacada e unha participación anual de máis de 200 carteis. O ano pasado, o xurado seleccionou obras de deseñadores de Arxentina, Ecuador e Venezuela entre os 33 finalistas, que recentemente participaron nunha exposición no emblemático Hotel Ritz de Madrid.

A adega española TERRAS GAUDA repartirá 16.000 euros en metálico en premios (10.000 euros para o 1º premio; e 2.000 euros para o 1º accésit, 2º accésit e a Mención Especial, respectivamente). O prazo para presentar as obras ao concurso remata o 30 de setembro.

Máis de 8.000 carteis de 83 países dos cinco continentes concursaron desde o ano 2002, cunha participación media anual de 1.400 obras nas últimas catro edicións. No palmarés de premiados do Concurso Francisco Mantecón figuran artistas gráficos de proxección internacional, como o profesor de Arte e Deseño da Universidade de Osaka Shima Takahiro, o deseñador belga Thomas Pion ou o titular dun estudio de Deseño en Nova York Taber Calderón.

Javier Mariscal, Óscar Mariné, Alberto Corazón, Manuel Estrada, Isidro Ferrer e Pep Carrió formaron parte do xurado en diferentes edicións, que este ano conta co deseñador Emilio Gil, actual presidente da Asociación Española de Profesionais do Deseño. Tamén achegará o seu criterio profesional Agustín Quevedo, Director de Arte da revista Hola.

Bodegas TERRAS GAUDA e a Autoridade Portuaria de Vigo asinaron un acordo para vincular o Porto de Vigo á vangarda do deseño gráfico internacional a través do Concurso Francisco Mantecón. A sinatura deste acordo suporá que, por primeira vez, se exporán durante un mes na Estación Marítima os máis de 1.400 carteis de todo o mundo que participan anualmente no certame.

Medio: SAIC School of the Art Institute of Chicago
Data: 06/07/2010
País: Estados Unidos

The 9th Francisco Mantecón International Publicity Poster Design Competition Ver nova

The 9th Francisco Mantecón International Publicity Poster Design Competition is organized by the Spanish wine company TERRAS GAUDA.

Graphic artists, design schools and universities from all over the world are invited to take part in the competition. For more information, please visit our websites www.terrasgauda.com or www.franciscomantecon.com

During the meeting held on 21 December 2001 a decision was adopted which reads as follows:

"The Board of Directors of Bodegas Terras Gauda, S.A., has unanimously agreed to set up an annual Advertising Poster Design Competition as a tribute to the artist who was not only solely responsible for the design of the corporate image, but also been a friend, efficient collaborator and partner since the creation of the Company. The winning original will form the basis for the Company's advertising campaign for a one year period".

Terras Gauda Wineries and the Vigo Port Authority are once again the proud sponsors of the enormous and prestigious communications project that the Francisco Mantecón International Advertising Poster Competition has become. In an effort to establish a permanent connection between the competition and the city of Vigo and Galicia, both parties have signed a collaborative agreement wich will allow the Port of Vigo (one of the most important in the world) to serve as a annual exhibition of the original Competition entries. The Port will also host meetings of the panel of judges and the ve the site of the award ceremony.

The following announcement is the fruit of this agreement:

Participants
This competition is open to any natural or corporate person subject only to the restrictions imposed by current legislation.

Leer máis

IX Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón

O IX Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario está organizado pola adega española TERRAS GAUDA.

Convócase a artistas gráficos, escolas de deseño e universidades de todo o mundo a participaren no concurso. Para obter máis información, visiten os nosos sitios web en www.terrasgauda.com ou www.franciscomantecon.com.

En sesión celebrada o 21 de decembro de 2001 aprobouse a resolución que literalmente di así:

"Bodegas Terras Gauda, S.A., por acordo unánime do Consello de Administración, acorda instituir con carácter anual un Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario, que en honor do artista que foi exclusivo deseñador da imaxe corporativa, amigo, eficaz colaborador e socio dende os momentos fundacionais, levará o nome de "Francisco Mantecón". O orixinal será o fundamental soporte sobre o que xire a imaxe publiciaria da entidade convocante durante ese ano".

Bodegas Terras Gauda e a Autoridade Portuaria de Vigo, que recolle o inxente traballo de comunicación e prestixio no que se converteu o Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, na búsqueda da súa vinculación permanente coa Cidade de Vigo e Galicia firmaron un acordo de colaboración que permitirá por un lado que o Porto de Vigo, un dos máis importantes do mundo, sexa o escaparate anual das vangardas do arte internacional mediante a exposición anual dos orixinais que participan no Concurso, así como lugar de reunión do xurado e marco da entrega de premios.

Froito dos acordos anteriores fanse públicas as seguintes bases

• Participantes
Poderá tomar parte neste certamen calquera persoa física ou xurídica sen máis limitación cás impostas pola legalidade vixente.

Medio: CIRCULO URUGUAYO DE LA PUBLICIDAD
Sección: Concursos
Data: 2/07/2010
País: Uruguay

9º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón Ver nova

Bases:

• Participantes
Poderá tomar parte neste certamen calquera persoa física ou xurídica sen máis limitación cás impostas pola legalidade vixente.

• Obras
Os orixinais, que deberán ser inéditos, serán presentados ou enviados (con xustificante de envío, os participantes que o desexen) nas dependencias de Bodegas Terras Gauda en O Rosal (Galicia, España). Tódolos traballos que opten ó certame deben ser presentados en dous tipos de soporte:
- Gravados en CD ou disquete (lexible en PC)
- Impresos e pegados sobre un cartón pluma debidamente protexido de tamaño 50x70 cm.

Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc.
Excepcionalmente os orixinais realizados con técnicas pictóricas (óleo, acuarela, gouache, pastel, etc) poderán ser admitidos sen soporte informático.

Poderase presentar un máximo de dúas obras por cada participante.

O tema será libre e preferentemente reflectirá aspectos corporativos da entidade convocante, fundamentalmente, os relativos aos seus viños brancos da variedade Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio. Valorarase positivamente a creatividade neste sentido e o encaixe do anagrama societario.

Bodegas Terras Gauda porá a disposición de tódolos deseñadores que o soliciten o anagrama da entidade en sistema vectorizado para a sua aplicación nas obras a realizar, así coma imaxes dos seus productos. Estarán dispoñibles en www.terrasgauda.com e en www.franciscomantecon.com.

Leer más

Medio: UNIVERSIDAD DEL PALERMO
Sección: Facultad de Diseño y Comunicación
Data: 2/07/2010
País: Argentina

9º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario FRANCISCO MANTECÓN. España Ver nova

Tema libre referido a aspectos corporativos da entidade convocadora. Bodegas Terras Gauda.

O tema será libre e preferentemente reflectirá aspectos corporativos da entidade convocadora, fundamentalmente os relativos aos seus viños brancos da variedade Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio. Valoraranse positivamente a creatividade neste sentido e o encaixe do anagrama da sociedade. Serán admitidos por correo todos aqueles traballos que fosen selados nas oficinas de correo antes das 18 horas do día 30 de setembro.

BASES

• Participantes
Poderá tomar parte neste certamen calquera persoa física ou xurídica sen máis limitación cás impostas pola legalidade vixente.

• Obras
Os orixinais, que deberán ser inéditos, serán presentados ou enviados (con xustificante de envío, os participantes que o desexen) nas dependencias de Bodegas Terras Gauda en O Rosal (Galicia, España). Tódolos traballos que opten ó certame deben ser presentados en dous tipos de soporte:
- Gravados en CD ou disquete (lexible en PC)
- Impresos e pegados sobre un cartón pluma debidamente protexido de tamaño 50x70 cm.

Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc.
Excepcionalmente os orixinais realizados con técnicas pictóricas (óleo, acuarela, gouache, pastel, etc) poderán ser admitidos sen soporte informático.

Leer más

Medio: DIARIO DE CÁDIZ
Sección: Cádiz
Data: 29/06/2010
País: España

CERTAME

Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón Ver nova

Finalista no 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón

 

VIGO

Bodegas Terras Gauda une arte e viño no 9º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, ao que convoca os artistas gráficos e estudios de deseño que queiran participar. O certame repartirá 16.000 euros en metálico en premios (10.000 euros para o primeiro; e 2.000 euros para o primeiro accésit, segundo accésit e a mención especial, respectivamente). O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro.

Máis de 8.000 carteis de 83 países dos cinco continentes concursaron desde o ano 2002, cunha participación media anual de 1.400 obras nas últimas catro edicións e unha presenza moi destacada de artistas gráficos de Andalucía, con máis de 100 carteis en cada edición.

No 8º Concurso Francisco Mantecón os deseñadores andaluces Javier Domínguez e Alberto Domínguez Zambrano foron elixidos polo xurado entre os 33 finalistas do certame, xunto a deseñadores de Estados Unidos, Australia, Reino Unido, Italia, Polonia, Estonia e Arxentina. Os seus carteis formaron parte recentemente dunha exposición no Hotel Ritz de Madrid, onde se presentou a 9ª edición do certame.

Máis información na páxina web www.franciscomantecon.com

 

Medio: NEGOCIO
Sección: Reportaxe
Data: 22/06/2010
País: España

Galegos para sempre Ver nova

Bodegas Terras Gauda - Personalidades da terra galega en Madrid únense para casar viño e carteis de deseño

ISRAEL GARCÍA-JUEZ

Acudín ao hotel Ritz, convidado por Bodegas Terras Gauda, á presentación da novena edición do concurso internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón.

Ao chegar (puntualmente), abandonaba o salón a ex ministra de Asuntos Exteriores (ademais doutra longa lista de cargos) Ana Palacio, que non De Palacio, pois co seu habitual sentido práctico suprimiu hai tempo as preposicións no seu apelido. Sorría lucindo o seu eterno peiteado encaracolado, que hai uns 10 anos cambiou por unha cabeza rapada a golpe de quimioterapia coa que acudía ás sesións no Parlamento Europeo, para admiración dos de Estrasburgo e do resto do mundo.

Contemplando os carteis participantes en edicións anteriores, puidemos ver a José María Iñigo, cuxa presenza resultaba moi notable debido ao volume que foi adquirindo cos anos. Só comparable ao éxito que conseguiu na súa época con grandes programas de televisión e na actualidade coa súa revista de viaxes.

Había unha chea de relambidos comentando os cadros. Máis entendido resultaba o deseñador gráfico Pep Carré, cos seus lentes rectangulares de creativo, ou Emilio Gil, deseñador e presidente do xurado, e tamén vimos o director de deseño de Elle, Javier Martínez-Vidal.

Saben vostedes que galego se pode ser de orixe ou de condición, e por iso entre o público asistente víamos o deseñador Modesto Lomba, o director de cine Elías Querejeta (a este non lle deu por remover as fosas da guerra civil), Rafael Ansón, Amancio Prada e Antonio Mingote; o tesoureiro do PP, José Manuel Romay Beccaría, o presidente de Portos do Estado, Fernando González Laxe, a deputada Ana Pastor, o senador Manuel Fraga e os embaixadores de Luxemburgo, Costa de Marfil, Bosnia e Exipto, entre outros.

Ao fondo do salón, ao carón do estrado, sentaba Manuel Fraga rodeado de persoas que se achegaban a saudalo coma se fose un padriño da mafia. Levaba un bastón que enarboraba con tal forza e enerxía que máis que de apoio parecía de mando. Disque dentro hai un sabre. Ao velo, inconscientemente, un ergue a postura e adopta andares máis briosos, cohibido perante a enerxía deste señor, un venerable vello-novo que desprega actividade de maneira incansable. Ademais, mantívose esperto durante os discursos.

A presentación do acto correu a cargo do mestre Fernando Ónega. Explicou que non quere ser presentador para non desmerecer a autoproclamada neste posto Belén Esteban. Logo dunhas palabras de eloxio á adega e outras de agradecemento ao público concorrente, proclamou que formabamos un grupo digno do Libro Guinness por ostentar a marca de xente bebendo viño de balde, ao que a xente, solidariamente, respondeu con risas e bravos apresurándose a botarse outra copa, decontado, por non lle quitar a razón. Deu a palabra a José María Fonseca, presidente de Terras Gauda, adega á que cualificou como exemplo de economía sustentable, pois cada día bebemos máis. Presentóunolo como “ese señor con pinta de bispo de Caldas e intelecto de sabio”. Non se sabe o do intelecto, pero pinta de bispo si que tiña, xa que ademais de lucir ese aspecto rechamante do ben comido e bebido, utilizaba no seu discurso pausas looooongas dignas dunha boa homilía. A diferenza era que no canto de vestir de púrpura lucía unha paxarela verde billar estampada, o que me fixo lembrar que Inocencio Arias estaba convocado e non puiden velo, para comparar cal das dúas paxarelas era máis elegante, pois Josemi xa só gasta gravata.

Medio: ABC
Sección: Comer
Data: 11/06/2010
País: España

A Adega

Cartel gañador dol 8º Concurso Internarional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón

Concurso en Terras Gauda Ver nova

JUAN CUESTA

A firma Terras Gauda, que atesoura algúns dos mellores viños das Rías Baixas, presenta a vindeira semana o noveno Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, ao que convoca 80.000 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de 180 países de todo o mundo.

Máis de oito mil carteis asinados por deseñadores de 83 países participaron xa no certame. A media anual nas últimas catro edicións é de 1.400 obras, e o gañador da última foi Ángel Luis González, coa obra que aparece na imaxe. O concurso está dotado con 10.000 euros para o gañador e 6.000 para dous accésits.

Medio: FARO DE VIGO
Sección: Vigo-9
Data: 10/06/2010
País: España

A Autoridade Portuaria cede a Estación Marítima ao premio "Francisco Mantecón" Ver nova

O espazo acollerá en novembro máis de 1.400 obras galardoadas de artistas de todo o mundo

AMAIA MAULEÓN

Bodegas Terras Gauda Concurso Francisco MantecónMáis de 1.400 carteis de todo o mundo que compiten na novena edición dos premios de deseño publicitario “Francisco Mantecón” -convocados por Bodegas Terras Gauda- exporanse na Estación Marítima grazas ao acordo asinado onte entre o Porto e a devandita adega.

As obras poderán verse durante un mes, do 6 de novembro ao 10 de decembro, día no que se entregarán os galardóns nese mesmo espazo.

Uns 80.000 artistas representativos de 180 países serán convocados este ano ao concurso internacional, cuxo prazo para a presentación de carteis rematará o vindeiro 30 de setembro.

O acordo foi asinado polo presidente da adega, José María Fonseca Moretón, e pola presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro, que mostrou a súa satisfacción por que “a Fundación do Porto involucre cada vez máis persoas e sexa un lugar de encontro cultural”. Tamén o presidente da adega alegrouse “de que estas obras queden na contorna da cidade, que é o fogar da nosa adega, que xa quedou pequena”.

No palmarés de premiados do concurso figuran artistas gráficos de proxección internacional, como o profesor de Arte e Deseño da Universidade de Osaka Shima Takahiro.

Medio: ABC
Sección: Galicia
Data: 10/06/2010
País: España

O concurso Francisco Mantecón trasládase ao porto Ver nova

R.G.
VIGO. O presidente de Bodegas Terras Gauda, José María Fonseca Moretón, e a presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro, asinaron onte un acordo para vincular o Porto de Vigo á vangarda do deseño gráfico internacional a través do Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón.

Xa que logo, a reunión do xurado celebrarase na Estación Marítima, onde, por primeira vez, exporanse durante un mes os máis de 1.400 carteis de todo o mundo que participan anualmente no certame, do mesmo xeito que a entrega de premios, que tamén se realizará neste emblemático edificio da cidade.

A firma vitivinícola une nunha nova edición do concurso, ao que convoca 80.000 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de 180 países de todo o mundo, arte e viño. O certame repartirá 16.000 euros en metálico en premios -10.000 euros para o 1º premio; e 6.000 euros para o 1º, o 2º accésit e a Mención Especial, respectivamente-.

No palmarés de premiados do Concurso Francisco Mantecón figuran artistas gráficos de proxección internacional como o profesor de Arte e Deseño da Universidade de Osaka Shima Takahiro, o deseñador belga Thomas Pion ou o titular dun estudio de Deseño en Nova York Taber Calderón. Co cartel premiado pola propia adega, o deseñador neoiorquino acaba de recibir un galardón nos International Design Awards e a máxima distinción da publicación internacional Graphic Poster.

Máis de 8.000 carteis asinados por deseñadores gráficos de 83 países dos cinco continentes concursaron no certame desde o ano 2002, cunha participación media anual de 1.400 obras nas últimas edicións.

Medio: REVISTA ON DISEÑO
Sección: Premios
Data: Febrero 2010
País: España

Viño e cartelismo Ver novaCartel gañador Francisco Mantecón

O deseñador valenciano Ángel Luis González resultou vencedor da oitava edición do Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón convocado por Bodegas Terras Gauda. O certame convidaba a deseñar un cartel de temática libre que se estabelecerá como imaxe desta adega durante 2010, tanto en España como no mercado internacional. Repartíronse tamén dous accésits que recaeron na deseñadora Julia Anne Luke (Os Ánxeles, EUA) e no artista gráfico Robi Joeleht (Estonia). Finalmente, a mención especial foi para a firma Dorota Cichon (Polonia). Máis de mil catrocentas obras procedentes de corenta e cinco países –cunha elevada participación de propostas con orixe italiana– participaron nesta edición do concurso, cuxo xurado contou con Pep Carrió como deseñador de referencia.

BODEGAS TERRAS GAUDA
Carretera Tuy – A Guarda, km. 46
36760 O Rosal (Pontevedra)
T/986 621 111 / 986 621 084
terrasgauda@terrasgauda.com
www.franciscomantecon.com

Medio: REVISTA ELLE
Sección: FlechazosELLE
Data: Febrero 2010
País: España

Gañadores Franscisco Mantecón

 

 

COLLEITA DE DESEÑO Ver nova

O concurso de cartelismo Francisco Mantecón, que organiza Bodegas Terras Gauda, é xa un referente internacional. Os gañadores da edición deste ano veñen de España, EUA e Estonia (franciscomantecon.com)

©2010 Bodegas Terras Gauda